Gran Serbia (en serbio cirícilo Велика Србија, en serbio latinoVelika Srbija) é un termo aplicado, por certas correntes irredentistas dentro do nacionalismo serbio, ao estado que se formaría se cristalizaran as políticas tendentes a estender o territorio da actual República Serbia que propugnan ditas correntes, e que incluiría todas as rexións de importancia tradicional para os serbios e rexións fóra de Serbia están poboadas maioritariamente, e mesmo minoritariamente, por serbios.
A ideoloxía principal deste movemento é unir a todos os serbios e a todos os territorios historicamente gobernados polos serbios (o que os nacionalistas chaman Terras Serbias) nun só Estado, reclamando para iso, dependendo da versión, diferentes rexións de moitos países circundantes, como as reclamacións de territorios das actuais Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro e Macedonia do Norte. Nalgunhas formas históricas, tamén incluían ampliacións maiores, pretendendo territorios de Albania, Bulgaria, Hungría e Romanía. A inspiración desta ideoloxía vén da memoria da existencia do Imperio serbio, relativamente grande e poderoso que existía en Europa suroriental no século XIV, antes da invasión e ocupación otomá.
Porque na aplicación do termo Gran Serbia pódense recoñecer dúas correntes. A primeira relaciónase co obxectivo de lograr a unión de todos os serbios que viven en zonas doutros países nas que son maioría étnica nun só estado pero, na súa forma máis radical determinaría a inclusión en dito estado de rexións doutros países onde os serbios son unha minoría máis ou menos significativa. Desde 1918 aplicouse tamén, nesta acepción, a movementos tendentes á creación ou o mantemento dunha Iugoslavia na que os serbios fosen o pobo dominante étnica e politicamente.
A segunda corrente referiríase aos intentos de unir aos eslavos do sur (iugo-eslavos) pola simple expansión de Serbia, de modo que os supostos pobos irmáns veríanse forzados a adaptarse ás leis e aos costumes de Serbia. Por extensión, tras o establecemento de Iugoslavia, despois da primeira guerra mundial os opositores a esta unión acusaron historicamente aos seus defensores de impulsar a imposición do dominio serbio sobre Iugoslavia, relacionando este concepto co citado en primeiro lugar. Os defensores da Gran Serbia alegaban que o propio feito da creación de Iugoslavia respondía á necesidade de unir aos serbios baixo un só estado, e que reducir o liderado serbio sería entón atacar os fundamentos da propia existencia do país.
Precedentes históricos
Dun modo ou outro, as reclamacións sobre os territorios formaron nalgunha ocasión parte de Serbia xurdiron en numerosas ocasións durante os séculos XIX e XX, especialmente na expansión cara ao sur dos serbios nas Guerras balcánicas de 1912-1913, así como na expansión cara ao oeste e cara ao norte coa disolución do Imperio Austrohúngaro despois da primeira guerra mundial, e que se exacerbaron no desmembramento de Iugoslavia nos anos 1990.
A idea ten como fundamento a existencia histórica dunha gran cantidade de serbios vivindo fóra das súas fronteiras, particularmente en Bosnia e Hercegovina e antigamente en Croacia (antes da expulsión de serbios en 1995). Na práctica política, a idea da Gran Serbia considérase unha motivación máis entre as que acabaron causando diferentes conflitos bélicos, tales como a primeira guerra mundial ou as Guerras iugoslavas (1991-2001).
Aínda que a idea dunha federación de pobos sudeslavos encontrábase presente xa en escritos do influente nobre polaco Adam Jerzy Czartoryski (que estaría incluída na súa soñada confederación polaco-lituana), considérase que o ideal da Velika Srbija ten o seu precedente directo no informe datado en 1844 do ministro serbio Ilija Garašanin e denominado Načertanije.[2]
Nel reivindicábase a unión dos pobos serbios que nese momento se encontraban en territorios estranxieros, divididos por aquel entón entre o Imperio Austrohúngaro e o Imperio Otomán. Estes territorios incluían gran parte da actual Croacia (o territorio ao leste da liña Virovitica-Karlovac-Karlobag), toda a actual Bosnia e Hercegovina, Kosovo, o norte de Albania e Macedonia do Norte.
