Eugenio Espinosa de los Monteros

Modelo:BiografíaEugenio Espinosa de los Monteros

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Eugenio Espinosa de los Monteros y Bermejillo Editar o valor en Wikidata
28 de outubro de 1880 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 1953 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Capitán Xeneral da VI Rexión Militar
23 de xaneiro de 1942 – 23 de xuño de 1942
← José López-Pinto BerizoJoaquín García Pallasar →
Capitán Xeneral das Illas Baleares
18 de outubro de 1941 – 25 de xaneiro de 1942
← Juan Bautista Sánchez González (en) TraducirJuan Bautista Sánchez González (en) Traducir →
Embaixador de España no Reich alemán
xullo de 1940 – setembro de 1941
← Antonio MagazJosé Finat y Escrivá de Romaní →
Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar
20 de outubro de 1939 – 18 de xullo de 1940
← Enrique Cánovas Lacruz (en) TraducirLuis Soláns Labedán (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático, militar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría del Carmen Dato Barrenechea (1904–1938) Editar o valor en Wikidata
PaiCarlos Espinosa de los Monteros y Sagaseta de Ilurdoz Editar o valor en Wikidata
IrmánsFernando Espinosa de los Monteros y Bermejillo
Carlos Espinosa de los Monteros y Bermejillo Editar o valor en Wikidata
ParentesEduardo Dato Iradier, sogro
Carlos Espinosa de los Monteros y Bernaldo de Quirós, sobriño neto
Iván Espinosa de los Monteros Editar o valor en Wikidata
Premios

Eugenio Espinosa de los Monteros e Bermejillo, nado en Madrid o 28 de outubro de 1880[1] e finado na mesma cidade o 16 de febreiro de 1954, foi un militar e diplomático español. Oficial de Estado Maior, chegou a dirixir a Escola Superior de Guerra de Madrid en varias ocasións. Tras o golpe de estado e o posterior estalido da Guerra civil española fuxiu á zona sublevada, onde ocupou diversos postos políticos e militares. As forzas ao seu mando foron as primeiras en entrar en Madrid, ao final da contenda. Durante a Segunda Guerra Mundial foi embaixador en Alemaña, cargo que ocupou entre 1940 e 1941.[2]

Traxectoria

Primeiros anos e carreira militar

Naceu no seo dunha familia de tradición miliitar pois era fillo do militar e embaixador Carlos Espinosa de los Monteros e Sagaseta de Ilurdoz e da aristócrata María de los Dolores Bermejillo e García-Menocal e foi o irmán menor de Carlos Espinosa de los Monteros e Bermejillo

Durante a súa mocidade viviu e estudou en Viena, onde o seu pai estivo destinado como agregado militar[3] e alí aprendeu alemán.[3] En 1894 ingresou na Academia de Infantaría,[4] da que saíu licenciado con 15 anos; partiu xunto co seu irmán maior Carlos cara a Cuba, onde participaron en diversos combates e nos que que conseguiron diversos recoñecementos ao seu valor. Realizou estudos de Estado Maior, pasando a formar parte do Corpo de Estado Maior.[5]

Posteriormente, foi nomeado xentilhome de cámara con exercicio do rei Alfonso XIII.[6]

Eugenio Espinosa de los Monteros en 1904, o día da súa voda con María del Carmen Dato e Barrenechea, filla do político Eduardo Dato.

En novembro de 1904, contraeu matrimonio en Madrid na capela do asilo do Corazón de Jesús con María del Carmen Dato e Barrenechea, 3ª duquesa de Dato, unha das fillas do varias veces presidente do Consello de Ministros Eduardo Dato,[6] con quen tivo descendencia.

Chegou a ser secretario e conselleiro da Compañía dos Ferrocarrís de Madrid a Zaragoza e Alacant (MZA).[7]

Despois da proclamación da Segunda República, ascendeu ao rango de xeneral de brigada o 5 de marzo de 1934.[8] Foi xefe do Estado Maior da III Inspección do Exército. O 13 de xuño de 1935 foi nomeado xefe da Escola Superior de Guerra, cargo que seguía ocupando até o comezo da Guerra civil.[5][9]

Guerra civil e represión no Madrid da posguerra

Ao producirse o golpe de xullo de 1936 atopábase en Madrid e refuxiouse na Embaixada de Francia,[10] de onde conseguiu ser evacuado e se trasladou á zona sublevada onde ostentou diversos cargos. Así, no primeiro goberno de Franco, o 8 de febreiro de 1938, foi nomeado subsecretario de Asuntos Exteriores onde estaba ás ordes do xeneral Francisco Gómez-Jordana.[11] Por mor do seu posto como subsecretario ocupou un posto na Xunta de Relacións Culturais do Ministerio.[12] Liderou xunto con Joaquín Rodríguez de Gortázar a comitiva española que acudiu ao Congreso de Núremberg na Alemaña nazi de 1938.[13] Foi cesado como subsecretario de Exteriores en marzo de 1939.[14]

