O Club Deportivo Burela Fútbol Sala, coñecido por motivos de patrocinio como Burela Pescados Rubén, é un equipo galego de fútbol sala fundado en 2001 en Burela. Actualmente xoga na Primeira División.
Xogou cinco tempadas consecutivas na Primeira División entre 2012 e 2017, acadando na tempada 2013/14 un sétimo posto que lle permitiu xogar o play-off polo título, no que foi eliminado en cuartos de final.
Tamén ten un equipo feminino, o CD Burela FSF, que xoga na máxima categoría.
Historia
O conxunto laranxa xurdiu en setembro de 2001 en Burela froito do xerme do antigo equipo da localidade, o Cefire Burela FS, trasladado á localidade veciña de Viveiro tras o seu paso pola División de honra na tempada 1999/00.
Iniciou a súa andaina en Primeira Nacional B pero nas súas dúas primeiras tempadas de existencia conseguiría dous ascensos consecutivos que o colocarían na División de Prata. En devandita categoría xogaría ata sete veces a promoción de ascenso a Primeira División, categoría na que debutou na tempada 2012/13. Militou cinco tempadas na elite do fútbol sala española ata que descendeu na 2016/17. Con todo, regresou a Primeira só dous anos despois, co ex xogador Juanma Marrube como adestrador..