Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Pías.
Pías é un lugar da parroquia de Castro de Escuadro no concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2012 tiña 28 habitantes (once homes e dezasete mulleres).
Patrimonio
Na capela de San Pedro hai dúas aras romanas. Unha delas foi reaproveitada na espadana do campanario, e foi adicada por Flavio Flaviano á divindade galaico-romana Torolo Combiciego, co texto TOROLO/COMBIC/IEGO FLA/VIVS FLA/VIANVS/VSLM. A outra, sen inscricións, serve como pé da pía bautismal.[3].
Lugares e parroquias
Lugares de Castro de Escuadro
Parroquias de Maceda
Notas