Hubert Frère

Modelo:BiografíaHubert Frère
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1920
Liexa, Valonia, Bélxica.
Morte20 de marzo 1999
Liexa, Valonia, Bélxica.
Cargos
Presidente da
Sociedade Real de Numismática de Bélxica
Período1996 – 1999
AntecesorLuc Smolderen
SucesorPierre Cockshaw
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Belga.
EducaciónUniversidade de Liexa.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Liexa.
Universidade Católica de Lovaina.
Membro de
Sociedade Real de Numismática de Bélxica.
Instituto Arqueolóxico de Liexa.
Círculo Numismático de Liexa.
Círculo de Estudo da Numismática de Liexa.
Instituto Arqueolóxico de Liexa.

Hubert Frère, nado en Liexa o 15 de xullo de 1920 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1999, foi un xurista e numismático belga, especializado na moeda do Principado de Liexa.

Entre outras entidades, foi presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica.

Traxectoria

Frère, nado en Liexa en 1920, cursou a educación secundaria na súa cidade natal e logo ingresou na Universidade de Liexa, onde se doutorou en Dereito e se especializou en Notariado.[1]

Á marxe da súa dedicación á xudicatura, Frère é moi recoñecido como numismático, e destaca o seu interese polas emisións monetarias do Principado Episcopal de Liexa. Nesta cidade, foi un dos fundadores do Círculo Numismático, no que exerceu varios cargos, e tamén creou o Círculo de Estudo da Numismática.[1]

En 1950 ingresou como membro correspondente na Sociedade Real de Numismática de Bélxica, e en 1958 pasou a ser membro de pleno dereito. Nesta sociedade ocupou os cargos de interventor (1970-1988), vicepresidente (1988-1995) e finalmente presidente (1996-1999).[1]

Tamén se interesou polos estudos históricos e arqueolóxicos. O 25 de xaneiro de 1949 ingresou no Instituto Arqueolóxico de Liexa, onde tamén desempeñou diversos cargos, entre eles o de presidente.[1][2]

Como resultado dos seus amplos coñecementos e das súas investigacións na materia, Frère foi profesor de Numismática tanto na Universidade de Liexa como na Universidade Católica de Lovaina.[2] Nos seus artigos e nas súas conferencias centrouse habitualmente nas emisións do principado episcopal de Liexa, sinaladamente na produción das cecas de Liexa, Huy e Maastricht.[1]

Hubert Frère finou en Liexa o 20 de marzo de 1999, aos 78 anos.[1]

Publicacións

Estas son algunhas das publicacións de Hubert Frère ao longo da súa traxectoria:[3]

Monografías

  • (1977). Le Denier carolingien, spécialement en Belgique. Séminaire de numismatique Marcel Hoc, Louvain-la-Neuve.[4][5]
  • (1982). Numismatique, initiation aux méthodes et aux classements. Séminaire de numismatique Marcel Hoc, Louvain-la-Neuve. ISBN ISBN 978-2-930449-03-6

Escolma de artigos

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Dengis, J-L. (2000).
  2. 2,0 2,1 Engen, L. (1999). Páxina 5.
  3. "Frère, Hubert". Regesta-imperii.de
  4. Recensión do libro por D. Michel. En Revue du Nord. 1978. 239. Páxinas 902-903.
  5. Recensión do libro por D. Françoise. En Revue Numismatique.  1977. 19. Páxinas 213-214.

Véxase tamén

Bibliografía