Farbauti ou Saturno XL, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio do 2005, a partir de observacións feitas entre o 12 de decembro do 2004 e o 9 de marzo do 2005 e recibiu a designación temporal de S/2004 S 9.
Farbauti ten uns 5 kms de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 20,291 millóns de kms en 1079,099 días, cunha inclinación orbital de 58° respecto da eclíptica (131° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,209.
Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007 a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Fárbauti era o Jotun ou xigante das tempestades e pai de Loki.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Lista ordenada en base ó incremento da distancia respecto de Saturno. Os satélites con designación provisional están en cursiva. |
Lúas pastoras | |
---|
Co-orbitais | |
---|
Anel G | |
---|
Grandes lúas interiores (Troianas incluídas) | |
---|
Alcionedas | |
---|
Grandes lúas exteriores | |
---|
Grupo Inuit | |
---|
Grupo Nórdico | |
---|
Grupo Galo | |
---|