Ergocalciferol

Ergocalciferol
Fórmula esquelética do ergocalciferol
Modelo de bolas e paus da molécula de ergocalciferol
Identificadores
Número CAS 50-14-6
PubChem 5280793
ChemSpider 4444351
UNII VS041H42XC
DrugBank DB00153
KEGG C05441
ChEBI CHEBI:28934
ChEMBL CHEMBL1536
Código ATC A11CC01
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C28H44O
Masa molar 396,65 g mol−1
Punto de fusión 114-118
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O ergocalciferol, tamén chamado vitamina D2, é un tipo de vitamina D que se encontra nos alimentos e se utiliza como suplemento dietético.[1] Como suplemento utilízase para previr e tratar a deficiencia de vitamina D.[2] Isto inclúe a deficiencia de vitamina D debida a mala absorción intestinal ou enfermidades hepáticas.[3] Tamén pode usarse en casos de hipocalcemia debida a hipoparatiroidismo.[3] Utilízase por vía oral ou inxección intramuscular.[2][3]

Doses excesivas deste composto poden causar un incremento na produción de urina, presión arterial alta, cálculos renais, insuficiencia renal, debilidade e estrinximento.[4] Se se toman altas doses durante un tempo prolongado pode haber calcificación tisular.[3] Recoméndase que as persoas que toman doses altas fagan revisións do seu nivel de calcio sanguíneo regularmente.[2] A doses normais o uso de ergocalciferol é seguro durante o embarazo.[5] Funciona incrementando a cantidadede calcio absorbido polos intestinos e riles.[4] Entre os alimentos nos que se encontra están algúns cogomelos.[6]

O ergocalciferol foi descrito por primeira vez en 1936.[7] Está na Lista de medicinas esenciais da Organización Mundial da Saúde, que son as medicinas máis efectivas e seguras necesarias para o funcionamento básico dun sistema sanitario.[8] O ergocalciferol está dispoñible como medicamento xenérico e sen receita e é moi utilizado.[4] Por exemplo, en 2016 nos Estados Unidos foi a 56ª medicina máis prescrita polos médicos, con máis de 14 millóns de prescricións.[9] Nalgúns países a certos alimentos, como os cereais para o almorzo e a margarina, se lles engade ergocalciferol.[10][11]

Uso

Suplementos de vitamina D2

O ergocalciferol pode utilizarse como suplemento dietético de vitamina D, mentres que o colecalciferol (vitamina D3) prodúcese de forma natural na pel cando se expón á luz ultravioleta.[12] O ergocalciferol (D2) e o colecalciferol (D3) son considerados equivalentes para a produción de vitamina D, xa que en moitos estudos ambas as formas parecen ter unha eficacia similar no melloramento do raquitismo[13] e na redución da incidencia das caídas en pacientes anciáns.[14] Porén, existen informes contraditorios sobre a efectividade relativa, xa que algúns estudos suxiren que o ergocalciferol ten menos eficacia baseándose en que a súa absorción e afinidade de unión son limitadas, e á súa inactivación.[15] Unha metaanálie chegou á conclusión de que as evidencias xeralmente están a favor do colecalciferol á hora de aumentar os niveis de vitamina D no sangue, aínda que se indica tamén que cómpre facer máis investigacións.[15]

Mecanismo

O ergocalciferol é un secosteroide formado pola rotura fotoquímica dun enlace dun esteroide, concretamente pola acción dos raios ultravioleta sobre o ergosterol, unha forma de provitamina D2.

Igual que o colecalciferol, o ergocalciferol é inactivo por si mesmo. Debe sufrir dúas hidroxilacións para facerse activo: a primeira ten lugar no fígado e realízaa o enzima CYP2R1, que orixina o 25-hidroxiergocalciferol (ercalcidiol ou 25-OH D2,[16]) e a segunda prodúcese nos riles pola acción do CYP27B1, para formar a molécula activa 1,25-dihidroxiergocalciferol (ercalcitriol ou 1,25-(OH)2D2), que activa o receptor de vitamina D.[17] A diferenza do colecalciferol, no ergocalciferol a 25-hidroxilación non a realiza o CYP27A1.[18]

O ergocalciferol e os seus metabolitos teñen unha baixa afinidade pola proteína de unión á vitamina D comparado cos da D3. A afinidade de unión do ercalcitriol ao receptor de vitamina D é similar á do calcitriol.[18] O propio ergocalciferol e os seus metabolitos poden ser desactivados por 24-hidroxilación.[19]

Fontes

Fungos, (por cada 100g), D2 + D3:[20][21]

  • Agaricus bisporus (champiñón común):
    • portobello cru: 0,3 μg (10 IU); exposto á luz ultravioleta: 11,2 µg (446 UI)
    • crimini cru: 0,1 μg (3 IU); exposto á luz ultravioleta: 31,9 µg (1276 UI)
  • Shiitake:
    • cru: Vitamina D (D2 + D3): 0,4 μg (18 UI)
    • seco: Vitamina D (D2 + D3): 3,9 μg (154 UI)

Liques

  • Os espécimes de Cladina arbuscula que crecen en diversas condicións naturais conteñen provitamina D2 e vitamina D2, en cantidades entre 89 e 146 e 0,22 e 0,55 μg/g de materia seca, respectivamente. Tamén conteñen vitamina D3 (entre 0,67 e 2,04 μg/g), aínda que non se detecta provitamina D3. Os niveis de vitamina D correlacionanse positivamente coa irradiación UV.[22]

Plantas

  • Brotes de alfalfa (Medicago sativa subsp. sativa): 4,8 μg (192 UI) de vitamina D2, 0,1 μg (4 UI) de vitamina D3[23]

Biosíntese

O contido de vitamina D2 en fungos e no lique C. arbuscula increméntanse coa exposicións á luz ultravioleta.[24][25] O ergosterol (provitamina D2) que se encontra nestes seres vivos convértese en previtamina D2 coa exposición UV, a cal despois se transforma en vitamina D2. Se hai pouca exposición á luz UV (ou á luz solar), fórmase pouca vitamina D.

Cando se expoñen á mantenta cogomelos frescos ou en po seco a unha luz artificial equivalente á solar utilizando lámpadas ultravioleta industriais, os niveis de vitamina D2 poden concentrarse en niveis moito máis altos.[26][27][28] O procedemento de irradiación non causa unha significtiva decoloración ou branqueamento dos cogomelos.[29] Sinalouse que unha ración normal (aproximadamente de 60 g) de cogomelos frescos tratados con luz ultravioleta aumentaba o seu contido en vitamina D ata niveis de 80 microgramos ou 3200 UI se o cogomelo fora exposto uns 5 minutos á luz ultravioleta antes de ser colleitado.[27]

Os champiñóns cun contido aumentado de vitamina D2 funcionaban igual que un suplemento de vitamina D2; en ambos os casos melloraba o status de vitamina D.[26][30] A vitamina D2 de lévedo irradiado con luz UV cocido no pan ou cogomelos está biodispoñible e consumilos incrementa os niveis sanguíneos de 25(OH)D.[26]

Nomes

Viosterol era o nome que se lle daba ás primeiras preparacións de ergosterol irradiado, termo que é esencialmente sinónmo de ergocalciferol.[31][32]

O ergocalciferol é fabricado e comercializado con varios nomes, como Deltalin (Eli Lilly and Company), Drisdol (Sanofi-Synthelabo) e Calcidol (Patrin Pharma).

Notas

  1. Coulston, Ann M.; Boushey, Carol; Ferruzzi, Mario (2013). Nutrition in the Prevention and Treatment of Disease (en inglés). Academic Press. p. 818. ISBN 9780123918840. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 07 de xullo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 British national formulary : BNF 69 (69 ed.). British Medical Association. 2015. pp. 703–704. ISBN 9780857111562. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 WHO Model Formulary 2008 (PDF). World Health Organization. 2009. p. 498. ISBN 9789241547659. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de decembro de 2016. Consultado o 8 December 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Ergocalciferol". The American Society of Health-System Pharmacists. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 8 December 2016. 
  5. Hamilton, Richart (2015). Tarascon Pocket Pharmacopoeia 2015 Deluxe Lab-Coat Edition. Jones & Bartlett Learning. p. 227. ISBN 9781284057560. 
  6. "Office of Dietary Supplements - Vitamin D". ods.od.nih.gov. 11 February 2016. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2016. Consultado o 30 December 2016. 
  7. Fischer, Janos; Ganellin, C. Robin (2006). Analogue-based Drug Discovery (en inglés). John Wiley & Sons. p. 451. ISBN 9783527607495. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 07 de xullo de 2019. 
  8. "WHO Model List of Essential Medicines (19th List)" (PDF). World Health Organization. April 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de decembro de 2016. Consultado o 8 December 2016. 
  9. "The Top 300 of 2019". clincalc.com. Consultado o 22 December 2018. 
  10. Feral, Priscilla; Hall, Lee; Animals, Friends of (2005). Dining with Friends: The Art of North American Vegan Cuisine (en inglés). Friends of Animals/Nectar Bat Press. p. 160. ISBN 9780976915904. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2016. Consultado o 07 de xullo de 2019. 
  11. Bennett, Beverly; Sammartano, Ray (2012). The Complete Idiot's Guide to Vegan Living, Second Edition (en inglés). Penguin. p. Chapter 15. ISBN 9781615642793. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 07 de xullo de 2019. 
  12. Holick, M. F.; Binkley, N. C.; Bischoff-Ferrari, H. A.; Gordon, C. M.; Hanley, D. A.; Heaney, R. P.; Murad, M. H.; Weaver, C. M. (2011). "Evaluation, Treatment, and Prevention of Vitamin D Deficiency: An Endocrine Society Clinical Practice Guideline". Journal of Clinical Endocrinology & Metabolism 96 (7): 1911–1930. PMID 21646368. doi:10.1210/jc.2011-0385. 
  13. Thacher, TD; Fischer, PR; Obadofin, MO; Levine, MA; Singh, RJ; Pettifor, JM (2010). "Comparison of Metabolism of Vitamins D2 and D3 in Children with Nutritional Rickets". Journal of Bone and Mineral Research 25 (9): 1988–1995. PMC 3153403. PMID 20499377. doi:10.1002/jbmr.99. 
  14. Fosnight, S. M.; Zafirau, W. J.; Hazelett, S. E. (2008). "Vitamin D Supplementation to Prevent Falls in the Elderly: Evidence and Practical Considerations". Pharmacotherapy 28 (2): 225–234. PMID 18225968. doi:10.1592/phco.28.2.225. 
  15. 15,0 15,1 Tripkovic, L; Lambert, H; Hart, K; Smith, CP; Bucca, G; Penson, S; Chope, G; Hyppönen, E; Berry, J; Vieth, R; Lanham-New, S (June 2012). "Comparison of vitamin D2 and vitamin D3 supplementation in raising serum 25-hydroxyvitamin D status: a systematic review and meta-analysis.". The American Journal of Clinical Nutrition 95 (6): 1357–64. PMC 3349454. PMID 22552031. doi:10.3945/ajcn.111.031070. 
  16. Suda, T; DeLuca, HF; Schnoes, H; Blunt, JW (29 April 1969). "25-hydroxyergocalciferol: a biologically active metabolite of vitamin D2.". Biochemical and Biophysical Research Communications 35 (2): 182–5. PMID 5305760. doi:10.1016/0006-291X(69)90264-2. 
  17. "IUPAC-IUB Joint Commission on Biochemical Nomenclature (JCBN): Nomenclature of vitamin D. Recommendations 1981.". European Journal of Biochemistry 124 (2): 223–7. 17 May 1982. PMID 7094913. doi:10.1111/j.1432-1033.1982.tb06581.x. 
  18. 18,0 18,1 Bikle, DD (20 March 2014). "Vitamin D metabolism, mechanism of action, and clinical applications.". Chemistry & Biology 21 (3): 319–29. PMC 3968073. PMID 24529992. doi:10.1016/j.chembiol.2013.12.016. 
  19. Houghton, LA; Vieth, R (October 2006). "The case against ergocalciferol (vitamin D2) as a vitamin supplement.". The American Journal of Clinical Nutrition 84 (4): 694–7. PMID 17023693. doi:10.1093/ajcn/84.4.694. 
  20. "USDA nutrient database – use the keyword 'portabello' and then click submit". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2015. Consultado o 07 de xullo de 2019. 
  21. Haytowitz DB (2009). "Vitamin D in mushrooms" (PDF). Nutrient Data Laboratory, US Department of Agriculture. Consultado o 16 April 2018. 
  22. Wang, T; Bengtsson, G; Kärnefelt, I; Björn, LO (2001). "Provitamins and vitamins D₂ and D₃ in Cladina spp. Over a latitudinal gradient: Possible correlation with UV levels". Journal of Photochemistry and Photobiology B: Biology 62 (1–2): 118–22. PMID 11693362. doi:10.1016/S1011-1344(01)00160-9. 
  23. "Dr. Duke's Phytochemical and Ethnobotanical Databases". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 07 de xullo de 2019. 
  24. Wang T, Bengtsson G, Kärnefelt I, Björn LO (September 2001). "Provitamins and vitamins D₂ and D₃ in Cladina spp. over a latitudinal gradient: possible correlation with UV levels". Journal of Photochemistry and Photobiology. B, Biology 62 (1–2): 118–22. PMID 11693362. doi:10.1016/S1011-1344(01)00160-9. 
  25. Haytowitz DB (2009). "Vitamin D in mushrooms" (PDF). Nutrient Data Laboratory, US Department of Agriculture. Consultado o 16 April 2018. 
  26. 26,0 26,1 26,2 Keegan RJ, Lu Z, Bogusz JM, Williams JE, Holick MF (January 2013). "Photobiology of vitamin D in mushrooms and its bioavailability in humans". Dermato-Endocrinology 5 (1): 165–76. PMC 3897585. PMID 24494050. doi:10.4161/derm.23321. 
  27. 27,0 27,1 "Bringing Mushrooms Out of the Dark". MSNBC. April 18, 2006. Consultado o August 6, 2007. 
  28. Simon RR, Borzelleca JF, DeLuca HF, Weaver CM (June 2013). "Safety assessment of the post-harvest treatment of button mushrooms (Agaricus bisporus) using ultraviolet light". Food and Chemical Toxicology 56: 278–89. PMID 23485617. doi:10.1016/j.fct.2013.02.009. 
  29. Koyyalamudi SR, Jeong SC, Song CH, Cho KY, Pang G (April 2009). "Vitamin D2 formation and bioavailability from Agaricus bisporus button mushrooms treated with ultraviolet irradiation". Journal of Agricultural and Food Chemistry 57 (8): 3351–5. PMID 19281276. doi:10.1021/jf803908q. 
  30. Urbain P, Singler F, Ihorst G, Biesalski HK, Bertz H (August 2011). "Bioavailability of vitamin D₂ from UV-B-irradiated button mushrooms in healthy adults deficient in serum 25-hydroxyvitamin D: a randomized controlled trial". European Journal of Clinical Nutrition 65 (8): 965–71. PMID 21540874. doi:10.1038/ejcn.2011.53. 
  31. Science Service (1930) Viosterol official name for irradiated ergosterol, J. Chem. Educ. 7(1) 166, DOI: 10.1021/ed007p166, see [pubs.acs.org/doi/abs/10.1021/ed007p166, accessed 10 July 2014.
  32. See "Viosterol" and "Calciferol" at Merriam-Webster Medical Dictionary, e.g., "Medical Definition of VIOSTEROL". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 2014-07-10.  e "Definition of CALCIFEROL". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 2014-07-10. , consultado o 10 de xullo de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Peta Lokasi Kabupaten Nias di Sumatera Utara Berikut adalah daftar kecamatan dan kelurahan di Kabupaten Nias. Kabupaten Nias terdiri dari 10 kecamatan dan 170 desa dengan luas wilayah mencapai 1.842,51 km² dan jumlah penduduk sekitar 152.774 jiwa (2017) dengan kepadatan penduduk 83 jiwa/km².[1][2] Daftar kecamatan dan kelurahan di Kabupaten Nias, adalah sebagai berikut: Kode Kemendagri Kecamatan Jumlah Desa Daftar Desa 12.04.11 Bawolato 25 Balale Toba'a Banua Sibohou Silima ...

