O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1973 (formalmente o XXXVIII Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Nürburgring o 5 de agosto de 1973. A carreira, disputada sobre 14 voltas, foi a 11º rolda da tempada de Fórmula Un de 1973.
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación do campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
- Líderes por volta: Jackie Stewart (1-14)
- O británico Jackie Stewart logrou a súa 27º e última vitoria nun gran premio nesta carreira. Esta foi unha marca que se mantivo durante catorce anos, ata que o francés Alain Prost finalmente a superou en 1987.
- O australiano Howden Ganley estrelou o seu Williams / Iso-Marlboro-Ford e o coche non puido ser reparado a tempo para a carreira.
- O austríaco Niki Lauda debido a un fallo na suspensión, estrelouse en Kesselchen na segunda volta, escapando cunha fractura na boneca, pero este accidente obrigoulle a perder a súa carreira de casa 2 semanas despois.
- Esta foi a última carreira ata o Gran Premio de Australia de 2012 na que non participou un piloto italiano.
- Carreira comentada por Jackie Stewart e David Hobbs.[1][2]
- ↑ “” (2007-09-20). "Part1". Youtube.com. Consultado o 2010-12-12.
- ↑ “” (2007-09-20). "Part2". Youtube.com. Consultado o 2010-12-12.
Ligazóns externas