Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Escuadro.
Escuadro é unha aldea da parroquia de Castro de Escuadro, situada no concello ourensán de Maceda. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2012 tiña 27 habitantes (16 homes e 11 mulleres).
Áchase na serra de San Mamede e preto do Santuario dos Milagros do Medo. A súa festa celébrase o día 13 de xuño, día de santo Antón. Anteriormente tamén se celebraba a festa de santa Eulalia pero co paso do tempo deixouse de festexar. Os poucos habitantes de Escuadro viven das terras e dos animais, pero a maioría da xente nada en Escuadro emigrou ao País Vasco, Madrid e Cataluña, e volven á terra no verán.
Lugares e parroquias
Lugares de Castro de Escuadro
Parroquias de Maceda
Notas