 

本條目存在以下問題,請協助改善本條目或在討論頁針對議題發表看法。 此條目需要补充更多来源。 (2018年3月17日)请协助補充多方面可靠来源以改善这篇条目,无法查证的内容可能會因為异议提出而被移除。致使用者:请搜索一下条目的标题(来源搜索:羅生門 (電影) — 网页、新闻、书籍、学术、图像),以检查网络上是否存在该主题的更多可靠来源(判定指引)。 �...

 

Indian rapper and singer (born 1985) BadshahBadshahBornAditya Prateek Singh Sisodia (1984-11-19) 19 November 1984 (age 39)Delhi, IndiaOther namesBadboyshahBad BoyAlma materPunjab Engineering College (PEC), ChandigarhOccupationsRapperSingerLyricistComposerMusic ProducerFilm ProducerActorEntrepreneurPhilanthropistTelevisionMTV HustleIndia's Got TalentDil Hai HindustaniMusical careerGenres Pop rap desi hip hop Bollywood hip hop synthwave freestyle hardcore rap Labels T-Series Zee ...

This article attempts to document the timeline of the COVID-19 pandemic in the Philippines in 2021. COVID-19 cases in the Philippines  (vte)     Deaths        Recoveries        Active cases202020202021202120222022JanJanFebFebMarMarAprAprMayMayJunJunJulJulAugAugSepSepOctOctNovNovDecDecJanJanFebFebMarMarAprAprMayMayJunJunJulJulAugAugSepSepOctOctNovNovDecDecJanJanFebFebMarMarLast&#...

 

Peta Andorra yang menampilkan paroki Ordino Ordino merupakan salah satu paroki di Andorra. Paroki ini memiliki salah satu kota utama Andorra, El Serrat, juga Ansalonga, Somàs, La Cortinada, Llorts, Segudet dan Arans. Memiliki populasi sebesar 3.066 jiwa (2005) dan merupakan rumah bagi Taman Nasional Sorteny. Church, Ordino Ordino lbsParoki di Andorra Andorra la Vella Canillo Encamp Escaldes-Engordany La Massana Ordino Sant Julià de Lòria 42°33′18″N 1°31′59″E / 42....

 

Voce principale: Fulham Football Club. Fulham Football ClubStagione 2013-2014Sport calcio Squadra Fulham Allenatore Martin Jol[1] René Meulensteen[2] Felix Magath[3] Presidente Shahid Khan Premier League19º posto (retrocesso in Championship) Football League CupOttavi di finale FA Cup4º turno Maggiori presenzeCampionato: Sidwell (38)Totale: Sidwell (41) Miglior marcatoreCampionato: Sidwell (7)Totale: Sidwell (8) StadioCraven Cottage (25.700 posti) Maggior numer...

Questa voce o sezione sull'argomento calciatori italiani non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Romano Bagatti Bagatti alla Lazio a fine anni '60 Nazionalità  Italia Altezza 170 cm Peso 70 kg Calcio Ruolo Attaccante Carriera Squadre di club1 1955-1959 Pontedera83 (33)1959-1962 SPA...

 

Building in Vienna, AustriaPalais Königswarter. Palais Königswarter is a Ringstraßenpalais in Vienna, Austria. It was built for the aristocratic Königswarter family.[1] References ^ The Story of the Palais Königswarter. Secret Vienna Tours. 2022-03-01. Retrieved 2024-02-16. 48°12′06″N 16°22′13″E / 48.2018°N 16.3703°E / 48.2018; 16.3703 Wikimedia Commons has media related to Palais Königswarter. This article about a palace in Austria is a stub....

 

Европейская сардина Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеГруппа:Костные рыбыКласс:Лучепёрые рыбыПодкласс:Новопёры...

This article needs to be updated. Please help update this article to reflect recent events or newly available information. (June 2021) EFLIMost recent season or competition:2012 EFLI seasonSportAmerican footballFounded5 August 2011; 12 years ago (5 August 2011)[1]First season2012CEORichard WhelanNo. of teams23Country India (20 teams) Pakistan (1 team) Sri Lanka (2 teams)Most recentchampion(s)Pune Marathas (1st title)Most titlesPune Marathas (1)TV partner(s)...

