A tempada 2006-07 da División de Honra da LNFS foi a 18ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 16 de setembro de 2006 e rematou o 23 de xuño de 2007 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o terceiro título de liga na historia desta competición a prol do ElPozo Murcia Turística.
A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 16 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 30 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. A eliminatoria de cuartos de final foi ó mellor de 3 encontros, mentres que as semifinais e a final foron a ida e volta.
Tempada regular
|
Pts = Puntos; Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; E = Encontros empatados; P = Encontros perdidos; G+ = Goles a prol; G- = Goles encaixados; Dif = Diferenza de goles
|
Clasificado para a fase final polo título
|
|
Promoción de descenso
|
|
Descendido á División de Prata
|
|
(C) Campión
|
(D) Descendido
|
|
|
Eliminatorias polo título
O ElPozo Murcia Turística proclamouse campión desta edición 2006-07 da División de Honra da LNFS.
Véxase tamén
Ligazóns externas