Fabian Cancellara, nado o 18 de marzo de 1981 en Berna, é un ciclistasuízo de orixe italiana. Fíxose profesional con 19 anos de idade, salientando axiña como corredor de contra o reloxo. Co paso dos anos foise convertendo no máximo especialista mundial na loita contra o cronómetro.
Palmarés
O extenso palmarés de éxitos na carreira de Fabian Cancellara comezou pouco tempo despois de facerse profesional, aínda con 19 anos, acadando a medalla de prata na proba contra o reloxo dos mundiais de ciclismo sub-23 do ano 2000 celebrados na localidade francesa de Plouay. Os éxitos máis salientables da súa carreira son os seguintes:
Campionato do mundo de ciclismo contra o reloxo x4 (2006, 2007, 2009 e 2010).
Campionato de Suíza de ciclismo contra o reloxo x9 (2002, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2012, 2013, 2014).
Campionato de Suíza de ciclismo en ruta x2 (2009 e 2011).
Fabian Cancellara foi honrado en 2010 co premio Vélo d'or, que recoñece ó mellor ciclista do mundo. Nos anos 2007 e 2008 quedou na segunda posición, e en 2006 e 2009 na terceira.