En febreiro de 1939, foi nomeado comandante do I Corpo de Exército franquista,[15] cuxas forzas asediaban a capital de España, e ao mes seguinte cesou como subsecretario de Exteriores. Coincidindo co final da contenda, o 29 de marzo dese ano as súas tropas foron as primeiras que ocuparon Madrid.[16][17] Posteriormente desempeñou os cargos de gobernador militar de Madrid[18] e de director da Escola Superior de Guerra. O 11 de outubro de 1939 foi nomeado xefe da VIII Rexión Militar, con sede na Coruña.

Entre abril e agosto de 1939, como comandante do I Corpo de Exército franquista e primeiro gobernador militar, organizou a represión e numerosos fusilamentos en Madrid. Non hai probas de que interviñese na condena á morte das 13 rosas, que fora ditaminada polo Consello Permanente de Guerra número 9, o 3 de agosto de 1939, dous días antes do fusilamento. Este tribunal militar estaba formado polo coronel de infantaría Cerdeño Gurdich como presidente do consello de guerra, polos capitáns Sigüenza Prata e Ruiz Feingenspan e o tenente Sarte Julia como vogais e polo capitán García Marco como vogal relator.[19]

Embaixador en Alemaña

Comitiva española en Berlín, 1940. Xunto a Serrano Suñer e Himmler aparece Espinosa de los Monteros (segundo pola dereita).

En xullo de 1940 foi nomeado embaixador de España na Alemaña nazi,[20] en virtude ás súas simpatías pronazis xa que falaba alemán.[21] Espinosa de los Monteros substituía no cargo ao almirante Antonio Magaz, que chegara a manter algunha aversión cara ao nazismo.[22] No entanto, desde moi pronto empezou a haber conflitos. Cando en setembro Ramón Serrano Suñer foi en viaxe oficial a Berlín, nin sequera se reuniu con Espinosa de los Monteros e mantívoo afastado mentres tiveron lugar os encontros cos funcionarios nazis.[23] Uns meses despois, en novembro, volveu repetirse esta situación.[24] Os propios diplomáticos alemáns tampouco mostraron moito interese en reunírense con Espinosa de los Monteros.[23]

En decembro de 1940, Espinosa de los Monteros tentou dimitir como embaixador, sen éxito.[25] Polo seu cargo como embaixador en Alemaña, formou parte do séquito que acompañou a Franco a Hendaia en ocasión da súa entrevista con Hitler en outubro de 1940,[26] aínda que non estivo presente nas conversacións entre ámbolos dous mandatarios. Segundo as memorias de Heinz Linge, xefe de protocolo e axudante persoal de Adolf Hitler, foi Espinosa de los Monteros quen, pese ao inicial interese de Francisco Franco por entrar na Segunda Guerra Mundial, desaconsellou a proposta, gañándose con iso a inimizade do réxime nazi. Con todo, debido ás fortes desavinzas con Serrano Suñer, a mediados de 1941 acabaría sendo substituído como embaixador por José Finat.[27][28]

Carreira posterior

O 13 de agosto de 1941, foi nomeado capitán xeral de Baleares e, posteriormente, en xaneiro de 1942, capitán xeneral de VI Rexión Militar, con sede en Burgos. Rumoreouse entón que estaba implicado nunha conspiración golpista contra Franco.[29] A finais de marzo o xeneral Espinosa de los Monteros, durante a súa toma de posesión da capitanía xeral de Burgos lanzou unha dura crítica contra Serrano Suñer —chamouno traidor[30] aínda que sen nomealo directamente— ao rememorar a súa etapa de embaixador de España en Berlín:

Iniciouse para mí un período cheo de amargura, provocada pola deslealdade e a ambición sen límites de quen, sendo o meu superior xerárquico, procuraba en todo momento asfixiarme no ambiente maquiavélico que constitúe a norma das súas actividades.[31]

O xeneral Franco reaccionou destituíndo fulminantemente a Espinosa de los Monteros, aínda que para compensar —«seguindo a norma que adoptaba sempre que se producían conflitos no seo do bloque hexemónico, a saber, castigando aos dous bandos en liza»— tamén destituíu ao secretario de Serrano Suñer e entón xefe do Servizo Exterior de Falange, Ximénez de Sandoval.[32] Espinosa de los Monteros non volveu ocupar ningún posto durante os seguintes anos.

Entre o 11 de outubro de 1945 até o 29 de outubro de 1946, Espinosa de los Monteros formou parte do Consello Supremo de Xustiza Militar (CSJM), data en que pasou á reserva por cumprir a idade regulamentaria.

Faleceu en Madrid o 16 de febreiro de 1954.[nota 1]

Notas

  1. Malia que algunhas fontes sinalan que faleceu no 1953.
Referencias
  1. Núñez Calvo, 2004, p. 292
  2. Bringmann 2001, p. 398.
  3. 3,0 3,1 Bowen 2000, p. 88.
  4. Núñez Calvo, 2004, p. 292.
  5. 5,0 5,1 Cabanellas 1975, p. 1200.
  6. 6,0 6,1 Atienza 1963, p. 5
  7. López Morell, 2005, p. 442
  8. Merino 1985, p. 272.
  9. Ortiz Villalba, 2005, p. 144
  10. Thomas, 1976, p. 980
  11. Escudero, 1994, p. 30
  12. Delgado Gómez-Escalonilla, 2012, p. 85n
  13. Bowen 2009, p. 264.
  14. Escudero, 1994, p. 30
  15. Montoliú, 2000, p. 20
  16. Thomas, 1976, p. 980.
  17. García Pérez, 1994, p. 165
  18. García Pérez, 1994, p. 165
  19. Redacción (14 de agosto de 2019). "No, Eugenio Espinosa de los Monteros no es el abuelo del político de Vox, no firmó el fusilamiento de las Trece Rosas y no hay pruebas de que lo ordenase". maldita.es (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2024. 
  20. Tusell (1990), p. 597
  21. Bowen 2006, p. 29.
  22. Payne 1987, p. 270.
  23. 23,0 23,1 Bowen 2006, p. 34.
  24. Bowen 2006, p. 37.
  25. Payne 2008, p. 106.
  26. Caballero, Nacho (29 de decembro de 2018 [actualizado o 27 de xaneiro de 2020]). "De embajador con Hitler a líder de Vox: la saga Espinosa de los Monteros". elplural.com (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2024. 
  27. Bowen, 2006, p. 46
  28. Payne, 2008, p. 160.
  29. Preston 1995, p. 92.
  30. Tusell (1990), p. 602
  31. Heine (1983), p. 257
  32. Heine (1983), p. 257

Véxase tamén

Bibliografía

Read other articles:

Terminal Cikampek merupakan terminal penumpang tipe A dan merupakan terminal induk yang terletak di Jalan Raya Terminal, Kelurahan Cikampek Kota, Kecamatan Cikampek, Kabupaten Karawang. Terminal Cikampek mempunyai lokasi yang strategis, karena berada di di akses Jalan Nasional I atau Jalan Pantura serta berada pada perlintasan posisi segitiga Purwasuka (Purwakarta, Subang dan Karawang).Terminal ini terletak tepat di utara Pasar Pemda Cikampek I dan terletak ± 850 meter di tenggara Stasiun Ci...

 

Ximena Rincón Ximena Rincón como senadora en 2022. Presidenta del Senado de Chile 25 de agosto de 2021-11 de marzo de 2022Predecesora Yasna ProvosteSucesor Álvaro Elizalde Senadora de la República de Chilepor la Circunscripción 9, Región del Maule Actualmente en el cargo Desde el 11 de marzo de 2018Predecesor Creación de la circunscripción Ministra del Trabajo y Previsión Social de Chile 11 de mayo de 2015-18 de noviembre de 2016Presidente Michelle BacheletPredecesora Javiera BlancoS...

 

Japanese manga The Devil's SecretCover of the English language edition.アクマのひみつ(Akuma no Himitsu)GenreYaoi MangaWritten byHinako TakanagaPublished byLibre PublishingEnglish publisherNA: 801 MediaMagazineBe × Boy GoldPublishedMay 10, 2007 The Devil's Secret (アクマのひみつ, Akuma no Himitsu) is a Boys Love manga by the Japanese manga artist Hinako Takanaga, who also authored Little Butterfly, Challengers and The Tyrant Falls in Love. It is licensed in English...

This article is about the city. For the 1942 Italian film, see Bengasi (film). For the 1955 American film, see Bengazi (film). For the 2012 attack on U.S. diplomats, see 2012 Benghazi attack. It has been suggested that this article should be split into a new article titled Benghazi District. (discuss) (December 2023) This article needs to be updated. Please help update this article to reflect recent events or newly available information. (October 2015) City in Cyrenaica, LibyaBenghazi بنغ�...

