Germán Castrillón Permuy, nado en 1959, é un expiloto de rallys, empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria
Foi piloto de rallys e membro da escudaría Siroco Team Narón,[1][2] organizadora do Rally Cidade de Narón[3]. Participou no Campionato de Galicia de Rallys, obtendo 38 vitorias e o campionato de pilotos en seis ocasións: 1990, 1992, 1996, 1998, 1999 e 2000. No momento da súa retirada era o piloto máis laureado da historia do certame autonómico, récord que mantivo durante máis de dúas décadas ata que foi superado por Víctor Senra, tanto en títulos como en vitorias en rallys.[4] Tamén participou en probas puntuables para o Campionato de Europa e o Campionato de España coma o Rally da Coruña ou o Rally Príncipe de Asturias[5].
Política
Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cabanas e foi elixido alcalde. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, agora con maioría absoluta. En 2011 foi inhabilitado para ocupar cargos en organizacións deportivas por organizar o 39º Rally de Ferrol (2008) sen contar co permiso da Federación Galega de Automobilismo[6]. Dimitiu como alcalde en febreiro de 2019 e nas eleccións municipais dese ano encabezou a lista do PP á alcaldía de Narón.[7][8] Obtivo o 25% dos votos e 6 concelleiros, catro menos que Terra Galega.[9] Dende entón é concelleiro de Narón.[10]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas