O Gran Premio de Bélxica de 1961 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 18 de xuño de 1961 no Circuíto de Spa-Francorchamps en Spa, Bélxica. Foi a terceira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1961.
Os organizadores da carreira invitaron a 25 corredores, pero decataronse de que só tiñan cartos para pagar a 19. Decidiron facen unha seleción, dez e seis coches oficiaís máis 3 dos 9 restantes. Tres dos coches decidiron non pagar a inscrición logo das prácticas. Aceptaron unha cuarta participación era un só coche para Cliff Allison ou Henry Taylor. O equipo decidiu que competiría o piloto máis rápido na práctica, pero Allison esnaquizou o coche na súa primeira volta na práctica. Os coches Emeryson de Bianchi e Mairesse tamén sufriron danos irreparables na práctica, pero competiron usando os vellos Lotus 18 de Marsh e Seidel, que decidiran non correr. A carreira foi dominada totalmente polo equipo Ferrari. Graham Hill tivo un comezo incrible tomando o liderado desde a terceira fila, pero non puido conter aos coches italianos e todos o pasaron ao final da primeira volta. Houbo algo de emoción polo quinto posto, con Graham Hill e Surtees pasandose un a outro ata que Hill tivo que retirarse por unha fuga de aceite na volta 24.
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
- Pole position: Phil Hill - 3:59.3
- Volta rápida: Richie Ginther - 3:59.8
- Líderes por volta: Phil Hill 20 voltas (1, 3-5, 8, 11-13, 15, 17-18, 21-23, 25-30); Olivier Gendebien 3 voltas (2, 6-7); Wolfgang von Trips 7 voltas (9-10, 14, 16, 19-20, 24).
- Derradeira carreira para Cliff Allison logo do accidente durante a práctica na que rompeu os dous xeonllos e fracturouse a pelvis.
- Dos 4 Ferraris oficiais, 3 estaban pintados de vermello e un estaba pintado de cor amarela (o de Gendebien, porque el era belga e foi unha soa vez)
Ligazóns externas