FS Baix Maestrat

Benicarló Aeroport Castelló
NomeFútbol Sala Baix Maestrat
Alcume(s)Caduferos
Fundación1996
EstadioMunicipal de Benicarló
Benicarló, España España
Inauguración1998
Capacidade2.500
Presidenteespañol José Pascual Bernat
Adestradorespañol "Juanlu" Alonso
LigaDivisión de Honra (LNFS)
2009-1014º
VestimentaUhlsport
PatrocinadorAeroport Castelló
Na rede
http://www.benicarlofs.es/
Titular
Alternativo

O Fútbol Sala Baix Maestrat ou Benicarló Aeroport Castelló, por motivos de patrocinio, é un equipo español de fútbol sala da localidade de Benicarló, provincia de Castelló (Comunidade Valenciana). Actualmente compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS).

Funcouse en 1996 e dende a tempada 2004-2005 xoga na máxima categoría do fútbol sala español.

Historia

O Fútbol Sala Baix Maestrat fundouse en 1996 e comezou a xogar na Primera Nacional "A". Na tempada 1998-1999, o club de Castelló ascendeu á División de Prata.

Na tempada 2001-02, o Povet.com Benicarló rematou na primeira posición do grupo B da División de Prata, mais non puido certificar o seu ascenso á máxima categoría ao caer fronte ao Azkar Lugo FS. Ao ano seguinte, o club rematou do mesmo xeito que a tempada anterior, perdendo desta vez ante o Autos Lobelle de Santiago Fútbol Sala. Finalmente, na tempada 2003-2004 Benicarló finalizou primeiro do seu grupo e derrotou nos playoffs de ascenso o Albacete FS, confirmando a súa presenza na principal competición de fútbol sala. Ese mesmo ano, o club conseguiu a Copa Generalitat Valenciana, máximo trofeo autonómico, fronte ao Playas de Castellón FS.

No seu debut na máima categoría na tempada 2004-2005, Benicarló sorprendeu cun quinto posto na liga regular, clasificándose para os playoffs polo título. Na seguinte tempada, finalizou na décimo cuarta posición e estivo a piques de descender, aínda que finalmente logrou a permanencia.

A partir de 2006, as actuacións do equipo melloraron e na tempada 2006-2007 conseguiron un cuarto posto na liga regular e chegaron ata as semifinais nos playoffs, a súa mellor posición ata aquela. As súas participacións melloraron e converteuse durante tres anos nun dos favoritos para chegar á fase final. En 2008 non superaron os cuartos de final a pesar de ser terceros na liga regular, mentres que en 2009 finalizaron na quinta posición.

Coa crise económica e a falla de patrocinadores, o club tivo que traspasar os seus mellores xogadores e reducir o seu orzamento. Tras renovar o seu equipo, na tempada 2009-2010 finalizou na antepenúltima posición, salvándose novamente do descenso.

Cadro de persoal da tempada 2010-2011

Posto País Xogador
2 Á Chaguinha
3 Pivote España Joselito
4 Peche España A. Vadillo
5 Á Xapa
6 Á España Chicho
7 Pivote España Kike
Posto País Xogador
8 Á España Lolo
10 Á España Retamar
11 Á España Javi Alonso
12 Porteiro España Gus
15 Porteiro España Iván
18 Pivote España Gonzalo
  • Adestrador: Juan Luis "Juanlu" Alonso.

Palmarés

  • 1 Copa Generalitat Valenciana: 2002-2003

Véxase tamén

Ligazóns externas