Era «un excelente escultor e artista, sobre todo na talla en madeira»[Cómpre referencia]. Foi castigado a 15 anos de cárcere por organizar durante o seu servizo militar unha revolta contra os oficiais da armada española, e a outros tantos por solidarizarse cos mineiros asturianos en 1934.
É coñecido por ser o creador do anagrama "Bietan jarrai", o machado, que representa a forza, e a serpe, símbolo do sixilo. Na década dos 60 coñeceu e axudou a membros de ETA. O citado anagrama foi posteriormente utilizado por esta organización.