Hartford, Connecticut

Modelo:Xeografía políticaHartford, Connecticut
Hartford (en) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

EpónimoHertford (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°45′48″N 72°41′06″O / 41.7633, -72.685
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoConnecticut
Planning regionCapitol Planning Region (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación121.054 (2020) Editar o valor en Wikidata (2.588,6 hab./km²)
Número de fogares47.722 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaGreater Hartford (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:1.213.531) Editar o valor en Wikidata
Superficie46,764198 km² Editar o valor en Wikidata
Auga3,7381 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude18 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1849 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataArunan Arulampalam (en) Traducir (2024–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal06100–06199 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico860 e 959 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webhartford.gov Editar o valor en Wikidata
Facebook: Hartford311 Editar o valor en Wikidata

Hartford é a capital do estado de Connecticut nos Estados Unidos. Está situada no Condado de Hartford, xunto ao río Connecticut no centro do estado. Segundo o censo de 2000, a súa poboación alcanzaba os 121.578 habitantes. O censo provisional de 2006 elevaba esta cifra ata os 124.512 habitantes[1]. Estas cifras sitúan a Hartford como a segunda cidade[2] en tamaño de Connecticut tras Bridgeport. Se consideramos a área de influencia da cidade, atopámonos coa maior área metropolitana do estado e a cuadraxésimo quinta dos Estados Unidos (censo estimado 2006) cunha poboación de 1 188 841 persoas.

Coñécida como a "capital mundial dos seguros": Hartford acolle a maior parte das sedes centrais das maiores empresas de seguros do mundo e converteu este negocio no seu motor económico[3]. (O estado de Connecticut é coñecido como "a terra das tradicions"[4].) A rexión ten unha relativamente baixa poboación de adultos entre os 18 e os 25 anos, con todo Hartford ten unha poboación relativamente xove.

Historia

Despois de que o explorador Holandés Adriaen Block visitase a área en 1614, comerciantes de peles da colonia dos Novos Países Baixos despregaron un posto de comercio no Forte Goede Hoop (Boa Esperanza) na confluencia dos ríos Connecticut e Park[5] no ano 1623 pero quedou abandonado en 1654. A veciñanza próxima a este lugar aínda é coñecido como "Dutch Point" (Punto Holandés). Os primeiros colonizadores Ingleses chegaron en 1635. O enclave orixinalmente era chamado Newtown, pero foi renomeado a Hartford en 1637. Unha teoría sobre os orixes do nome "Hartford" sostén que foi en honra á localización Inglesa de Hertford, Inglaterra.

O pastor da igrexa que fundou Hartford, Thomas Hooker, presentou un sermón que inspirou o escrito de Ordes Fundamentais de Connecticut, un documento (ratificado o 14 de xaneiro de 1639) que dá a autoridade a o pobo de gobernar, no canto de cedelo a un poder superior. Algúns historiadores ven os conceptos de autogoberno de Hooker como un antecesor á Constitución dos Estados Unidos de América[6].

O incendio do Circo Hartford, que ocorreu o 6 de xullo de 1944, foi un dos peores desastres por mor dun incencio na historia dos Estados Unidos. O lume ocorreu durante unha interpretación de tarde dos Ringling Brothers and Barnum & Bailey Circus ao que asistían entre 7.500 e 8.700 persoas, e en que morreron 168 persoas e 700 resultaron feridas.

Xeografía e clima

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área total de 46,5 km². 44,8 km² deles son terra e 1,7 km² (o 3,67%) son auga.

Hartford linda coas cidades de West Hartford, Newington, Wethersfield, East Hartford, Bloomfield, South Windsor e Windsor.

O río Connecticut separa Hartford dos suburbios do leste da cidade.

Nas súas orixes Park River dividía Hartford nos barrios norte e sur, e era unha parte principal do Bushnell Park. O río foi case completamente cercado por proxectos de medidas para controlar as inundacións na década de 1940. O antigo curso do río aínda pode verse nalgunha das estradas que foron construídas no seu lugar, como Jewell St. e a autoestrada Conlin-Whitehead.[7]

Hartford atópase na zona de clima continental húmida. Os veráns son tipicamente de cálidos a quentes e bochornosos, mentres que os invernos son xeralmente fríos con frecuentes nevadas. A precipitación anual media está ao redor de 112 centímetros, distribuída regular e equitativamente ao longo do ano. Polo xeral Hartford recibe aproximadamente 122 cm de neve nun inverno medio; a maior nevada estacional rexistrada foi de 292,61 cm en 1996[8]. A primeira nevada ocorre xeralmente entre mediados e finais de novembro e a última neve da tempada polo xeral cae a finais de marzo, aínda que acumulacións de neve déronse desde finais de setembro ata mediados de maio en casos extremos.

