Gustav Weigand

Modelo:BiografíaGustav Weigand

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1860 Editar o valor en Wikidata
Duisburgo, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xullo de 1930 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Belgershain (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leipzig Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEtnografía, lingua romanesa, Lingua arromanesa, dialectoloxía e lingüística Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Leipzig Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leipzig Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosStoyan Romanski (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Вейганд Густав)
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Gustav Weigand, nado o 1 de febreiro de 1860 en Duisburgo e finado o 8 de xullo de 1930 en Belgershain, foi un lingüista alemán, especialista nas linguas dos Balcáns, recoñecido polas súas contribucións á dialectoloxía romanesa mais os seus estudos sobre o arromanés e o meglenorromanés

Traxectoria

Entre 1878 e 1884 foi mestre en diversas localidades alemás[1], mais logo estudou filoloxía románica en Leipzig e realizou a súa tese de doutoramento sobre a lingua dos arromaneses da rexión do monte Olimpo en 1888, seguido por unha tese de habilitación sobre o meglenorromanés en 1892. En 1893 fundou o Instituto Romanés na Universidade de Leipzig, e máis tarde, en 1906, o Instituto Búlgaro. Foi profesor de filoloxía románica na Universidade de Leipzig entre 1896 e 1928. Realizou numerosas viaxes aos Balcáns, realizando traballos de campo e aprendendo as diversas linguas. En 1908 publicou o atlas lingüístico Linguistischer Atlas des dacorumänischen Sprachgebiets, o primeiro traballo deste tipo no ámbito da lingüística románica. En 1917 fundou o instituto interdisciplinar Südosteuropa- und Islam-Institut na Universidade de Leipzig. Durante a Primeira guerra mundial, as autoridades alemás financiaron a realizacións de estudos etnográficos en Macedonia. Os resultados publicáronse en 1923 co título de Ethnographie Makedoniens.

En recoñecemento polos seus traballos sobre a lingua romanesa entrou na Academia Romanesa en 1892. 

Obras

  • (1888): Die Sprache der Olympo-Walachen. Dissertation, Universität Leipzig.
  • (1892): Vlacho-Meglen. Eine ethnographisch-philologische Untersuchung. Leipzig.
  • (1895): Die Aromunen/Ethnographisch-Philologisch-Historische Untersuchungen. Leipzig.
  • (1907): Bulgarische Grammatik
  • (1908): Linguistischer Atlas des dacorumänischen Sprachgebiets. Leipzig: Barth.
  • (1922): Spanische Grammatik für Lateinschulen, Universitätskurse und zum Selbstunterricht
  • (1913): Bulgarisch-deutsches Wörterbuch
  • (1913): Albanesische Grammatik im südgegischen Dialekt (Durazzo, Elbassan, Tirana). Ambrosius Verlag Leipzig.
  • (1923): Ethnographie Makedoniens. Leipzig.
  • (1925): Die Berglaute Lahuta e Macis Gjergj Fishta, Hrsg. Leipzig : Joh. Ambr. Barth, übers. u. erl. von Gustav Weigand.

Notas

  1. Robert Elsie (2010) Historical Dictionary of Albania Rowman & Littlefield, p. 481