Garašanin propón diversos métodos para estender a influencia serbia, especialmente centrados na propaganda e a interconexión con axitadores pro Serbia, con vistas a dispoñer dunha situación favorábel cando o Imperio Otomán finalmente colapsase.
Dito plan non se fixo público até 1897, e foi interpretado como un anteproxecto dirixido á unificación nacional serbia, reforzando as ideas nacionalistas pro serbias nas vilas lindeiras, considerados en dito informe como faltos de conciencia nacional propia.
Sinalouse a alteración posterior do significado e a influencia do Načertanije, concretamente en dous sentidos. En primeiro lugar, o anteproxecto, orixinalmente propagandístico e preocupado polo derrubamento do Imperio Otomán, converteríase despois nun proxecto dirixido a expandir a influencia e o control serbio incluso en terras que nunca formaran parte de Serbia. A outra alteración significativa sería o cambio nos métodos: inicialmente un plan de propaganda, transformado posteriormente en estratexia militar e, en ocasións, como no caso da Man Negra, en actividade terrorista.
Desde os anos 1850 en adiante a importancia do ideal, aínda sen nome, foi crecendo entre os políticos serbios. Case todos eles imaxinaban algunha especie de Confederación balcánica que incluiría Serbia, Bulgaria e, nalgunhas ocasións, Romanía, ademais da Voivodina, Bosnia e Hercegovina e Croacia, tan pronto como se disolvera o Imperio Austrohúngaro.
Aparición do termo
O termo Gran Serbia aparece por primeira vez, e de maneira pública, cunha carga pexorativa, nun panfleto do socialista serbio Svetozar Markovic en 1872. O título Velijka Srbija/Gran Serbia expresaba nel a consternación do autor ante a posibilidade dunha expansión sen as necesarias reformas sociais e culturais, así como ante a posíbel confrontación con pobos veciños como croatas ou búlgaros. Posteriormente a valoración do termo iría variando, por exemplo en escritos do intelectual serbobosníaco Jefto Dedijer de finais do século XIX. Este imaxinaba a Serbia e Montenegro, os dous veciños con parentesco étnico dos territorios austrohúngaros, como o núcleo eslavo ao redor do cal se crearía un grande estado (máis amplo do que foi Iugoslavia) que uniría a todos os serbios, así como as zonas de similar procedencia, xa fose por seren pobos eslavos ou pola súa coincidencia relixiosa. Até ese momento, a situación non pasaba de ser unha discusión académica.
O argumento lingüístico
O lingüista serbio máis notábel do século XIX, Vuk Karadžić, sostiña no seu tratado "Serbios todos e en todas partes" a idea de que todos os eslavos que falaban o dialecto stokaviano (base, entre outros, do idioma serbocroata) debían considerárense serbios, en tanto que en realidade falaban auténtico idioma serbio.[3]
Esta definición implicaría que amplas zonas de Croacia, así como Bosnia e Hercegovina, incluíndo territorios habitados por católicos e musulmáns, que non tiñan conciencia nacional serbia, serían serbios. Karadžić considérase por iso como un dos proxenitores da idea da Gran Serbia.
En todo caso, trátase dun dos principais moldeadores da conciencia nacional serbia, coa meta de incorporar a todos os falantes de dialectos stokavianos nun moderno estado serbio. Cómpre notar que, curiosamente, a súa definición exclusivamente lingüística excluiría non só Kosovo senón o propio sur da Serbia Central, onde se fala o dialecto torlački.
De calquera maneira, ao proxecto de Karadzic opuxéronse desde o principio varios argumentos, tales como a certa conciencia nacional católico-croata da maioría dos intelectuais e escritores croatas católicos dos séculos XVI e XVII, ou a acusación de que cos seus argumentos defendía os estudos eslavos de principios do século XX (que incluían a Josef Dobrovský, Pavel Josef Šafařík, e Jernej Kopitar), claramente influídos polas pretensións políticas do Imperio austríaco.
Século XX
1900 - 1918
A principios do século, entre os grupos radical-nacionalistas serbios incluíase a organización terrorista Man Negra, comandada polo coronel Dragutin Dimitrijević Apis, que fora tomando unha postura cada vez máis activa e militante no asunto do grande estado serbio. Crese que esta organización foi a responsábel de multitude de atrocidades durante as Guerras dos Balcáns de 1913.
Por outro lado, e no seu sentido máis moderado, contra 1914 o concepto Gran Serbia estaba sendo paulatinamente substituído por un paneslavismo máis neutral. Ese cambio de punto de vista buscaba gañar apoios entre os restantes pobos eslavos veciños, tamén ocupados por Austria-Hungría. A intención de crear un estado eslavo do sur ("Iugo-eslavo") xa se expresaba na Declaración de Niš realizada polo primeiro ministro serbio Nikola Pašić en 1914, así como en declaracións de Alexandre I de Serbia en 1916. Os documentos mostran que Serbia perseguía unha política que integrara todos os territorios que tiveran poboacións serbias e dos demais eslavos do sur, incluíndo croatas, eslovenos e musulmáns bosníacos.
En 1918, a Tripla Entente (Gran Bretaña, Francia e o Imperio ruso) vence a Alemaña e Austria-Hungría (e tamén a Rusia). Serbia, que estivera aliada coa Entente, meteu presión aos aliados para conseguir as súas demandas territoriais, apoiada polas minorías serbias que vivían nestes territorios. Nese momento Montenegro xa se unira ao Reino de Serbia.
Os aliados finalmente concederon Eslovenia, Croacia e Bosnia e Hercegovina. Nacionalistas serbios e iugoslavos sostiñan que ditos pobos se diferenciaban moi pouco, e unicamente debido ás divisións relixiosas impostas polos ocupantes estranxeiros.
Baixo esta crenza, en Serbia estendeuse o convencemento de que esas anexións verían seguidas dunha asimilación progresiva dos seus pobos nunha identidade sudeslava baseada na serbia, o que lexitimaría o control étnico e relixioso que se había de manter ante todo sobre Bosnia e Hercegovina, Kosovo e Croacia.
Adicionalmente, a dominación serbia do chamado por aquel entón Reino de Iugoslavia (que existiu até a segunda guerra mundial), fora vista por algúns como o resultado de facto dunha política baseada na idea da Gran Serbia.
Por iso, movementos e partidos tanto de dereitas como de esquerdas opoñíanse ao propio Reino: o Partido Comunista de Iugoslavia ampliou o concepto de loita de clases para incluír os conflitos étnico-clasistas: os opresores burgueses da clase traballadora convertéronse daquela nos opresores serbo-burgueses.
Respecto á oposición dereitista, o Reino encontraba unha resistencia nacionalista considerábel en Croacia, e o movemento ustashe intentaba xustificar a súa violenta postura anti-serbia co argumento de que buscaba "liberar Croacia das leis estranxeiras e establecer un estado completamente libre e independente sobre a totalidade do seu territorio histórico".
Estes sentimentos tiñan gran predicamento en Croacia naquel momento, e os ustashe, que eran unha pequena e pouco representativa minoría, conseguiron tomar vantaxe da situación. O 9 de outubro de 1934, un terrorista macedonio recrutado polos ustashe asasinou en Marsella ao rei Alexandre
Tras a Segunda Mundial
Durante a segunda guerra mundial o movemento monárquico dos chetniks (maioritariamente serbio), encabezado polo coronel Draža Mihailović, intentou definir a súa visión dun futuro posterior á guerra. Un dos seus intelectuais, o nacionalista serbobosníaco Stevan Moljević, propuxo en 1941 (nun documento titulado "Sobre o noso Estado e as súas fronteiras") a creación dunha Gran Serbia que incorporase non só Bosnia e gran parte de Croacia senón tamén partes de Romanía, Bulgaria e Hungría.
Este documento foi un importante punto de discusión no congreso chetnik celebrado en xaneiro de 1944, do que se perderon as actas. De calquera maneira, as ideas de Moljević nunca se chegaron a poñer en práctica debido á derrota dos chetniks a mans dos partisanos do mariscal Tito, e é difícil cal foi a súa influencia debido á mencionada perda dos arquivos do congreso. Porén a súa idea central, isto é, que Serbia se define polo padrón dos asentamentos da súa poboación sen ter en conta as fronteiras nacionais existentes, evoca indubidablemente o ideal da Gran Serbia.
Do mesmo modo, a cartografía serbia proposta/soñada por Moljević converteuse nunha referencia fundamental para o nacionalismo, pervivindo até os nosos días. Os mapas coa imaxe da Gran Serbia non son infrecuentes nos medios de comunicación como plasmación do ideario político do Partido Radical Serbio.[4]
Papel na disolución de Iugoslavia
O Memorando da Academia Serbia das Ciencias e as Artes
A situación dos serbios na Iugoslavia socialista tras a segunda guerra mundial empeorou en maior ou menor medida debido ao resultado desta. A lista de agravios supostamente padecidos polos serbios durante décadas, e a súa alegación de estaren sometidos na República Socialista tivo a súa expresión máis importante no Memorando da Academia Serbia das Ciencias e as Artes]],[5] un documento non oficial que se filtrou ao público en 1986, xa próximo o proceso de disgregación do bloque comunista que tería como un dos seus efectos a exacerbación de diferentes nacionalismos.
O citado documento tivo unha importancia determinante do que se convertería no movemento panserbio dos últimos anos 1980 que levaría a Slobodan Milošević ao poder. os autores do citado Memorando eran os intelectuais de maior relevo da sociedade serbia do momento, entre eles Pavle Ivić, Antonije Isaković, Dušan Kanazir, Mihailo Marković, Miloš Macura, Dejan Medaković, Miroslav Pantić, Nikola Pantić, Ljubiša Rakić, Radovan Samardžić, Miomir Vukobratović, Vasilije Krestić, Ivan Maksimović, Kosta Mihailović, Stojan Čelić e Nikola Čobelić.
Describía unha sistemática discriminación histórica antiserbia, e culminaba sostendo incluso que se estaba producindo un xenocidio entre os serbios residentes en Kosovo. Moitas das súas afirmacións son bastante discutíbeis.
As súas teses centrais incluían:
Que Iugoslavia estaba sometida á hexemonía croata e eslovena.
Que os serbios, en Iugoslavia, se encontraban sometidos como nación, sendo esta especialmente brutal en Kosovo e en Croacia, onde o status dos serbios era "o peor que se recorda na historia".
Que Serbia estaba economicamente explotada, e suxeita aos mecanismos político-económicos que lle restaban gran parte da súa riqueza, redistribuíndoa entre Eslovenia, Croacia e Kosovo.
Que as fronteiras entre as repúblicas iugoslavas eran arbitrarias e foran deseñadas polos comunistas dominantes, croatas eslovenos.
O defensores do Memorando sostiñan que non buscaban a ruptura de Iugoslavia para crear unha Gran Serbia; ao contrario, manifestábanse a favor de Iugoslavia, pero o seu apoio á mesma estaría condicionado a cambios fundamentais para acabar co que denominaban discriminación antiserbia, que viña unida á propia Constitución iugoslava desde a creación da República. O cambio solicitado con máis vehemencia era a supresión das autonomías de Kosovo e Voivodina, partes da propia Serbia.
Coa chegada ao poder de Slobodan Milo en Serbia, o discurso do Memorando pasou a ser de coñecemento público. Milošević levara a cabo un ríxido control dos medios de comunicación co obxectivo de propagar as tese do memorando, así como a necesidade de facer reaxustes en Iugoslavia para corrixir esa tendencia.
Estas actuacións continuaron coa denominada "Revolución antiburocrática", a través da cal, coa supresión dos gobernos provinciais de Kosovo e Voivodina, e o derrocamento do goberno da República de Montenegro, Milošević adquiriu unha posición dominante para acceder á presidencia colectiva de Iugoslavia.
O 28 de xuño de 1989 presentouse ante aproximadamente un millón de serbios na celebración do 600º aniversario da batalla de Kosovo, nas inmediacións de Kosovo Polje, onde pronunciou o famoso discurso de Gazimestan, unha exaltación dos ideais serbios, arengando ás masas co recordo da batalla e apelando á unidade dos serbios para os momentos difíciles que prevía.[6][7]
Segundo algunhas conclusións, a posterior manipulación da mensaxe deste discurso trouxo funestas consecuencias para os posteriores sucesos na rexión. O propio Milošević dixo que se manipularan.[8] Pouco despois, en 1990, as primeiras eleccións multipartidistas levaron ao poder a partidos nacionalistas opostos ao movemento panserbio en Croacia e Eslovenia.
En Serbia nese momento varios partidos da oposición pedían abertamente a creación da Gran Serbia, rexeitando os límites fronteirizos das Repúblicas veciñas como creación artificial dos partisanos de Tito.
Así se manifestaban tanto o SNO de Vuk Drašković como o Partido Radical Serbio de Šešelj, e ambos os partidos sostiñan que os recentes cambios no fixeran máis que empezar a compensar moitos dos prexuízos antiserbios que alegara o Memorando.
Aínda que sostido por eses grupos, Milošević e o seu Partido Socialista de Serbia (sucesor do comunista) aínda se dicían os defensores da Federación Iugoslava. Xusto antes do inicio do conflito nos Balcáns, co poder desaparecendo das mans do Goberno Federal de camiño ás das novas repúblicas, chegouse a un punto morto no que tanto os eslovenos como croatas buscaban unha confederación e os serbios reforzar a federación.
En todo caso, tamén se apuntou a ameaza implícita que supoñía que se Iugoslavia rompía, Milošević tomara a bandeira dos partidos que xa o apoiaban e buscara o nacemento desa nova Gran Serbia.
Durante as guerras iugoslavas dos anos 1990 o concepto Gran Serbia foi amplamente considerado fóra de Serbia como a motivación principal das campañas militares emprendidas para formar e soster estados serbios nos territorios das antigas repúblicas iugoslavas de Croacia (a República Serbia de Krajina) e Bosnia e Hercegovina (a República Serbia).
Desde o punto de vista serbio, o obxectivo desta política era garantir os dereitos dos serbios asegurándose de que nunca poderían estar suxeitos a leis potencialmente hostís, particularmente nos territorios dos seus históricos inimigos croatas.
Conclusión. Críticas e influencia na actualidade
O concepto Gran Serbia foi amplamente criticado a raíz dos conflitos balcánicos de finais do século XX por outras nacionalidades da propia antiga Iugoslavia, así como por observadores estranxeiros. As principais obxeccións que se lle fan son tres:
En primeiro e principal lugar, as diversas definicións dun espazo nacional serbio entraron historicamente en conflito con outros conceptos nacionais (croata, esloveno, kosovar) do seu propio espazo nacional.
Criticáronse as súas xustificacións históricas, cuestionábeis en canto ás súas demandas territoriais: por exemplo, durante a Guerra Croata de Independencia, chegouse a reclamar tanto Dubrovnik como outras partes de Dalmacia como territorios historicamente serbios (a esas demandas opuxéronse tanto as autoridades croatas como os gobernos europeos de maior peso).
Por último, a natureza coercitiva da creación dun grande estado serbio contra a vontade doutras nacións; antes da guerra, os pobos de Iugoslavia estaban entremesturados e era materialmente imposíbel crear estados etnicamente uniformes sen o desprazamento de grandes cantidades de poboación en contra da súa vontade. Perseguindo ese ideal, as autoridades serbias levaron a cabo durante a guerra numerosos episodios de limpeza étnica co fin de asegurarse de que poderían establecer territorios monoétnicos sen a oposición de grupos minoritarios potencialmente pouco leais.
A derrota militar dos serbocroatas, a creación da República Srpska dentro da soberanía de Bosnia e Hercegovina, a administración de Kosovo pola ONU e a súa posíbel independencia (de feito, a día de hoxe case plena),[9][10][11] o éxodo de serbios de amplas zonas de Croacia, Bosnia e Kosovo e as diversas acusacións a líderes e militares serbios por crímes de guerra desacreditaron profundamente os ideais en busca dunha Gran Serbia, tanto no propio territorio serbio como no estranxeiro. Os países occidentais sosteñen que as atrocidades das guerras iugoslavas impulsáronos a tomar unha postura moito máis enérxica contra as ideas propulsoras desa meta, de maneira notábel en Kosovo. En calquera caso, a idea da Gran Serbia continúa tendo a súa influencia nos políticos serbios,[Cómpre referencia] e é vista aínda por moitos croatas, bosníacos e albaneses como unha barreira para as relacións entre os serbios e as poboacións e os territorios veciños.
Notas
↑Minoría étnica de musulmáns diferente aos bosnios.
"Vojislav Šešelj, como presidente do Partido Radical Serbio (...) está acusado de propagar a política de unir "todas as terras serbias" nun estado serbio homoxéneo. Definiu a así chamada liña Karlobag-Ogulin-Karlovac-Virovitica como a fronteira occidental dese novo estado serbio ao que se refería como "Gran Serbia" e que incluía Serbia, Montenegro, Macedonia, Bosnia e Hercegovina e unha parte considerábel de Croacia"
↑Tradución ao inglés polo Servizo Nacional de Información Técnica do Departamento de Comercio. Reimpreso en O conflito de Kosovo e o dereitoo internacional: unha documentación analítica 1974-1999, ed. Heike Krieger, Cambridge University Press, 2001.
↑O 17 de febreiro de 2008 o Parlamento kosovar, nun acto unilateral, declaraba a escisión da entón provincia de Serbia, dando lugar á creación dun novo Estado independente baixo a supervisión dos Estados Unidos e a Unión Europea. A diferenza da primeira declaración de independencia de Kosovo, acontecida o 7 de setembro de 1990, só recoñecida polas autoridades albanesas, a derradeira declaración xa foi recoñecida por máis de 47 países a data de 7 de agosto de 2008, entre os que se achan Alemaña, Afganistán, Austria, Bélxica, Costa Rica, Dinamarca, Estados Unidos, Francia, Perú, Polonia, Reino Unido, Suíza e Turquía, sen contar os demais países nos que o recoñecemento está pendente. Porén, existen 18 países, incluíndo Arxentina, Bolivia, Casaquistán, Chipre, España, Quirguicistán, Romanía, Rusia, Serbia, Sri Lanka, Taxiquistán, Vietnam e Venezuela, que rexeitaron explicitamente o recoñecemento da república. Serbia declarou que retiraría todos os seus embaixadores dos países que recoñeceron a independencia de Kosovo.
Anzulovic, Branimir (1999): Heavenly Serbia: From Myth to Genocide. Nova York: New York University Press.
Banac, Ivo (1998): The National Question in Yugoslavia: Origins, History, Politics. Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-9493-2
Cohen, Philip J. (1997): "Serbia's Secret War: Propaganda and the Deceit of History", Eastern European Studies, Nº 2. Texas A & M University Press.
Jelavich, Barbara & Jelavich, Charles (1997): The Establishment of the Balkan National States, 1804-1920. University of Washington Press. ISBN 0-295-95444-2
Krizman, Bogdan (1970): "The Belgrade Armistice of 13 November 1918" in The Slavonic and East European Review, 48, 110, páxs. 67-87.
Magocsi, Paul Roberts (2002): Historical Atlas of Central Europe. University of Washington Press. ISBN 978-0-295-98146-8
Mirkovic, Mijo (1936): "The Land Question in Jugoslavia" in Slavonic and East European Review, 14, 41, páxs. 389–402.
Ramet, Sabrina P. (2006): The Three Yugoslavias: State-Building and Legitimation, 1918–2005. Bloomington, IN: Indiana University Press. ISBN 978-0-253-34656-8
Strachan, Hew (2001): The First World War. Volume 1: To Arms. Oxford University Press. ISBN 0-19-926191-1
Vucinich, Wayne S. (2006): Serbia Between East and West. The Events of 1903-1908. ACLS History E-Book Project. ISBN 978-1-59740-242-2
Araneomorphae Nephila inaurata (Nephilidae) Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Animalia Filum: Arthropoda Kelas: Arachnida Ordo: Araneae Subordo: Opisthothelae Infraordo: Araneomorphae Diversitas 95 familia Araneomorphae (juga disebut Labidognatha) adalah sebuah infraordo laba-laba. Mereka dibedakan dengan memiliki taring yang menentang satu sama lain dan menyilang dalam aksi mencubit, berbeda dengan Mygalomorphae (tarantula dan kerabat dekat mereka), yang memiliki taring yang hampir sejajar.[...
Bagian dari sebuah serial tentangAgama Buddha di Jepang Aliran Jōjitsu Hosso Sanron Kegon Ritsu Kusha Tendai Shingon Tanah Murni Zen Nichiren Pendiri Saichō Kūkai Hōnen Shinran Dōgen Eisai Ingen Nichiren Teks keramat Sūtra Awataṃsaka Sūtra Teratai Prajñāpāramitā Sūtra Jantung Sūtra Kehidupan Tanpa Batas Sūtra Mahāwairocana Sūtra Wajraśekhara Glosarium agama Buddha di Jepanglbs Enchin (円珍code: ja is deprecated ) (814–891) adalah seorang biksu Buddha Jepang yang mendiri...
Untuk orang lain dengan nama yang sama, lihat James Vincent (disambiguasi). James VincentVincent pada 1920Lahir(1882-07-19)19 Juli 1882Springfield, MassachusettsMeninggal12 Juli 1957(1957-07-12) (umur 74)New York, New YorkPekerjaanPemeranSutradaraTahun aktif1910-1951 James Vincent (19 Juli 1882 – 12 Juli 1957) adalah seorang pemeran dan sutradara Amerika Serikat pada era film bisu.[1] Ia tampil dalam 23 film antara 1910 dan 1951, dan menyutradarai 18 film dar...
Pulitzer Prize for Photography adalah salah satu Penghargaan Pulitzer Amerika Serikat yang dianugerahkan setiap tahunnya bagi jurnalisme. Penghargaan ini pertama kali dianugerahkan pada tahun 1942 dan digantikan oleh dua penghargaan foto jurnalistik pada tahun 1968, yakni Penghargaan Pulitzer untuk Fotografi Utama dan Penghargaan Pulitzer untuk Fotografi Berita, yang kemudian dinamakan Penghargaan Pulitzer untuk Fotografi Berita Utama pada tahun 2000. Penghargaan Pulitzer didirikan atas permi...
Direct use or generation of wind energy by the use of aerodynamic or aerostatic lift devices HAWP redirects here. For the webseries, see Hey Ash, Whatcha Playin'? This article possibly contains original research. Please improve it by verifying the claims made and adding inline citations. Statements consisting only of original research should be removed. (April 2019) (Learn how and when to remove this template message) Airborne wind energy (AWE) is the direct use or generation of wind energy b...
Federasi Sepak Bola San MarinoUEFADidirikan1931Bergabung dengan FIFA1988Bergabung dengan UEFA1988PresidenGiorgio CrescentiniWebsitehttps://www.fsgc.sm Federasi Sepak Bola San Marino (Italia: Federazione Sammarinese Giuoco Calciocode: it is deprecated ; FSGC) adalah badan pengendali sepak bola di San Marino. Badan ini mengorganisasi Campionato Sammarinese di Calcio, Coppa Titano dan tim nasional sepak bola San Marino. Badan ini berkantor pusat di city of San Marino. Pranala luar (Italia) Situs...
Shinto shrine dedicated to Tokugawa Ieyasu Yomeimon at Nikkō Tōshō-gū Tōshō-gū (東照宮) is any Shinto shrine in which Tokugawa Ieyasu (1543–1616) is enshrined.[1] Ieyasu was the founder of the Tokugawa shogunate (1603–1868), which is the third and last of the shogunal governments in Japanese history. He was deified with the name Tōshō Daigongen (東照大権現), the Great Gongen, Light of the East[2] (A Gongen is believed to be a buddha who has appeared on Ear...
Jalur trem lintas SurabayaPeta jaringan rel kereta api SS, NIS, dan trem lintas Surabaya OJS pada tahun 1943IkhtisarJenisLintas utamaSistemJalur trem perkotaanStatusTidak beroperasiOperasiDibangun olehOost-Java Stoomtram MaatschappijDibuka1889Ditutup1978PemilikPT Kereta Api Indonesia (pemilik aset jalur dan stasiun)Karakteristik lintasLintas datarDepoWonokromoData teknisPanjang rel50 kmLebar sepur1.067 mm (3 ft 6 in)Kecepatan operasi20 s.d. 40 km/jam Peta rute Legend...
Justin Hubner Justin Hubner pada tahun 2024Informasi pribadiNama lengkap Justin Quincy HubnerTanggal lahir 14 September 2003 (umur 20)Tempat lahir 's-Hertogenbosch, BelandaTinggi 187 m (613 ft 6 in)[1]Posisi bermain Gelandang bertahanInformasi klubKlub saat ini Cerezo OsakaNomor 67Karier junior Brabant United Willem II2017–2019 Den Bosch2020– Wolverhampton WanderersKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2023– Wolverhampton Wanderers 0 (0)2024– Cerezo Osaka (p...