 

Town in New South Wales, AustraliaWarragambaNew South WalesWarragambaCoordinates33°53′30″S 150°36′12″E / 33.89167°S 150.60333°E / -33.89167; 150.60333Population1,241 (2016 census)[1]Postcode(s)2752Elevation178 m (584 ft)Location69 km (43 mi) W of SydneyLGA(s)Wollondilly ShireState electorate(s)WollondillyFederal division(s)Hume Localities around Warragamba: Megalong Valley Megalong Valley Wallacia Megalong Valley Warragamba...

 

Coordinate: 59°56′56.64″N 10°51′33.02″E / 59.949067°N 10.859172°E59.949067; 10.859172 Questa voce sugli argomenti nazismo e seconda guerra mondiale è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti dei progetti di riferimento 1, 2. Il campo di concentramento di Bredtvet, presso Oslo, era un lager istituito durante l'occupazione nazista della Norvegia. Come il campo di concentramento di Falstad, era stato p...

For the defunct minor league baseball team, see Hamilton Cardinals (minor league baseball). Canadian collegiate baseball team Hamilton CardinalsInformationLeagueIntercounty Baseball LeagueLocationHamilton, OntarioBallparkBernie Arbour Memorial StadiumFounded1958League championships1 1978 Former name(s) Hamilton Cardinals (2012–present) (1975-2004) (1960-1961) Hamilton Thunderbirds (2005-2011) Hamilton Real McCoys (1973-1974) Hamilton Marlins (1970-1972) Hamilton Red Wings (1966-1969) Hamilt...

 

Stadio Luigi FerrarisMarassi Informazioni generaliStato Italia UbicazioneVia Giovanni de Prà, 1 Genova GE Inizio lavori1910 Inaugurazione22 gennaio 1911 Ristrutturazione1987-89, 2015, 2018 ProprietarioGenova GestoreLuigi Ferraris Srl ProgettoVittorio Gregotti (1987-89) Intitolato aLuigi Ferraris Informazioni tecnichePosti a sedere33.205 StrutturaPianta quadrata Coperturatotale Mat. del terrenoerba ibrida Dim. del terreno105 × 68 m Uso e beneficiariCalcioGenoa (1911-)Sampdoria (194...

 

Chinese plucked string instrument A ruan as seen from the front RuanChinese阮TranscriptionsStandard MandarinHanyu PinyinruǎnYue: CantoneseJyutpingjyun5Alternative Chinese nameChinese阮咸TranscriptionsStandard MandarinHanyu PinyinruǎnxiánSecond alternative Chinese nameChinese阮琴TranscriptionsStandard MandarinHanyu Pinyinruǎnqín The ruan (Chinese: 阮; pinyin: ruǎn) is a traditional Chinese plucked string instrument. It is a lute with a fretted neck, a circular body, and fou...

Kauffenheimcomune Kauffenheim – Veduta LocalizzazioneStato Francia RegioneGrand Est Dipartimento Basso Reno ArrondissementHaguenau CantoneBischwiller AmministrazioneSindacoRémi Bubel TerritorioCoordinate48°51′N 8°02′E / 48.85°N 8.033333°E48.85; 8.033333 (Kauffenheim)Coordinate: 48°51′N 8°02′E / 48.85°N 8.033333°E48.85; 8.033333 (Kauffenheim) Superficie2,24 km² Abitanti212[1] (2020) Densità94,64 ab./km² Altre info...

 

此條目可参照英語維基百科相應條目来扩充。 (2021年5月6日)若您熟悉来源语言和主题,请协助参考外语维基百科扩充条目。请勿直接提交机械翻译,也不要翻译不可靠、低品质内容。依版权协议,译文需在编辑摘要注明来源,或于讨论页顶部标记{{Translated page}}标签。 约翰斯顿环礁Kalama Atoll 美國本土外小島嶼 Johnston Atoll 旗幟颂歌:《星條旗》The Star-Spangled Banner約翰斯頓環礁�...

 

American basketball player This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (December 2014) (Learn how and when to remove this message) Fatty TaylorPersonal informationBorn(1946-03-13)March 13, 1946Washington, D.C.DiedDecember 7, 2017(2017-12-07) (aged 71)Denver, ColoradoNationalityAmericanListed height6 ft 0 in (1.83 m)Listed weight175 ...

