Fondue

Fondue

Remexendo a fondue cun garfo alongado.
Orixe Suíza Suíza
Ródano-Alpes, Francia
Piemonte, Italia Italia
Ingredientes
Orixe animal Queixo
Orixe vexetal Allo
Condimentos Viño

A fondue[1] é unha comida de Suíza, Francia e Italia, que consiste nun prato de queixo fundido servido nunha pota común (caquelon) sobre un forno portátil (rechaud), para comelo úsase un garfo longo co que se agarrar o pan que mollas no queixo. Foi promovido como prato nacional suízo pola Unión do Queixo Suízo (Schweizerische Käseunion) na década de 1930, pero as súas orixes proveñen da zona que abarca Suíza, Francia (Ródano-Alpes) e Italia (Piemonte e Val de Aosta).

Desde 1950, o nome de fondue xeneralizouse a outros pratos nos que se mergulla un alimento nunha pota comunal de líquido quente: fondue de chocolate, no que se usan pezas de froita como amorodos, e fondue Bourguignonne, no que se cociñan anacos de carne en aceite quente.

Etimoloxía

A palabra fondue é o participio feminino do verbo francés fondre (fundir) úsase como substantivo, probablemente influído por unha palabra francoprovenzal.[2] A primeira vez que aparece en francés é en 1735 no Cociñeiro moderno de Vincent-a-Chapelle[3] e en inglés en 1878.[4]

Historia

A primeira receita coñecida con queixo fundido tal como se coñece hoxe en día, vén dun libro publicado en 1699 en Zürich, baixo o nome de Kass mit Wein zu kochen (para cociñar o queixo con viño).[5] Cítase queixo raiado ou cortado que se funde co viño no que se mergulla pan.

Con todo, o nome fondue de queixo, ata finais do século XIX, refírese a unha preparación que inclúe ovos e queixo, xa que na Chapelle de 1735 Fonduë de Fromage, aux Truffes Fraiches e na receita de Brillat-Savarin de 1834;[6] era algo entre ovos revoltos con queixo e un queixo souflé.[7] As variacións inclúen crema á xenovesa e trufas á piamontesa, ademais de ovos, e tamén o que hoxe chamamos raclette (fondue valaisanne).[8]

A primeira receita coñecida para a fondue de queixo moderna, baixo ese nome, con queixo e viño, pero sen ovos, foi publicada en 1875, e xa foi presentado como un prato nacional suízo.[9] Malia as modernas asociacións coa vida rústica de montaña, era un prato dos habitantes das cidades das terras baixas do oeste, na Suíza francófona. O saboroso queixo Gruyère era un valioso produto de exportación que os campesiños non podían permitirse o luxo de comer.[10][11]

A introdución da maicena (maizena) en Suíza en 1905 fixo máis fácil facer unha emulsión suave e estable de viño e queixo, e probablemente contribuíu ao éxito da fondue.[12]

A Unión do Queixo Suízo tamén creou receitas pseudo-rexionais como parte da "defensa espiritual de Suíza".[13] Logo da segunda guerra mundial terminaron os racionamentos, a Unión do Queixo Suízo continuou coa súa campaña de mercadotecnia, enviou fondue aos rexementos militares e aos organizadores de eventos de Suíza. A fondue converteuse nun símbolo da unidade suíza.[13]

A fondue publicitouse agresivamente en Suíza, con lemas como La fondue crée la bonne humeur (A fondue crea un bo estado de ánimo) e en 1981 a Fondue Isch guet und git e gueti Luune (A fondue é boa e crea unbo estado de ánimo).[14]

O nome estendeuse a outros pratos servidos en potas quentes na década de 1950 en Nova York. Konrad Egli, un hostaleiro suízo, introduciu a fondue Bourguignonne no seu restaurante Chalet Suisse en 1956. A mediados de 1960, ideouse a fondue de chocolate como parte dunha promoción dos chocolates Toblerone.[15] Unha especie de mousse de chocolate ou pastel de chocolate tamén era chamada ás veces "fondue de chocolate" a partir da década de 1930.[16]

Preparación

Un conxunto completo de fondue de queixo en Suíza. Ademais de anacos de pan para mollar no queixo derretido, hai porcións laterais de kirsch, allo cru, pepinillos en vinagre, cebola e olivas.

