Gwenc'hlan Le Scouëzec

Modelo:BiografíaGwenc'hlan Le Scouëzec

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Plouescat, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 2008 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Brasparts, Francia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónDruída, escritor Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
PaiMaurice Le Scouëzec Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX974372

Loïc Gwenc'hlan Le Scouëzec (en bretón: Gwenc'hlan ar Skouezeg), nado o 11 de novembro de 1929 en Plouescat e finado en Finistère o 6 de febreiro de 2008,[1] foi un escritor bretón e gran druída da Bretaña.

Traxectoria

Gwenc'hlan naceu na Bretaña, Francia. O seu pai era Maurice Le Scouëzec, un pintor. Gwenc'hlan pasou gran parte da súa infancia en Madagascar, París, Landivisiau e Douarnenez, antes de facer os seus estudos secundarios en Saint-Vincent de Pont-Croix, Saint-Yves de Quimper e Saint-Grégoire de Tours, en 1942. Alí, formou parte do movemento scout bretón Bleimor. Estudou historia na La Sorbonne, en París.

Fixo o servizo militar entre 1951 e 1953 na Lexión Estranxeira Francesa en Sidi-bel-Abbès e Daya en Alxeria. Foi chamado pola Lexión Estranxeira Francesa para servir no 5º Rexemento de 1957 a 1958.

Foi mestre de francés en Creta e Atenas dende 1953 até 1957. Despois do seu servizo no exército, fíxose profesor do Instituto de Francia en Atenas, e cando regresou a Francia en Saint-Didier-en-Velay e Versalles.

En 1960, empezou a estudar medicina, conseguindo a distinción da Facultade de Medicina de París. Converteuse en doutor en Quimper (dende 1969 até 1985). Tamén comezou o Skoazell Vreizh, o servizo de emerxencia bretón, xunto con Xavier Grall e Yann Choucq na década de 1970. Participou no "coloquio Bretaña" e autogoberno, en 1973. Escribiu o prefacio doo libro de Morvan Lebesque: "peut-on être breton ? Essai sur la démocratie française" (Podemos ser bretóns? Un ensaio sobre a democracia francesa). En 1985, fundou a editorial Beltan. Tamén promocionou a obra do seu pai, o pintor Maurice Le Scouëzec.

Neodruidismo

Converteuse en Gran Druída dentro do "Poellgor" (comité executivo de Gorsedd) o 1 de abril de 1979, e máis tarde ascendería a Gran Druída da Bretaña, sucedendo a Pêr Loisel, o 1 de novembro de 1980. A asociación Goursez Vreizh (Gorsedd da Bretaña), tamén coñecida como "Breudeuriezh Drouized, Barzhed hag Ovizion Breizh" en bretón ou "Fraternité des druides, bardes et ovates de Bretagne" en francés (Fraternidade dos Druídas, Bardos e Vates da Bretaña), representa o neodruidismo de xeito regular.

Gwenc'hlan é o quinto Gran Druída da Bretaña, de acordo co Gorsedd. En novembro de 1993, uniuse a un grupo de masóns, formando a "loge maçonnique de la pierre pour ensuite y instaurer le rite maçonnique forestier" (unha loxa masónica da pedra, para preservar os ritos masónicos do bosque).

Obras

  • L’Encyclopédie de la divination (editado por René Alleau). Tchou, 1963.
  • Guide de la Bretagne mystérieuse (1966, reeditado baixo o título Le Guide de la Bretagne). Tchou, 1966.
  • La Bretagne. Sun, 1967.
  • Histoire du Mouvement breton, Que sais-je?. 1971
  • Bretagne terre sacrée 1977
  • La Médecine en Gaule. Guipavas, Ed. Kelenn. 1976
  • Brasparts: une paroisse des monts d’Arrée. Le Seuil, 1980.
  • Le peintre Le Scouëzec, Brasparts, Alrea, 1984.
  • Maurice Le Scouëzec, L’aventure de peindre, Brasparts, Beltan, 1993.
  • Le peintre Le Scouëzec, mon père, Brasparts, Beltan, 1995.
  • Le Scouëzec, 1881–1940: Montparnasse, la Bretagne, l'Afrique. Cénomane, 1998.
  • Dictionnaire de la Tradition Bretonne, París, Editions du Félin, Philippe Lebaud, 1999.
  • Guide des calvaires bretons, Spezet, Coop Breizh, 1999.
  • Itinéraire spirituel en Bretagne, París, La Table Ronde, 2000.
  • La tradition des druides, trois tomes, Beltan, 2001.
  • Le grand druide était innocent. Editions Beltan. (François Taldir-Jaffrenou)
  • Arthur, roi des bretons d'Armorique, Le Manoir du Tertre.

Con Jean-Robert Masson

  • Pierres sacrées de Bretagne : calvaires et enclos paroissiaux (1982)
  • Pierres sacrées de Bretagne: croix et sanctuaires (1983)
  • Bretagne mégalithique (1987)
  • Enez Eusa, Ouessant mystérieux (con Maï-Sous Robert-Dantec). Quimper : Élisart Éditeur, 2001.
  • Entretiens avec un druide nommé Gwenc'hlan (de Régis Blanchet aux Editions Du Prieuré) (1993).

Notas

  1. "AFP: Les druides bretons perdent leur chef". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2011. Consultado o 04 de marzo de 2020.