Stasiun Akagi赤木駅Akagi Station pada June 2008LokasiNishi-Haruchika-Akagi, Ina-shi, Nagano-ken 399-443 JepangKoordinat35°46′38″N 137°56′38″E / 35.7773°N 137.9439°E / 35.7773; 137.9439Koordinat: 35°46′38″N 137°56′38″E / 35.7773°N 137.9439°E / 35.7773; 137.9439Ketinggian637 meter[1]Operator JR CentralJalur Jalur IidaLetak170.4 km dari ToyohashiJumlah peron1 peron sisiSejarahDibuka27 Desember 1913PenumpangFY...

 

Otto MessmerLahirOtto James Messmer(1892-08-16)16 Agustus 1892Union City, New Jersey, ASMeninggal28 Oktober 1983(1983-10-28) (umur 91)Fort Lee, New Jersey, ASSuami/istriAnn Messmer Felix the Cat, Karya terkenal Messmer Otto James Messmer (16 Agustus 1892 – 28 Oktober 1983) adalah seorang animator asal Amerika Serikat. Ia dikenal atas karyanya pada strip komik dan kartun Felix the Cat yang diproduksi oleh studio Pat Sullivan. Referensi Mavromatis, Kally; Felix the Cat –...

 

Canggah imigran Jepang-Brasil (Nipo-brasileiros) akan disebut Gosei. Gosei (五世, Generasi kelima) adalah sebuah istilah diaspora Jepang yang dipakai di berbagai negara, terutama Amerika Utara dan Amerika Latin, untuk menyebut canggah para imigran Jepang (Issei). Anak-anak Issei adalah Nisei (generasi kedua). Sansei adalah generasi ketiga, dan keturunan mereka adalah Yonsei.[1] Anak dari setidaknya satu orang tua Yonsei disebut Gosei.[2] Karakter dan keunikan Gosei diakui da...

Part of a series onForced labour and slavery Contemporary Child labour Child soldiers Conscription Debt Forced marriage Bride buying Child marriage Wife selling Forced prostitution Human trafficking Peonage Penal labour Contemporary Africa 21st-century jihadism Sexual slavery Wage slavery Historical Antiquity Egypt Babylonia Greece Rome Medieval Europe Ancillae Black Sea slave trade Byzantine Empire Kholop Prague slave trade Serfs History In Russia Emancipation Thrall Venetian slave trade Ba...

 

مترو هونغ كونغالشعارمعلومات عامةالبداية 1 أكتوبر 1979 الاسم الرسمي Mass Transit Railway (بالإنجليزية) 港鐵 (بالصينية تقليدية) البلد الصين (1997 – ) تقع في التقسيم الإداري هونغ كونغ المكان هونغ كونغ الإحداثيات 22°16′42″N 114°09′31″E / 22.278333°N 114.158611°E / 22.278333; 114.158611 المالك MTR Corporation Limit...

 

Shinto shrine in Hiroshima Prefecture, Japan Itsukushima Shinto ShrineUNESCO World Heritage SiteThe torii of Itsukushima Shrine, the site's most recognizable landmark, appears to float in the water.LocationItsukushima, JapanCriteriaCultural: i, ii, iv, viReference776Inscription1996 (20th Session)Area431.2 haBuffer zone2,634.3 haWebsitewww.en.itsukushimajinja.jpCoordinates34°17′45″N 132°19′11″E / 34.29583°N 132.31972°E / 34.29583; 132.31972Japanese name...

Der Titel dieses Artikels ist mehrdeutig. Weitere Bedeutungen sind unter Kenia (Begriffsklärung) aufgeführt. Republik Kenia Jamhuri ya Kenya (Swahili)Republic of Kenya (englisch) Flagge Wappen Wahlspruch: Harambee(Kiswahili, „Lasst uns zusammenarbeiten“) Amtssprache Swahili und Englisch Hauptstadt Nairobi Staats- und Regierungsform präsidentielle Republik Staatsoberhaupt, zugleich Regierungschef Präsident William Ruto Parlament(e) Nationalversammlung und Senat Fläche 580.367[1&#...

 

Suburb of Canberra, Australia WatsonCanberra, Australian Capital TerritoryWatson shopsWatsonCoordinates35°14′18″S 149°09′12″E / 35.23833°S 149.15333°E / -35.23833; 149.15333Population6,727 (SAL 2021)[1]Established1960Postcode(s)2602Elevation591 m (1,939 ft)Area3.7 km2 (1.4 sq mi)Location 7 km (4 mi) NNE of Canberra CBD 27 km (17 mi) NNW of Queanbeyan 84 km (52 mi) SW of Goulburn 281 k...