Segundo o censo de 2020 tiña unha poboación de 155 929 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 1.835 habitantes por km².[1]
A rexión de Hartford e Springfield conta con aproximadamente 1 800 000 habitantes, e con 160 000 estudantes universitarios en 32 universidades, razón pola que se coñece como "O corredor do coñecemento". Só a zona de Boston conta cunha maior concentración de institucións de educación superior.
Springfield é famosa por moitas cousas máis, incluíndo a primeira compañía de motocicletas dos Estados Unidos (Indian, 1901) e o primeiro automóbil propulsado por gasolina (Duryea Motor Wagon, 1893).
É coñecida tamén por ser onde viven os personaxes da serie "Os Simpsons".