Francisco Freire Barreiro

Modelo:BiografíaFrancisco Freire Barreiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1817 Editar o valor en Wikidata
O Fachal, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de marzo de 1886 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeConcepción Sánchez Freire e Rufina Pérez Ramaseda Editar o valor en Wikidata
FillosÁurea Freire Mosquera e Concepción Freire Pérez Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:2, p.104) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1223421 BUSC: freire-barreiro-francisco-1817-1886

Francisco Freire Barreiro nado no lugar do Fachal en Mezonzo, (Vilasantar) o 14 de abril de 1817 e finado en Santiago de Compostela o 29 de marzo de 1886 foi un médico, escritor e catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1879 foi un dos tres catedráticos que certificaron que os ósos atopados detrás do altar maior da catedral de Santiago de Compostela correspondían ao apóstolo Santiago, restos que se consideraban desaparecidos desde o século XVI.

Traxectoria

Primeiros anos

O seu pai foi Juan Freire Pérez e a súa nai foi Josefa Gómez, labregos. A familia posuía terras en Mezonzo, o que lles permitiu enviar ao seu fillo Francisco a estudar a Santiago de Compostela. Entre 1833 e 1836, dos 16 aos 19 anos, estudou tres cursos de Filosofía e en 1837 estudou Física experimental. Nesa altura deixa os estudos por 5 anos para incorporarse como soldado á Guerra Carlista.

No curso de 1842 e 1843 volve ás aulas universitarias para estudar primeiro curso de Medicina e, asemade, un curso de Historia Natural. Posteriormente estuda Grego mentres continúa con Medicina.

Con 28 anos obtén o grao de Bacherel de Medicina e fai estudos sobre enfermidades venéreas, obstetricia e clínica cirúrxica. Finamente, en 1848 supera o exame que lle permite licenciarse coa cualificación de sobresaliente grazas ao desenvolvemento do tema "Entre as operacións cirúrxicas para a curación da catarata, hai algunha que mereza ser preferente?". Logo, foille concedido Premio Extraordinario da carreira por unanimidade do tribunal.

Docente da Facultade de Medicina de Santiago

Francisco empezou traballando como Axudante do Director de traballos anatómicos da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela. Con 33 anos, no ano 1850, foi nomeado Axudante interino de Anatomía. Para logo ser conservador e preparador de pezas anatómicas no 1854. Un ano máis tarde, gañou o doutoramento pola Universidade Central de Madrid. Durante varios anos estivo a impartir diferentes materias na universidade, suplindo a catedráticos por enfermidade ou pasamento. Ademais, tamén, consultou como médico privado no seu domicilio.

En 1862, con 45 anos, é nomeado Catedrático numerario por oposición da materia Anatomía Xeral da Facultade de Medicina. Naquela altura, en todo o Reino de España había 269 catedráticos universitarios.

En 1867, con 50 anos, Francisco é nomeado Catedrático de Obstetricia da Universidade de Granada. Nesta posición estará un curso, volvendo a Compostela como catedrático de Anatomía Cirúrxica. Francisco Romero Blanco substituíuno como Catedrático de Anatomía Xeral. No ano 1875 foi nomeado Decano da Facultade de Medicina.

Libro de Francisco Freire: Santiago, Jerusalén, Roma. Diario de una peregrinación (1880)

A peregrinación e o libro

En 1875 pide un ano de licenza para facer unha viaxe de peregrinación con motivo do ano do xubileo universal. Xunto con José María Fernández Sánchez, tamén catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, viaxaron por España, Francia, Exipto, Palestina, Siria e Italia. Ao finalizar, escribiron e publicaron en 1880, por fascículos semanais, o tres tomos do libro: “Santiago, Xerusalén, Roma, Diario dunha Peregrinación”, monumental obra de case duúas mil páxinas describindo as situacións e os lugares da viaxe.

Os ósos do santo

En 1579 Francis Drake entrou na Coruña e ameazou con saquear Santiago de Compostela. O arcebispo decidiu esconder as obras de arte máis importantes, así como os ósos de Santiago o Maior, sacándoos da súa cripta e ocultándoos detrás dun muro. Mais a morte do arcebispo fixo que o agocho dos ósos quedara esquecido.