Temperaturas mensuais normais e altas e baixas extremas
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec
Ext alta °F 71 73 89 96 99 100 102 102 99 91 81 76
Norm alta °F 34.1 37.7 47.7 59.9 71.7 80 84.9 82.5 74.3 63.1 50.9 39
Norm baixa °F 17.2 19.9 28.3 37.9 48.1 57 62.4 60.7 52.1 40.6 32.6 22.6
Ext baixa °F -26 -21 -6 9 28 35 44 36 30 17 1 -14
Precip (pulg) 3.84 2.96 3.88 3.86 4.39 3.85 3.67 3.98 4.13 3.94 4.06 3.6
Fonte: USTravelWeather.com [1]

Demografía

Segundo o censo do ano 2000, había 121.578 persoas, 44.986 fogares, e 27.171 familias residentes na cidade, e a densidade de poboación era de 2.711,8 hab/km². Había 50.644 unidades de aloxamento cunha densidade media de 1.129,6/km². A composición racial da cidade estaba composta por un 27,72% de brancos, 38,05% afroamericanos, 0,54% nativoamericanos, 1,62% asiáticos, 0,11% das Illas do Pacífico, 26,51% doutras razas e o 5,44% de dous ou máis razas. O 40,52 % da poboación era hispana ou latina, principalmente de orixe portorriqueño. O 17,83% da poboación clasificouse a si mesma como branca non hispana.

Dos 44.986 fogares censados, o 34,4% tiña nenos de menos de 18 anos de idade vivindo neles, o 25,2% tiña parellas casadas vivindo xuntas, o 29,6% tiña a unha cabeza de familia feminina sen marido presente, e o 39,6% non eran familias. O 33,2 % de todas as casas estaba ocupado por un só individuo e o 9.6 % tiña a alguén vivindo só con 65 anos de idade ou máis. O tamaño medio dos fogares era 2,58 e o tamaño medio de familia era 3,33.

Na cidade a poboación estaba composta polo 30,1% de menores de 18 anos de idade, o 12,6% de 18 a 24, o 29,8% de 25 a 44, o 18,0% de 45 a 64, e o 9,5% de maiores de 65 anos de idade ou máis. A idade media era de 30 anos. Por cada 100 mulleres había 91,4 homes. Por cada 100 mulleres maiores de 18 anos de idade, había 86,0 homes.

Os ingresos medios por fogar na cidade eran 24.820 dólares, e os ingresos medios dunha familia eran 27.051 dólares. Os homes tiñan uns ingresos medios de 28.444 dólares contra 26.131 dólares as mulleres. Os ingresos per cápita da cidade eran de 13.428 dólares. Aproximadamente o 28,2% das familias e o 30,6% da poboación estaban por baixo do limiar da pobreza, dos cales o 41,0% eran menores de 18 anos e o 23,2% de 65 anos ou máis.

Logo da segunda guerra mundial e durante a última metade do século XX, moitos portorriqueños trasladáronse á cidade de Hartford. No 2000, o 32,56% de residentes de Hartford tiña ascendencia portorriqueña. Esta era a segunda concentración máis grande de portorriqueños en territorio estadounidense, detrás só de Holyoke, Massachusetts. Hoxe, as bandeiras de Porto Rico atópanse en coches e edificios por todas partes da cidade. O actual alcalde de Hartford, Eddie Pérez, naceu en Porto Rico e se traladó a Hartford en 1969 á idade de doce anos. En 2001, converteuse no primeiro portorriqueño (e primeiro latino) en ser elixido como alcalde da cidade.

Barrios

Museo de Mark Twain, Hartford

Os barrios de Hartford son dunha gran diversidade e historia. No Centro da cidade de Hartford está situado o distrito central de negocios. Parkville é chamado así pola confluencia dos brazos norte e sur do Park River; é a sede dos Real Art Ways. En Frog Hollow está situado o Pope Park. A Asylum Hill é unha área mixta, residencial e comercial, que aloxa a oficina central de varias compañías de seguros e a Casa de Mark Twain.

No West End atópase a residencia do Gobernador, a Universidade de Hartford e linda o Club de Golf Hartford. No Sheldon Charter Oak estaba situado o "Charter Oak" (véxase Historia de Connecticut) e o seu monumento conmemorativo e tamén a antiga oficina central de Colt incluído Armsmear. O North East inclúe o Keney Park. No South End atópase a "Pequena Italia". No South Green está o Hospital de Hartford. No South Meadows están situados o Aeroporto Hartford-Brainard e o complexo industrial de Hartford. Os North Meadows teñen parcelas comerciais e de venda de automóbiles de coches, e son a sede do Dodge Music Center. Outros barrios de Hartford son: Barry Square, Behind the Rocks, Blue Hills, Clay Arsenal, Southwest' e Upper Albany.

