Formas da poesía clásica chinesa

Monumento á poesía chinesa no lugar da escola de poetas Hara Saihin en Chikushino, Fukuoka, Xapón.

As formas de poesía chinesa clásica, son formas ou modos de poesía escrita en chinés literario ou clásico, posúe formas características que se remontan até a publicación do "Clásico da Poesía" arredor do século VII a. C. Estas "formas" engloban características como métrica (a lonxitude da liña e o número de liñas), ritmo (por exemplo, a presenza de cesuras[1], a parada final e o ton de contorno), vocabulario e estilo, desenvolvéndose activamente desde a dinastía Tang até o Movemento do Catro de Maio, continuando até o século XXI.

Historia

Gao Bing é o autor do Compendio graduado de poesía Tang (Tangshi Pinhui), a primeira obra que clasifica poesía baseándose en principios prosódicos. Este método foi precedido por enfoques menos sistemáticos, como o de Yan Yu.

Elementos formais

Existen varios elementos formais do verso chinés clásico que están asociados á súa clasificación en tipos formais.

Escansión

Varios factores son considerados ao escanear versos chineses clásicos para determinar o metro.

Métrica

Baseado nunha correlación directa entre carácter, sílaba e palabra. Cada sílaba ou carácter pode ser considerado como un pé métrico. A estrutura métrica tamén comprende cesuras ou pausas e paradas dentro da liña. Os caracteres (ou sílabas) entre as caesuras ou paradas poden ser considerados como un pé métrico. Estes pés métricos, dependendo das regras formais do tipo de poema, adoitan coincidir co ritmo natural da fala baseado en unidades de significado que abarcan os caracteres.[2]

Lonxitude da liña

Pode ser fixa ou variable. As formas típicas inclúen tres, catro, cinco, seis, sete ou oito caracteres por liña. Algúns poemas combinan lonxitudes de liña variable. Especificar a lonxitude da liña dun poema chinés equivale a especificar tanto o tipo de pés como o número de pés por liña en poesía utilizando un metro cuantitativo.

Parellas

A maioría dos versos en chinés clásico consisten en varias coplas ou pares de liñas (chinés simplificado 对 联, chinés tradicional 對 聯, pinyin duìlián), que se consideran dalgún xeito especialmente relacionados entre si por consideracións como o significado, a estrutura do ton ou o paralelismo. Un esquema de rima común é a copla rimada, polo que xeralmente na poesía rimada, as liñas pares riman. Ás veces estas coplas aparecen soas, por exemplo a metade a cada lado dunha porta.

Lonxitude do poema

A maioría dos versos clásicos chineses consta de parellas de liñas que riman entre si e se relacionan en significado e ton. Xeralmente considerábanse catro liñas (dúas coplas) como a lonxitude mínima dun poema (como no caso do verso reducido jueju). Outros poemas limitábanse a oito liñas (catro coplas). Se a lonxitude total non fose limitada, os poemas tendían a usar estrofas de catro ou oito liñas, polo que a lonxitude do poema sería múltiplo de catro ou oito. A lonxitude dos poemas baseados en formas específicas de cancións e baladas dependía da melodía ou forma específica seleccionada como modelo. O tipo de poema fu, que ás veces incorporaba seccións de prosa, tiña poucas limitacións na lonxitude das liñas, agás que, dentro dunha sección de verso, as lonxitudes dos versos tendían a ser iguais.[3] A lonxitude dun poema específico para aquelas formas nas que esta era unha restrición, é outro criterio básico de clasificación (como no verso de oito liñas de sete caracteres).

Antigo, novo, regulado, non regulado

Os poemas da mesma lonxitude en termos de lonxitude de verso e poemas e/ou poemas dentro do mesmo tipo xeral distinguíanse a miúdo empregando os conceptos "novo", "vello", "regulado" ou "non regulado".

"Vello" versus "novo"

"Vello" e "novo" usáronse xeralmente para denotar un cambio básico de forma dentro dun modo ou forma, como "vello" yuefu e "novo" yuefu . Non obstante, o uso destes termos pode resultar confuso, xa que algo chamado "novo" podería ter séculos de antigüidade no momento actual.

