Henry Taylor nado o 16 de decembro de 1932 e finado o 24 de outubro de 2013[1] foi un británico, piloto de carreiras de Inglaterra.
Andaina nas carreiras
Nado en Shefford, Bedfordshire, Taylor comezou a súa andaina no motociclismo en East London antes de cambiar a un Cooper de 500cc de Fórmula 3 en 1954, rapidamente demostrou o seu talento. Gañou dous campionatos da Fórmula 3 en 1955, e repetiu o logro en 1956, logrando 15 vitorias.[2] Ademais pilotou en carreiras de coches deportivos, gañando nun Jaguar D-Type. Continuou gañando carreiras de Fórmula 2 en 1958, logrou varias boas colocacións no Reino Unido e en Francia, pronto mereceu competir en Grandes Premios.
Participou en 11 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, anotando tres puntos de campionato, o seu mellor resultado foi no Gran Premio de Francia de 1960, un cuarto lugar no seu Cooper T51. Este ano tamén pilotou para o equipo de Fórmula Júnior de Ken Tyrrell, gañando dúas veces.[2] Atopou menos éxito nos Grandes Premios do Campionato Mundial da seguinte tempada, pero terminou segundo en dúas ocasións nas carreiras nacionais de Fórmula 1, entre outros grandes resultados. Pouco despois dun grave accidente no Gran Premio do Reino Unido de 1961, Taylor afastouse das carreiras de monoprazas e paouse aos rallies,[3] Participando no Rally de Monte Carlo.
Durante as seguintes catro tempadas, Taylor correu nos rallies nun Ford Anglia, pilotou un Ford Cortina na súa debut nos rallies,[4] e tamén fixo unha exitosa campaña cun Lotus Cortina, co que tamén competiu no European Touring Car Championship (Campionato Europeo de Turismos) en 1964. Logrou unha serie de seis primeiras posición nos rallies cos tres coches, e logrou dous segundos lugares nas carreiras de ETCC.
Logo de retirarse do rallies en 1965, converteuse no Director de Competición de Ford. Tamén conduciu para o equipo olímpico británico de bobsleigh.
Morte
Taylor morreu o 24 de outubro de 2013 en Vallauris, Francia logo dunha longa batalla coa enfermidade.[1]
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Henry Taylor". oldracingcars.com. Consultado o 25 de outubro der 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Peter Scherer, "50 Years of British Grand Prix Drivers", tfm, 1999, pp.88–89.
- ↑ "Notice of Death - Henry Taylor". British Racing Drivers Club. 30 October 2013. Consultado o 5 de febreiro de 2014.
- ↑ Steve Small, "The Grand Prix Who's Who", Guinness, 1996, p.421.
Véxase tamén
Ligazóns externas