Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Estevo Nemanjić (en serbio latinoStefan Nemanjić, en serbio cirílico Стефан I Немањић), coñecido tamén como Estevo I Nemanjić, Estevo II Nemanjić e Stefan Prvovenčani (Estevoo Primeiro Coroado) na historiografía en galego ou Stefan (I ou II) Nemanjić),[1][2] nado en 1165 e falecido en 1228, coñecido como o gobernante do Estado serbio de Raška que logrou promover este principado á condición de reino.
Biografía
Estevo o Primeiro Coroado foi o segundo fillo do Gran Župan (Gran Príncipe) Estevo Nemanja, irmán máis novo de Vukan, que gobernaba o Principado de Zeta e irmán máis vello de Rastko Nemanjić, coñecido despois como San Sava, que foi o fundador da Igrexa Ortodoxa Serbia independente. Heredou o título de Gran Župan en 1196, cando o seu pai abdicou para se facer monxe.[3]
O seu reinado comezou cunha loita contra seu irmán Vukan, que o expulsou de Serbia co apoio do Reino de Hungría. Estevo aliouse co rei Kaloyan de Bulgaria, que puxo á súa disposición un exército de cumáns a cambio de territorios do leste de Serbia. A crise terminou cando Sava negociou unha paz entre os seus dous irmáns e Estevo recuperou o seu poder.
Dado que a curia serbia tiña ambicións para estender a súa influencia nos Balcáns, Estevo usou estas circunstancias propicias para obter a súa coroa real, converténdose así no primeiro rei serbio. En Bizancio, o seu irmán Sava conseguiu asegurar a posición autocéfala para a Igrexa serbia, obtendo un arcebispado de Manuel I, Patriarca de Constantinopla, co se converteu no primeiro arcebispo ortodoxo serbio. Así, os serbios adquiriron ambas as formas de independencia: temporal e relixiosa.
Foi coroado en 1217 polo papa Honorio III, sendo o seu título completo "Rei das terras de Raška, Duklja, Travunia, Dalmacia e Zachlumia", aínda que a versión máis curta foi "Rei dos serbios", elevando o estado á categoría de reino independente, recoñecido internacionalmente. Cando recibiu o título de rei adoptou o nome de Estevo II Nemanjić,[4] aínda que tamén é coñecido como Estevo Prvovenčani (o Primeiro Coroado), como primeiro monarca da dinastía.
Segundo o historiador Nicetas Choniates, Estevo e Eudocia tiveron unha difícil relación e sepáraronse, acusándose mutuamente de adulterio, despois de teren tres fillos. Volveu casar en 1207 ou 1208 con Ana Dandolo, neta do Dux de VeneciaEnrico Dandolo, coa que tivo un fillo e unha filla.
A Estevo II sucerérno, sucesoivamente, tres dos seus fillos: Radoslav (Estevo III), Vladislav e Uros Nemanjić, que marcaron un período de estancamento da estrutura do estado.
Radoslav (1228-1233) desempeñou un reinado carente de acontecementos importantes, sendo tutelado politicamente polo Despotado de Epiro;[5] o seu medio irmán (1233-1243) aproveitou a impopularidade de Radoslav para derrocalo e instaurar un goberno moi influído polo Segundo Imperio búlgaro, cuxo emperador Iván Asen II de Bulgaria era o seu sogro.[6]
O terceiro fillo de Estevo II Prvovenčani que accedeu ao trono foi Estevo Uroš I (1243–1276), que tamén derrocou ao seu irmán aproveitando a debilidade de Bulgaria, o seu principal apoio. Ademais, beneficiouse do declive dos búlgaros en Epiro para intentar expandir os seus territorios, alcanzando os seus confíns a Dubrovnik e Hungría
↑A vacilación no numeral débese a un respecto cara ao seu pai, Estevo Nemanja, fundador da dinastía Nemanjević (coñecida na historiografía serbia como Sacrosanta dinastía Nemanjević) e pai do primeiro gran Estado serbio, aínda que, na historiografía, seu pai sempre se cita como Estevo Nemanja.