Mais en 1879, ao facer unhas obras no altar maior, por orde do Cardeal-Arcebispo Miguel Payá y Rico, apareceu unha caixa de madeira chea de ósos. Entón, o arcebispado chamou aos catedráticos da Facultade de Medicina, Francisco Freire (anatomía) e Timoteo Sánchez Freire (cirurxía), canda a Antonio Casares Rodríguez, de Análise Química da Facultade de Farmacia, aos que amosou os restos e solicitoulles un informe que certificase si eran ou non os ósos de Santiago Apóstolo.

Logo de seis meses, o informe foi presentado indicando que existían ósos de tres persoas: dúas delas homes novos e outro dun cincuenta anos que se correpondía con Santiago. Isto foi indicado sobre a base das manchas que se observaban, e a que os ósos encaixaban con outras reliquias que se conservaban en Italia desde data remota por ser un agasallo de Xelmírez á diocese de Pistoia, era moi probablemente o apóstolo Santiago. Concretamente encaixaba unha apófise mastoide do temporal, o que concordaba con que o morto fose decapitado, como aparece descrito na Biblia sobre a morte de Santiago.

O arcebispo Payá envioulle o informe ao papa León XIII, quen creou unha congregación extraordinaria que se encargase de estudar a veracidade dos resultados. Unha delegación do Papa viaxou a Santiago e a todas as igrexas onde houbese restos do Apóstolo. Catro anos máis tarde, en 1884, o papa León XIII publicou a bula “Deus Omnipotens” na que comunicou urbi et orbi que se reatoparan os restos de Santiago, instando a toda a cristiandade a volver peregrinar a Compostela.

Vida privada

Durante a súa época de estudante mantivo unha relación sentimental con María Mosquera Pombo. Deste xeito, en 1849 tivo unha filla natural con ela á que bautizaron como Áurea Francisca Mosquera, xa que Francisco non a recoñeceu como filla súa, probablemente por mor a un escándalo que podería prexudicar a súa carreira na universidade.

Casou coa súa prima Concepción Sánchez Freire, con quen non tivo descendencia. Xunto co matrimonio vivía o seu cuñado Timoteo Sánchez Freire, estudante de medicamento na mesma facultade.

Unha vez consolidada a súa posición de catedrático, fíxose cargo da educación da súa filla Áurea. Internouna no colexio de San Paio, aínda que logo de saber que sufría malos tratos, envíaa a vivir a Mezonzo cun irmán seu. Logo da súa peregrinación, recoñécea formalmente ante notario, chamándose dende entón Áurea Freire Mosquera.

O 8 de setembro de 1881, contando con 64 anos, Francisco Freire casa en segundas nupcias con Rufina Pérez Ramaseda, de 38 anos e quen até ese momento traballara para el no servizo doméstico. Ao ano seguinte nace a súa filla Concepción, quen falecería con dous anos de idade vítima da febre tifoide.

Francisco Freire morreu o 29 de marzo de 1886 en Santiago de Compostela, aos 68 anos de idade, vítima dunha apoplexía cerebral.

Distincións recibidas

Francisco Freire Barreiro
  • En 1848 foi nomeado membro estranxeiro da Facultade de Ciencias Médicas de Lisboa.
  • En 1849 foi nomeado socio de mérito do Instituto Palentino de Ciencias Médicas,
  • Socio do Instituto Médico Valenciano
  • Socio da Academia Cirúrxica Mallorquina
  • Socio de mérito da Asociación Médica de Jerez de la Frontera.
  • En 1856 foi nomeado Cabaleiro da Orde de Isabel a Católica polos servizos prestados durante a epidemia de cólera morbo.
  • En 1862 recibiu a Cruz da Orde Civil da Beneficencia.
  • En 1865 foi nomeado socio titular fundador da Sociedade Antropolóxica Española.
  • En 1868 foi nomeado Comendador ordinario da Real Orde de Isabel a Católica.
  • Ese mesmo ano foi nomeado socio da Academia Médico-Cirúrxica Matritense.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela - Expediente de Francisco Freire Barreiro
  • Ponche Hernando, Fernando e Rego Lijó, Isabel (2012) La locura y el bisturí: I Centenario de D. Timoteo Sánchez Freire. Universidade de Santiago de Compostela