American filmmaker Robert GreenwaldBorn (1945-08-28) August 28, 1945 (age 78)New York City, U.S.OccupationFilm directorSpouses Heidi Frey Nancy Greenwald (divorced) ChildrenRachel GreenwaldLeah GreenwaldNoah GreenwaldMaya Greenwald Robert Greenwald (born August 28, 1945) is an American filmmaker, and the founder of Brave New Films, a nonprofit film and advocacy organization whose work is distributed for free in concert with nonprofit partners and movements in order to educate and mobiliz...
Lambang kota Lokasi kota Sebuah hotel di Stans Untuk kotamadya di Austria, lihat Stans, Autria. Stans adalah ibu kota Kanton Nidwald, Swiss. Stans berpenduduk 7.300 jiwa. Luas wilayah Stans ialah 11 km². Sejarah Stans pertama kali disebutkan pada tahun 1172. Pada tahun 1798, kota ini diserang oleh prajurit Prancis, menyusul keputusan Nidwalden tak mengadopsi konstitusi baru. Anak-anak yang orang tuanya terbunuh akibat perang ini dikumpulkan oleh Johann Heinrich Pestalozzi untuk sekolah ...
Former professional minor league ice hockey team in Moncton, New Brunswick, Canada This article does not cite any sources. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Moncton Hawks – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2023) (Learn how and when to remove this message) Moncton HawksCityMoncton, New BrunswickLeagueAmerican Hockey LeagueOperated19...
Steve Clark Nazionalità Regno Unito GenereHeavy metalHair metalHard rockArena rock Periodo di attività musicale1979 – 1991 Strumentochitarra GruppiDef Leppard Studio4 (Def Leppard) Modifica dati su Wikidata · Manuale Steve Clark, vero nome Stephen Maynard Clark (Sheffield, 23 aprile 1960 – Londra, 8 gennaio 1991), è stato un chitarrista e compositore britannico. Fu il chitarrista solista e il principale autore di canzoni per l'hard rock band inglese Def Le...
American businessman and politician (1818–1881) William Fargo27th Mayor of BuffaloIn office1862–1866Preceded byFranklin A. AlbergerSucceeded byChandler J. Wells Personal detailsBornWilliam George FargoMay 20, 1818Pompey, New York, U.S.DiedAugust 3, 1881(1881-08-03) (aged 63)Buffalo, New York, U.S.Resting placeForest Lawn Cemetery, Buffalo, New YorkPolitical partyDemocraticSpouseAnna Hurd WilliamsRelationsJ. C. Fargo (brother)Children8OccupationExpressman, banker, politicianKnown forC...
1813 siege during the Peninsular War Siege of Pamplona (1813)Part of Peninsular WarPart of the Pamplona fortress.Date26 June – 31 October 1813LocationPamplona, Spain42°49′N 01°39′W / 42.817°N 1.650°W / 42.817; -1.650Result Allied victoryBelligerents Kingdom of Spain United Kingdom First French EmpireCommanders and leaders Henry O'Donnell Carlos de España Marquess Wellington Lord Dalhousie Louis CassanStrength 9,500–14,183, 12 guns 3,450–3,800 80 heavy &...
1927 film by Alan Crosland This article is about the 1927 film. For other uses, see The Jazz Singer (disambiguation). The Jazz SingerTheatrical release posterDirected byAlan CroslandScreenplay byAlfred A. CohnBased onThe Jazz Singerby Samson RaphaelsonProduced byDarryl F. ZanuckStarringAl JolsonMay McAvoyWarner OlandYossele RosenblattCinematographyHal MohrEdited byHarold McCordMusic byLouis SilversProductioncompaniesWarner Bros. PicturesThe Vitaphone CorporationDistributed byWarner Bros. Pict...
Enciclopedia dantescaAutoreAA.VV. (diretta da Umberto Bosco) 1ª ed. originale1970-1978 GenereEnciclopedia Sottogeneretematica Lingua originaleitaliano Modifica dati su Wikidata · Manuale L'Enciclopedia dantesca è un'opera tematica pubblicata negli anni dal 1970 al 1978 dall'Istituto dell'Enciclopedia Italiana Treccani, nata con lo scopo di analizzare e approfondire la figura del poeta fiorentino, la fortuna letteraria, il rapporto della sua opera con lo sviluppo successivo della l...
Mechanical analog method for text composition This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Hot metal typesetting – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2014) (Learn how and when to remove this message) Row of Linotype operators at the Chicago Defender newspaper, 1941 Part of a series on ...