A metade dos anos noventa, Renfe necesitaba substituír os antigos Talgo III que levaban máis de 30 anos en servizo. Renfe buscaba un novo automotor para poder circular polas liñas electrificadas a velocidades de 200–220 km/h.
Logo dun concurso para o material coñecido como Intercity 2000, no que o consorcio GEC-Alsthom-FIAT Ferroviaria Spa gañou, Renfe encargou a fabricación de 10 electrotrenes basculantes da serie 490, moi parecidos aos ETR 460 de Trenitalia, e ao Cisalpino (ETR 470).
As unidades comezáronse a utilizar para un novo servizo entre Valencia e Madrid vía Albacete, de alta velocidade, alta calidade e confort. Os trens chamáronse nun principio Intercity 2000 pero o nome non tivo boa acollida por parte do equipo de mercadotecnia de Renfe, por iso cambiouse por Alaris (unha marca comercial rexistrada por Renfe Operadora) e modificouse o esquema de pintura.
No ano 2008 empregáronse unidades da serie 120, e desde 2009 empréganse, indistintamente, unidades S130 e S490.
En verán de 2013, Renfe detectou problemas na Serie 490 que afectaba aos bogies. Un problema similar, que se achacou á fatiga do material, afectou aos trens 4000 usado por Comboios de Portugal. Aínda que a compañía lusa optou por reparar o material, no caso de Renfe retirouse e substituíu por outro material rodante. Paulatinamente os servizos Alaris foron desaparecendo como tal en favor de servizos Intercity.
Servizos
Os trens Alaris cubriron os seguintes percorridos: