Fedor Smolov
Fedor Mikhailovich Smolov (en ruso: Фёдор Михайлович Смолов) nado o 9 de febreiro de 1990 en Saratov, é un futbolista ruso que xoga na demarcación de dianteiro. Xoga no FC Lokomotiv Moscova e na selección rusa. Foi o artilleiro do Campionato Ruso, con 20 goles. TraxectoriaSmolov é un graduado da academia de fútbol Master-Saturn Yegoryevsk . En 2007, uniuse ó Dinamo de Moscova. O 14 de xullo de 2010, o club anunciou que Smolov ía unirse ó Feyenoord nun acordo de préstamo dun ano.[1] Retornado da cesión, Smolov comezou na tempada 2011-2012 como xogador do primeiro equipo , pero tras 9 xornadas sen marcar foi limitado a facer substitucións. Así, foi cedido de novo , esta vez para Anzhi Makhachkala - inicialmente para toda temporada 2012-2013,[2] e despois para a segunda parte da 2013-2014.[3] Cesión no UralO 1 de setembro de 2014, Smolov foi ó Ural como cedido por unha tempada .[4] Dúas semanas máis tarde, na súa estrea no novo club , marcou un gol contra o Amkar Perm.[5] Xogou un papel importante na tempada, proporcionando 8 goles e 2 asistencias en 22 partidos na Liga ó Ural. FC KrasnodarO 2 de xuño de 2015, Smolov asinou un contrato de catro anos con Krasnodar como axente libre.[6] Fixo o seu debut competitivo no seu novo club nunha vitoria fóra por 1-0 contra o Amkar Perm , no seu primeiro partido do campionato, o 20 de xullo de 2015,[7] e marcou o seu primeiro gol nun empate 3-3 contra o Slovan Bratislava na terceira pre rolda da UEFA Europa League o 6 de agosto.[8] O 10 de abril de 2016, Smolov marcou catro goles na vitoria de 6-0 para o Krasnodar contra o seu club Ural Yekaterinburg.[9] Con 20 goles en 29 partidos , fíxose o maior artilleiro do Russian Premier League na tempada 2015-16, e é o primeiro xogador do Krasnodar que alcanzou este título. Celta de VigoO 30 de xaneiro de 2020, anunciouse a súa cesión ata final de tempada ó Celta de Vigo da Primeira División.[10] Selección nacionalFoi convocado para a Selección de fútbol de Rusia, por primeira vez nun partido amigábel contra os Estados Unidos o 14 de novembro de 2012. Fixo a súa estrea e marcou o seu primeiro gol para o equipo nacional durante ese partido.[11] Notas
|