A estación de Bobadilla é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Bobadilla, no municipio de Antequera, na provincia de Málaga, comunidade autónoma de Andalucía. É un importante nó ferroviario da rede no que conflúen tres trazados. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe. Cumpre tamén funcións loxísticas.
A súa estación homóloga para servizos de alta velocidade é a estación de Antequera-Santa Ana.
Situación ferroviaria
Debido á súa situación xeográfica en pleno corazón de Andalucía a estación foi paso durante moito tempo paso obrigado das conexións cara á Costa do Sol, cara ao centro peninsular vía Córdoba e dos enlaces transversais entre o oeste e o leste de Andalucía. Máis concretamente Bobadilla forma parte das seguintes liñas férreas de ancho ibérico:
Todos os trazados son de vía única sen electrificar a excepción do que une Córdoba con Málaga que si dispón de electrificación.
Servizos
Longa distancia
Nesta estación efectuaban parada, ata a súa supresión, os Alaris que unían Barcelona con Málaga e o tren Estrella Málaga-Bilbao, que nos seus últimos anos circulaba principalmente en época festiva. Actualmente esas relacións cóbrenas trens que circulan polas liñas de alta velocidade.
O tráfico ferroviario de viaxeiros da estación fórmano os trens de media distancia. Bobadilla permite conexións directas con Sevilla, Málaga, Granada e Alxeciras. Ata o verán de 2013 tamén estaba enlazada con Córdoba vía Puente Genil, ata que a liña foi suprimida. A frecuencia dos trens é relativamente alta, especialmente entre Sevilla e Málaga.
Servizos de Media Distancia
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas