División de Honra da LNFS 1998-99

A tempada 1998-99 da División de Honra da LNFS foi a 10ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 12 de setembro de 1998 e rematou o 20 de xuño de 1999 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o primeiro título de liga na historia desta competición a prol do Caja Segovia FS.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 18 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 34 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias de cuartos de final e semifinais foron ó mellor de 3 encontros, mentres que a final foi ó mellor de 5 encontros.

Tempada regular

Eliminatorias polo título

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 Playas de Castellón  2
  8 Rías Baixas FS Galicia  0  
  1 Playas de Castellón  0
    5 Industrias García  2  
  4 Boomerang Interviú  0
  5 Industrias García  2  
  5 Industrias García  0
    3 Caja Segovia FS  3
  2 CLM Talavera  2
  7 Miró Martorell  0  
  2 CLM Talavera  1
    3 Caja Segovia FS  2  
  3 Caja Segovia FS  2
  6 ElPozo Murcia  0  


O Caja Segovia FS proclamouse campión desta edición 1998-99 da División de Honra da LNFS.

Véxase tamén

Ligazóns externas