O seu primeiro traballo de importancia foi a ilustración de Theophila (1652), obra de Edward Benlowe, e en 1666 ilustrou unha edición das Fábulas de Esopo.
A partir de 1653 traballou en Londres como pintor de paxaros e outros animais. Foi tamén o pai da pintura deportiva británica. En 1682 Barlow realizou The Horrid Hellish Popish Plot, probablemente a segunda tira cómica que se fixo.
Barlow morreu na pobreza, aínda que non se coñece a data exacta. O enterro foi o 11 de agosto de 1704.