"Regulado" versus "non regulado"

O verso "regulado", ou a poesía shi de novo estilo, ten limitacións formais moi estritas e moitas veces complexas, como alteracións tonais obrigatorias entre posicións adxacentes dentro dunha liña, ou no que se refire ás mesmas posicións de liña entre coplas.

Ton

A existencia do ton na poesía chinesa antiga é debatible.[4] Na dinastía Tang, os tons diferenciáronse en 'niveis' e 'non niveis', desempeñando un papel esencial na poesía. Algúns poemas tiñan restricións tonais estritas, mentres que outros seguían "melodías" de modelos preexistentes, variando só nas palabras elixidas, como foi o caso do e do qu.

Ritmo

O ritmo era principalmente unha cuestión de variación tonal, lonxitude da liña, cesuras dentro das liñas e parada final. As variacións de ritmo tocaban sutilmente entre as distintas liñas dun poema.

Rima

A rima, clave en certas poéticas, baseábase en táboas tradicionais como Pingshui Yun, estándar desde Yuan a Qing, malia diferir das pronunciacións actuais. Tons nivelados rimaban entre si, igual que os non nivelados. As rimas orixinais son difíciles de detectar hoxe en variantes como o mandarín ou cantonés, debido ás variacións históricas na pronunciación.

Vocabulario

Certas restricións ou asociacións de palabras concretas eran moitas veces típicas de certas formas poéticas, e para algunhas formas de poesía había regras que restrinxiron ou fomentaban a repetición da mesma palabra dentro dun poema, unha estrofa ou unha liña ou copla. Ás veces utilizábase un vocabulario poético deliberadamente arcaico ou tradicional. Moitas veces, o uso de palabras comúns como pronomes e "palabras baleiras" como partículas e palabras de medida estaba en desuso. Algunhas substitucións de vocabulario estándar eran estándar cando unha determinada palabra non encaixaría no patrón métrico.

Tipos formais

A poesía clásica chinesa segue estruturas formais específicas. Algúns poemas pertencen a coleccións fixas, como o Shi jing ou Chuci, ás que non se podían engadir novos poemas. Aínda así, os poetas podían imitar estes estilos ou crear novos, dependendo das tendencias de cada dinastía. As tres principais formas literarias desta poesía son "shi", "fu" e "cí".[5]

Shi

  En chinés a palabra shi pode significar "poesía" de forma máis ou menos xenérica; nun sentido máis técnico refírese a unha tradición máis específica que fai referencia aos poemas recollidos no Shi jing e nos seus desenvolvementos posteriores. Hai varios tipos de poesía shi, como o gushi de "estilo vello" e jintishi de "estilo novo".

Clásico de poesía (Shijing)

Os poemas da colección Shijing ou Shi Jing tamén coñecidos como O Libro das Cancións, Clásico da Poesía, Libro das Odas ou As Odas, están asociados á dinastía Zhou, en particular á occidental, e teñen orixes temporais variados. Aínda que a crenza é que Confucio editou esta colección seleccionando arredor de 300 poemas dun conxunto maior, as partituras musicais e coreografías orixinais están perdidas.[6] Co paso do tempo, especialmente durante a dinastía Han, estes poemas foron reinterpretados con significados morais e simbólicos. A interpretación contemporánea destes poemas difiere das anteriores, especialmente en cuestións de sexualidade, tendo reinterpretacións moralistas. Caracterizan-se polo seu formato regular, con liñas de catro caracteres, rima e uso de estruturas métricas e paralelismo. Todos os poemas son anónimos.[7][8]

Versos de Chu (Chuci)

Chuci, tamén coñecido como Cancións do Sur e como Ch'u Tz'u, fai referencia aos poemas e ao estilo daqueles poemas que compoñen esta colección. O nome refírese literalmente ao estado de Chu, que estaba ao sur da zona da que se recolleron os poemas do Clásico de Poesía, e ao sur da principal área poboada por persoas de cultura chinesa na China no momento da súa composición. e durante moitos séculos despois (de feito, ata o gran cambio de poboación na época da dinastía Song, ou, quizais con máis precisión, a época da transición Tang-Song). A colección inclúe o Li Sao, atribuído a Qu Yuan, así como as Nove Cancións.

Fu

 O "fu" é unha das categorías principais da poesía clásica chinesa. A pesar de ser considerado literatura, non é vista tradicionalmente como poesía pura. Aínda que a descrición é detallada, o comentario indirecto constitúe o verdadeiro núcleo desta forma de arte.[9]

Características Principais

  • Multiseccionalidade: Cada "fu" é composto por varias seccións diferenciadas por cambios de métrica, rima ou frases suplementares.
  • Enfoque temático: Cada obra centra-se nun tema ou asunto concreto, abordándoo con detalle exhaustivo.
  • Vocabulario específico: Uso repetitivo de certas sílabas ou "palabras baleiras" en posicións determinadas. Búscase un vocabulario rico e variado.
  • Rima e métrica: Predominan as parellas de liñas rimadas e unha métrica complexa.
  • Indirección poética: A través da sutilidade e alusión, o "fu" comunica mensaxes ocultas ou indirectas ao lector, ás veces con hipérboles.
  • Función de protesto: Moitos "fu" conteñen críticas sociopolíticas camufladas en contextos históricos ou alegorías. Por exemplo, un tema fu tradicional durante a dinastía Han foi o trato inxusto do erudito-oficial Qu Yuan, a mans de altos funcionarios de Chu, pero exposto dun xeito indirecto.

Historia

Asociado á literatura de Chu, o "fu" experimentou un período de florecemento durante o comezo da dinastía Han. Durante o renacemento fu da dinastía Tang, a forma fu foi utilizada por Li Bai, entre outros.

Exemplos e autores destacados

Un exemplo renomeado é "Retorno ao Campo" de Zhang Heng. Outros autores prominentes inclúen Jia Yi, Ban Gu, Yang Xiong e Wang Can.

Poesía de estilo antigo (Gushi)

Gushi é o estilo baseado en formas máis antigas de shi, pero que permite novas adicións ao corpus (a diferenza do corpus fixo do "shi clásico" do Shijing). Un tipo de poesía que imita as formas poéticas "vellas" é o Yuefu Literario. Os yuefu literarios inclúen imitacións ao estilo das letras orixinais das baladas da dinastía Han ou imitacións das letras orixinais das baladas "estilo do sur" das seis dinastías.[10]

Dezanove poemas antigos

Estas poesías, no estilo balada ou yuefu antigo, foron recollidas durante a Dinastía Han.

Yuefu

Os "Yue fu" son un desenvolvemento das formas poéticas recollidas pola Oficina de Música da dinastía Han. Máis tarde, o termo foi usado para identificar estas poesías de estilo balada e tamén como descritor de poemas neste estilo.

Verso regulado (jintishi)

O "jintishi" inclúe tres subformas que, a pesar de ter unha estrutura externa similar ao yuefu, internamente teñen un conxunto de regras novas, por exemplo, en relación con patróns tonais ou paralelismo.

Verso regulado de oito liñas (lushi)

Referíndose ás regras formais estritas desta poesía, está asociado principalmente co estilo de oito liñas, pero tamén se aplica a formas curtas e expandidas.

Forma curta (jueju)

É unha versión reducida da forma de oito liñas, polo que pode ser máis desafiante ao transmitir unha idea poética completa.

Forma expandida (pailu)

Mentres segue a maioría das regras do "lushi", o "pailu" permite varios pareados conectados sen límite máximo.

Poesía con patrón de ton fixo

Estas poesías, baseadas en estruturas tradicionais, destinábanse orixinalmente a acompañar melodías musicais específicas. Inclúen as formas , qu e yuanqu.

Poesías baseadas en estruturas tradicionais destinadas a acompañar música.

Qu e Yuanqu

Mentres que Qu se refire a unha forma de poesía con patrón de ton fixo distinto de , Yuanqu deriva dos dramas da dinastía Yuan.

Notas

  1. "Dicionario; cesura". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-31. 
  2. See Stimson
  3. Frankel, 212–213
  4. Véxase Norman
  5. Watson, 1
  6. Yip, 31
  7. Frankel, 216
  8. Frankel, 215–216
  9. Davis, xlvi
  10. Yip, 67

Véxase tamén

 

Bibliografía

Ligazóns externas