O Erika foi un petroleiromaltés de bandeira de conveniencia construído no Xapón en 1975, propiedade da empresa Tevere Shipping e xestionado por Panship Management and Services Srl. O 12 de decembro de 1999 o petroleiro afundiuse nunha tormenta, partindo en dous e provocando unha marea negra nas costas da Bretaña. No momento do incidente foi fretado por TTC (Total Transport Corporation)[1]
Historia
En decembro de 1999 transportaba 30 000 toneladas de fueloil pesado desde Dunkerque a Livorno (Italia), adquirido pola empresa eléctrica italiana Enel a Total Bermuda, que á súa vez o comprara a Total-Fina-Elf. En plena travesía do Cantábrico e cunha forza de mar de 8 a 10, o barco (que tiña todos os permisos en regra) rompeu en dous por un defecto estrutural e o desgaste normal nun barco da súa antigüidade (25 anos), provocando unha catástrofe ecolóxica en forma de marea negra na costa bretoa.
En xaneiro de 2007 o tribunal correccional de París ditou unha sentenza condenando a Total, o armador, o xerente do petroleiro e a empresa de certificación italiana Rina (responsable das inspeccións técnicas do buque) a pagar colectivamente 192 millóns de euros de indemnización ás vítimas da marea negra. A mesma sentenza absolve ao capitán, e aos axentes do servizo de salvamento que foron acusados de neglixencia.
A sentenza é histórica porque establece en Francia por primeira vez o concepto de "dano ecolóxico". Finalmente non houbo sentenza para o capitán indio das cortes francesas.
O desastre levou á adopción de medidas na Unión Europea para mellorar a seguridade dos buques e a protección ambiental, incluíndo a prohibición de petroleiros monocasco e buques en mal estado. O naufraxio do Prestige provocou a aceleración da aplicación da normativa chamada paquete Erika.[2]
Notas
↑"FIDAC; Mapa". www.iopcfunds.org. Consultado o 2022-07-06.