Foi aprendiz de Cosimo Rosselli e axudante de Girolamo Savonarola. En 1500 entrou na Orde dos Predicadores|orde dos dominicos]] e no convento de San Marcos, pero seguiu a pintar. Foi amigo de Rafael do que aprendeu as regras da perspectiva, quen á súa vez recibiu del leccións sobre a cor, e por volta de 1500 o retorno a Florencia de Leonardo da Vinci e Michelangelo influenciárono fondamente tanto na composición como na presentación das figuras.
As figuras de Bartolommeo son xeralmente pequenas, pero tamén ten figuras maiores, como a considerada a súa mellor obra, San Marcos ou San Sebastián.