A fondue de queixo consiste nunha mestura de queixos, viño e condimentos. Para preparar o caquelon frótase primeiro cun dente de allo cortado. Mestúrase o viño branco, o queixo e, ás veces, un pouco de kirsch na pota, a lume lento vaise remexendo sen parar ata que ferva. Tamén se lle pode engadir unha pequena cantidade de amidón de millo (maicena) ou outro amidón.

Cando está listo, os comensais mergullan os anacos de pan cravados nun garfo de fondue na mestura.

Temperatura e a religieuse

A mestura de fondue de queixo debe manterse o suficientemente quente para manter a fondue suave e líquida, pero non tan quente que queime. Se esta temperatura se mantén ata que se termine a fondue, haberá unha delgada cortiza de queixo tostado (non queimado) na parte inferior do caquelon. Isto coñécese como a religieuse (relixiosa ou monxa).

Fondues de queixo

Suíza

  • Neuchâteloise: Gruyère e Emmental.
  • Moitié-moitié (ou metade-metade): Gruyère e Friburgo vacherin.
  • Vaudoise: Gruyère.
  • Fribourgeoise: Fribourg Vacherin no que se mollan patacas en lugar de pan.
  • Innerschweiz: Gruyère, Emmental e sbrinz.
  • Appenzeller: Appenzeller queixo con crema agregada.
  • Tomate: Gruyère, tomates triturados, Emmental e viño.
  • Picante: Gruyère, pementos vermellos e verdes, con chile.
  • Fungos: Gruyère, Fribourg vacherin e cogomelos.

Alpina francesa

  • Savoyarde: Comté savoyard, Beaufort, e Emmental.
  • Jurassienne: Comté curado.

Alpina italiana

  • Fonduta: Fontina, leite, ovos e trufas, coñecido como Fonduta valdostana no val de Aosta e Fonduta piamontesa en Piemonte, ambos no norte de Italia.

Instantánea

Véndense mesturas refrixeradas de fondues na maioría de supermercados suízos, necesitan un pouco máis de fusión no caquelon. Tamén se venden en porcións individuais para quentar no microondas.

Fondues de carne

A fondue Bourguignonne: Na parte superior hai unha ola de aceite quente para unha rápida cocción da carne, no medio un caquelon para unha fondue de queixo e máis abaixo as salsas para mollar.

Fondue Bourguignonne

A fondue Bourguignonne consiste nunha pota con aceite quente na que os comensais mergullan anacos de carne para cociñala. Acompáñase con salsas variadas.

Fondue chinoise

A fondue chinoise é un nome común francés para un Hot pot, unha especie de fondue chinesa, onde a carne e as verduras se cociñan nunha pota de caldo. Acompáñase de varias salsas. A comida complétase cando todos os comensais terminan de cociñar os seus ingredientes para compartir o caldo, que agora contén unha amálgama de todos os sabores dos ingredientes anteriores.

Fondues de chocolate

Normalmente úsanse varios tipos de froita ou pasteis que se mollan no caquelon con chocolate fundido. Outros tipos de fondues de sobremesa poden incluír coco, mel, caramelo e malvarisco.

Tradicións e etiqueta

Unha tradición di que se un home perde o seu pan no pote, compra bebidas para todos, e se o fai unha muller, ten que bicar os seus compañeiros de mesa.[Cómpre referencia]

A maioría dos autores recomendan poñer un único bocado na pota (non facer unha dobre inmersión) e que o garfo de inmersión debe ser utilizado só para o transporte da comida da pota ó propio prato, non para comer.[17]

A elección da bebida para tomar coa fondue especifícase en varias tradicións; algúns din que se debe beber viño branco, mentres que outros especifican o té negro como a bebida correcta. Outras din que se debe acompañar de licores durante ou logo da comida. Con todo, un estudo publicado en 2010 mostrou que ningunha destas bebidas causa indixestión despois de comer fondue.[18]

Notas

  1. Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.
  2. Trésor de la langue française, s.v. fondre, etymology section B.3.a.
  3. Vincent la Chapelle, Le cuisinier moderne p. 220
  4. Oxford English Dictionary, Second edition, 1989; online version November 2010. s.v. Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.
  5. Kochbuch der Anna Margaretha Gessner, 1699, cited by Albert Hauser, Vom Essen und Trinken im alten Zürich, cited by Isabelle Raboud-Schüle "Comment la fondue vint aux Suisses", Annales fribourgeoises 2007?
  6. Jean Anthelme Brillat-Savarin, Physiologie du goût, 1834, p.338-9
  7. Prosper Montagne, Larousse Gastronomique, 1938, p. 483, quoted in the Food Timeline FAQ
  8. Joseph Favre, Dictionnaire universel de Cuisine, Paris 1894, cited by Raboud-Schüle, 2007
  9. Louis Favre, L'habitation--​le vêtement--​les aliments. Manuel d'économie domestique à l'usage des écoles secondaires et primaires supérieures, Neuchâtel 1875, cited by Raboud-Schüle, 2007
  10. Fabian Muhieddine, "La fondue: un coup marketing de 1930!", Le Matin.ch, reporting on a lecture by Isabelle Raboud-Schüle full text
  11. Raboud-Schüle, p. 4-5
  12. Raboud-Schüle, p. 5
  13. 13,0 13,1 Isabelle Raboud-Schüle, director of the Musée gruérien, interview "History of Cheese Fondue" [1] Arquivado 20 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
  14. Raboud-Schüle, p. 7
  15. Sylvia Lovegren, Fashionable Food: Seven Decades of Food Fads, pp. 240-2
  16. Barry Popik, The Big Apple blog, "Chocolate Fondue (myth)"
  17. Ellen Brown, The Complete Idiot's Guide to Fondues and Hot Dips, p. 10
  18. Henriette Heinrich, Oliver Goetze, Dieter Menne, Peter X Iten, Heiko Fruehauf, Stephan R Vavricka, Werner Schwizer, Michael Fried, Mark Fox (2010). "Effect on gastric function and symptoms of drinking wine, black tea, or schnapps with a Swiss cheese fondue: randomised controlled crossover trial". BMJ 341. doi:10.1136/bmj.c6731. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Isabelle Raboud-Schüle, "Comment la fondue vint aux Suisses", Annales fribourgeoises 2007?

Outros artigos

Read other articles:

У этого термина существуют и другие значения, см. Тбилиси (значения). Запрос «Тифлис» перенаправляется сюда; об астероиде см. (753) Тифлис. ГородТбилисигруз. თბილისი Флаг Герб 41°43′ с. ш. 44°48′ в. д.HGЯO Страна  Грузия Мэр Каха Каладзе История и география Основа

Cet article est une ébauche concernant une école, Montréal et la France. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Collège international Marie de FranceHistoireFondation 1939StatutType Système français/québécoisRégime linguistique FrançaisDirecteur Proviseur: Bernard Luyckx Proviseure ajointe: Mélanie Cholet-ReusteDirectrice du primaire: Marie RoigDevise « Ensemble, prêts pour le monde 

American novelist and poet (1943–2022) This article is about the novelist. For the German statesman, see Peter Straub (politician). For the founder of the Straub Brewery, see Peter P. Straub. Peter StraubStraub in 2009BornPeter Francis Straub(1943-03-02)March 2, 1943Milwaukee, Wisconsin, U.S.DiedSeptember 4, 2022(2022-09-04) (aged 79)New York City, New York, U.S.OccupationNovelist, poetEducation University of Wisconsin–Madison (BA) Columbia University (MA) GenreHorrorNotable worksJul...

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (يونيو 2019) جوشوا إبرامز معلومات شخصية الميلاد 18 يناير 1986 (37 سنة)  كارولاينا الشمالية  مواطنة الولايات المتحدة  الطول 71 بوصة  الوزن 196 رطل  الحياة العملية المه

Esta página cita fontes, mas que não cobrem todo o conteúdo. Ajude a inserir referências. Conteúdo não verificável pode ser removido.—Encontre fontes: ABW  • CAPES  • Google (N • L • A) (Maio de 2022) Tibial anterior Aspecto lateral da perna direita Latim tibialis anterior Origem No tuberculo de Gerdy; nos 2/3 superiores da face externa da tíbia; na porção superior e interna do ligamento interósseo Inserção ...

Wildwasserstrecke am Eiskanal Der Augsburger Eiskanal ist eine Wildwasseranlage im Augsburger Stadtteil Spickel und wurde für die Kanuslalom-Wettbewerbe der Olympischen Sommerspiele 1972 errichtet. Es ist die älteste künstlich gebaute Kanuslalomstrecke der Welt.[1] Der Augsburger Eiskanal wurde als eigenes Einzelobjekt des „Augsburger Wassermanagement-Systems“ am 6. Juli 2019 in die Welterbeliste der UNESCO aufgenommen.[2] Im Zusammenhang mit den olympischen Wettbewerbe...

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: グレートブリテン王国 – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2022年12月) グレートブリテン王国 Kingdom of Grea...

Type of Israeli boarding school Havat HaNoar HaTzioni, Jerusalem A youth village (Hebrew: כפר נוער, Kfar No'ar) is a boarding school model first developed in Mandatory Palestine in the 1930s to care for groups of children and teenagers fleeing the Nazis. Henrietta Szold and Recha Freier were the pioneers in this sphere, known as youth aliyah, creating an educational facility that was a cross between a European boarding school and a kibbutz. History Ben Shemen youth village, 1920s-1930s...

Шолом-Алейхем — термін, який має кілька значень. Ця сторінка значень містить посилання на статті про кожне з них.Якщо ви потрапили сюди за внутрішнім посиланням, будь ласка, поверніться та виправте його так, щоб воно вказувало безпосередньо на потрібну статтю.@ пошук посил

Basketball at the 2023 Island GamesVenueSt Sampsons High School, GuernseyDates9–14 JulyNations10← 20192025 → Basketball, in the 2023 Island Games, held at St Sampsons High School, Guernsey in July 2023.[1] Medal table   *   Host nation (Guernsey)RankNationGoldSilverBronzeTotal1 Menorca11022 Saaremaa10013 Cayman Islands01124 Guernsey*0011Totals (4 entries)2226 Participating islands  Cayman Islands  Falk...

2009 book by Nicholas Thompson This article is about the non-fiction book. For other uses, see Hawk and dove (disambiguation). This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: The Hawk and the Dove book – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (November 2009) (Learn how and when to remove this templ...

XO-1bJenis objekPlanet luar surya, jupiter panas Nama lainBD+28 2507b, TOI-2021.01Data pengamatan(Epos J2000.0[*]) Rasi bintangCorona Borealis Asensio rekta240,54935962725960 derajat Deklinasi28,16956101177194 derajat Radius1,14±0,07 radius JupiterMetode penemuanmetode transit[*]Tahun penemuan18 Mei 2006 Media Terkait di Wikimedia Commons[sunting di Wikidata] XO-1b adalah sebuah planet luar surya yang terletak sekitar 535,99 tahun cahaya dari Bumi. Planet ini ditemukan pada tah...

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Februari 2023. Artikel ini kemungkinan dibuat atau disunting oleh seseorang untuk menerima imbalan atau bayaran tetapi tidak dikemukakan secara terbuka sehingga kemungkinan melanggar kebijakan dan ketentuan penggunaan Wikimedia Foundation. Silakan memperbaiki ar...

Nueve de Julio Departamento Coordenadas 40°36′00″S 67°47′00″O / -40.6, -67.783333Capital Sierra Colorada • Población 1303[1]​Entidad Departamento • País  Argentina • Provincia  Río NegroSuperficie Puesto 2.º • Total 25 597 km²[2]​Altitud   • Media 850 m s. n. m.Población (2010) Puesto 12.º • Total 3 471 hab.[2]​ • Densidad 0,1 hab/km²[2]​ • Urbana 0 hab.&#...

Марина СтабровськаЗагальна інформаціяНародження 14 квітня 1993(1993-04-14) (30 років)СпортКраїна  УкраїнаВид спорту плаванняСпортивне звання Майстер спорту України міжнародного класуТренери О.С. Сальнікова Участь і здобуткиПаралімпійські ігри XIII літні Паралімпійські ігриX...

Government agency Transportkorps SpeerAgency overviewFormed1944Dissolved1945TypeParamilitaryJurisdictionGerman-occupied EuropeHeadquartersKreuzbruch, near OranienburgEmployees70,000Oberkommando der Wehrmacht responsibleGeneralfeldmarschall Wilhelm KeitelAgency executiveGeneralmajor Wilhelm Nagel, Korpskommandant Transportkorps Speer was created in 1944 from Legion Speer and the units of the National Socialist Motor Corps that was serving the Organisation Todt. Shortly after its creation it be...

Not to be confused with Oak Forest, Texas. 29°49′41″N 95°25′31″W / 29.82806°N 95.42528°W / 29.82806; -95.42528 Oak Forest marker Oak Forest Branch Houston Public Library Oak Forest is a large residential community in northwest Houston, Texas, United States. Oak Forest is the third largest group of subdivisions in Harris County (behind Kingwood and Sharpstown).[1] History This section needs additional citations for verification. Please help improve t...

Acestrorhynchus minimus Status konservasiRisiko rendahIUCN49830370 TaksonomiKerajaanAnimaliaFilumChordataKelasActinopteriOrdoCharaciformesFamiliAcestrorhynchidaeGenusAcestrorhynchusSpesiesAcestrorhynchus minimus Naércio Aquino de Menezes, 1969 lbs Acestrorhynchus minimus adalah sebuah spesies ikan dalam keluarga Acestrorhynchidae.[1] Spesies tersebut dideskripsikan oleh Naércio Aquino de Menezes pada 1969. Spesies tersebut hidup di Sungai Orinoco dan Sungai Amazon. Spesies tersebut ...

Overview of elections in the Indian union territory of Jammu and Kashmir A voter coming out after casting his vote from a polling booth of Budgam during the 4th Phase of General Election 2009 on 7 May 2009. (The raised finger indicates the indelible ink from voting)Voters in a queue at a polling booth near Thiksey Monastery in Ladakh, JK, during the 2009 Indian general electionElections in the Union Territory of Jammu and Kashmir are conducted in accordance with the Constitution of India to e...

British electric multiple unit trains operating in Scotland British Rail Class 380DesiroAbellio ScotRail Class 380 at Glasgow CentralClass 380 passenger saloonIn service8 December 2010 – presentManufacturerSiemens MobilityBuilt atKrefeld, GermanyFamily nameDesiroReplacedClass 156Class 322Constructed2009–2011Number built38(22 × 380/0, 16 × 380/1)Formation3 cars per 380/0 unit:DMSO(A)-PTSO-DMSO(B)4 cars per 380/1 unit:DMSO(A)-PTSO-TSO-DMSO(B)[1]DiagramDMSO(A) vehicles...