Economía

Edificio Aetna.

Gran Hartford é un centro internacional da industria de seguros, con compañías como Travelers, CIGNA, Aetna, e The Hartford con sedes na cidade. A área é tamén sede da Colt Firearms e grandes corporacións como United Technologies (con empresas como Pratt & Whitney, Ascensores Otis, Sikorsky Aircraft, Carrier Corporation, Hamilton Sundstrand o UTC Fire & Security).

A finais do século XIX e principios do XX Hartford era unha importante cidade de industria e publicación, pero, como en moitas outras cidades industriais do Oeste, moitas fábricas foron pechadas, trasladadas ou reducidas.

Hartford foi importante durante moito tempo para as compañías de seguros e a miúdo é chamada "a capital de seguros do mundo," aínda que recentes fusións reducisen o número de empregados nas compañías de seguros en Hartford. MetLife e Lincoln Financial reduciron o seu persoal en Hartford e MassMutual trasladou as súas operacións de Hartford a Enfield (Connecticut) para situarse mais preto de oficina central en Springfield, Massachusetts. Recentemente, Hartford demostrou a súa viabilidade como centro de negocios. St. Paul Travelers anunciaron que creará 600 empregos na área (500 deles no centro da cidade de Hartford); Aetna está trasladando a máis de 3.500 empregados á cidade desde Middletown, Connecticut.

Educación

Biblioteca estatal de Connecticut, Hartford.

Hartford conta con varias institucións de categoría mundial como o Wadsworth Atheneum, no centro da coidade, o Trinity College no barrio de Barry Square da cidade, o Conservatorio de Hartford (no barrio de Asylum Hill), o Institute of Living, o Capital Community College (no centro da cidade), a Escola de Negocios da Universidade de Connecticut (tamén no centro da cidade), Hartford Seminary (no West End), a Escola de Dereito da Universidade de Connecticut (tamén no West End) e Rensselaer en Hartford (un campus en North Meadows do Instituto Politécnico de Rensselaer). A Universidade de Hartford está localizada en Hartford, West Hartford, e Bloomfield.

Na rexión de Hartford e Springfield atópanse máis de 26 colleges e universidades incluíndo as principais universidades de cada Estado. A área Hartford-Springfield é coñecida como "New England's Knowledge Corridor" (Corredor do coñecemento de Nova Inglaterra).

Hartford está atendida polas Hartford Public School [2]. A Hartford Public High School, é a segunda High School máis antiga da nación, está localizada no barrio de Asylum Hill de Hartford. A cidade conta tamén coa Bulkeley High School na avenida Wethersfield e a Weaver High School en rúa Granby. Así mesmo, Hartford conta coa Montessori Middle School, a Academia de Matemáticas e Ciencia e a Academia de Artes de Greater Hartford.

Cidades irmáns

Hartford presenta numerosas cidades irmáns:

Notas

  1. "Annual Estimates of the Population for All Incorporated Places in Connecticut". 2006 Population Estimates. U.S. Census Bureau, Population Division. 21 junio 2006. Arquivado dende o orixinal (CSV) o 14 de setembro de 2007. Consultado o 25 agosto de 2007. 
  2. Nas estimacións de Censo estadounidenses entre 2000 e 2006, estimouse que as poboacións de New Haven e Hartford distaban 511 habitantes a unha da outra. En 2003 e 2005, estimouse que New Haven era máis grande. Xa que tales diferenzas están dentro da marxe de erro nestas estimacións, cal é realmente a máis grande non se saberá ata o Censo oficial do 2010.
  3. "Historia da Cidade de Hartford". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2006. Consultado o 28 de agosto de 2007. 
  4. "Connecticut Nicknames, Connecticut State Library". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2007. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2007. Consultado o 25 de agosto de 2007. 
  6. http://www.renewamerica.us/columns/voigt/050905 Arquivado 13 de decembro de 2007 en Wayback Machine. Leassons from Thomas Hooker about the frailty of humanity and the importance of a worldview por Steven Voigt, 5 de setembro de 2005
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2007. 
  8. http://www1.ncdc.noaa.gov/pub/data/techrpts/tr9602/tr9602.pdf Arquivado 22 de maio de 2013 en Wayback Machine. O inverno de 1995/96: Unha Estación de Extremos, National Climatic Data Center

Ligazóns externas