Hortensia Blanch Pita, coñecida como Silvia Mistral, nada na Habana en 1914 e finada en México o 21 de agosto de 2004, foi unha escritora galega.
Traxectoria
O seu pai era catalán e a súa nai era de Vilalba, onde Silvia Mistral pasou boa parte da súa infancia. En 1926 volveu a Cuba coa familia e en 1931, logo da proclamación da República, instálase tamén coa familia en Barcelona. Alí comeza a súa relación co movemento anarquista, ao tempo que traballa nun laboratorio químico, e como xornalista escribindo artigos para diversos medios. Axiña se especializou en crítica cinematográfica e en 1936 comezou a traballar para a delegación da Paramount Pictures en España.
Durante a guerra participa da retagarda republicana escribindo artigos para distintos medios, e en 1939 marcha ao exilio a campos de concentración de refuxiados en Francia. Aos poucos meses marchou para México, onde se dedicou a escrita como xornalista, especializada en cine, e tamén como novelista.
Vida persoal
Estivo casada co dirixente anarquista Ricardo Mestre.
Obra
- Éxodo, diario de una refugiada española (1940)
- Violetas imperiales
- Madréporas
- La cola de la sirena
- El niño de la banda
- La cenicienta china
Véxase tamén
Ligazóns externas