O Gran Premio do Xapón de 2016 (oficialmente coñecido como o 2016 Formula 1 Emirates Japanese Grand Prix)[1], foi a décimo sétima carreira da tempada de Fórmula Un de 2016. Celebrouse o 9 de outubro de 2016 no circuíto de Suzuka, en Suzuka, Xapón, foi a 17ª rolda da tempada 2016 e o 43º Gran Premio do Xapón.
O piloto de Mercedes Nico Rosberg chegou á rolda con vinte e tres puntos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton no Campionato Mundial de Pilotos. Mercedes tiña unha vantaxe de cento noventa e catro puntos máis no Campionato sobre Red Bull Racing no mundial de construtores. Rosberg comezou a carreira desde a pole e gañou a carreira, estendendo a súa vantaxe no campionato a trinta e tres puntos sobre Hamilton que terminou terceiro detrás de Max Verstappen. Mercedes asegurou o seu terceiro título de construtores consecutivo.
Antecedentes
Sebastian Vettel comezou a carreira cunha penalización de tres posicións a causa dunha colisión evitable na primeira volta da carreira anterior.[2]
Pirelli levou ao GP do Xapón de Fórmula 1 os compostos para seco, duro (laranxa), medio (branco) e brando (amarelo), e para choiva os intermedios e extremos.
Carreira
Toda a grella monta o pneumático brando, agás os Williams de Valtteri Bottas e Felipe Massa, que decidiron montar o composto medio de Pirelli, e Kevin Magnussen e Jenson Button, que arrincarán con duros.
Na saída Nico Rosberg aguanta a primeira posición, con Max Verstappen segundo, pola terceira posición loitan Sergio Pérez e Daniel Ricciardo. Lewis Hamilton quedou cravado na saída e caeu ata a oitava praza. Na 5ª volta Sebastian Vettel adianta a Sergio Pérez. Na 10ª volta os dez primeiros eran Rosberg, Verstappen, Vettel, Pérez, Ricciardo, Räikkönen, Hamilton, Hulkenberg, Grosjean e Gutiérrez.
Na volta once Fernando alonso entra a cambiar pneumáticos e se reincorpora de último, na trece Nico Rosberg e os Ferraris de Sebastian Vettel e Kimi Räikkönen entran a boxes. Todos os pilotos montan o composto duro, de obrigatorio uso neste GP do Xapón. E, undercut de Max Verstappen, que consegue adiantar aos Ferraris. Na volta 20 as posicións eran Rosberg, Verstappen, Vettel, Hamilton, Ricciardo, Räikkönen, Pérez, Bottas, Hulkenberg e Massa.
Na volta 34 Lewis Hamilton decide entrar a boxes, o inglés buscaba facer un undercut a Sebastian Vettel. Hamilton reincorporouse na cuarta praza, Vettel entra na seguinte volta e reincorporase detrás de Hamilton. Na volta 40 as posicións eran Rosberg, Verstappen, Hamilton, Vettel, Räikkönen, Ricciardo, Pérez, Hulkenberg, Massa e Bottas. Os primeiros postos mantivéronse ata o final. A carreira gañouna Rosberg seguido de Verstappen, Hamilton, Vettel, Räikkönen, Ricciardo, Pérez, Hulkenberg, Massa e Bottas nos postos de puntos.
Clasificación
Cualificación
Carreira
Posicións logo da carreira
- Texto en negra indica que Mercedes é o Campión do Mundo de construtores.
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Premio DHL á volta rápida
|
- Trofeo Pole Position
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en todos os grupos de clasificación..
Notas
Ligazóns externas