 

EaracheJenisPerusahaan rekamanGenreHeavy metal, Grindcore, Death metal, IndustrialDidirikan1985PendiriDigby PearsonKantorpusatNottingham, InggrisProdukMusikSitus webhttp://www.earache.com/ Earache Records adalah perusahaan rekaman musik heavy metal berkantor pusat di Nottingham, UK dan New York, Amerika Serikat. Earache membantu pelopor extreme metal dengan mengeluarkan banyak hardcore, grindcore dan death metal terawal, periode tahun 1988-1992. Artis Adema Akercocke Anal Cunt At the Gates Th...

 

Chemical compound MitiglinideClinical dataTrade namesGlufastAHFS/Drugs.comInternational Drug NamesRoutes ofadministrationBy mouth (tablets)ATC codeA10BX08 (WHO) Identifiers IUPAC name (−)-(2S,3a,7a-cis)-α-Benzylhexahydro-γ-oxo-2-isoindolinebutyric acid CAS Number145375-43-5 NPubChem CID121891DrugBankDB01252 YChemSpider108739 YUNIID86I0XLB13KEGGD01854 YChEMBLChEMBL471498 YCompTox Dashboard (EPA)DTXSID4048303 Chemical and physical dataFormulaC19H25NO3Molar...

Russian politician In this name that follows Eastern Slavic naming customs, the patronymic is Zakirovich and the family name is Baiguskarov. You can help expand this article with text translated from the corresponding article in Russian. (February 2024) Click [show] for important translation instructions. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is...

 

2020年夏季奥林匹克运动会波兰代表團波兰国旗IOC編碼POLNOC波蘭奧林匹克委員會網站olimpijski.pl(英文)(波兰文)2020年夏季奥林匹克运动会(東京)2021年7月23日至8月8日(受2019冠状病毒病疫情影响推迟,但仍保留原定名称)運動員206參賽項目24个大项旗手开幕式:帕维尔·科热尼奥夫斯基(游泳)和马娅·沃什乔夫斯卡(自行车)[1]闭幕式:卡罗利娜·纳亚(皮划艇)&#...

 

Second-longest river in Ireland, one of the Three Sisters River BarrowRiver Barrow at Bagenalstown, County CarlowRiver Barrow and nearby geographyEtymologyProto-Celtic *boru- (boil, bubble)Native nameAn Bhearú (Irish)LocationCountryIrelandCountiesLaois, Kildare, Kilkenny, Carlow, Wexford, WaterfordPhysical characteristicsSourceSlieve Bloom Mountains • locationGlenbarrow, Laois • elevation350 m (1,150 ft) MouthCeltic Sea • lo...

Vous lisez un « article de qualité » labellisé en 2012. Six personnalités de l'histoire de la relativité : 1. Isaac Newton 2. James Clerk Maxwell 3. Hendrik Lorentz 4. Henri Poincaré 5. Albert Einstein 6. Hermann Minkowski L’histoire de la relativité restreinte décrit le développement de propositions et constatations empiriques et conceptuelles, au sein de la physique théorique, qui ont permis d’aboutir à une nouvelle compréhension de l’espace et du temps. C...

 

Ini adalah nama Korea; marganya adalah Yoon. Yoon Chan-youngYoon Chan-young in December 2019Lahir25 April 2001 (umur 23)Korea SelatanPendidikanUniversitas HanyangPekerjaanPemeranTahun aktif2013–sekarangAgenSnowball EntertainmentNama KoreaHangul윤찬영 Alih AksaraYun Chan-yeongMcCune–ReischauerYun Ch'an-yŏng Yoon Chan-young (lahir 25 April 2001[1]) adalah pemeran Korea Selatan. Ia memulai karirnya sebagai pemeran anak-anak[2] dan mendapatkan pengakuan yang lebi...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Januari 2023. Tambayong dapat mengacu pada beberapa hal berikut: Marga Tambayong Tambayong adalah salah satu marga Minahasa. Beberapa tokoh bermarga Tambayong: Marjolien Tambayong atau lebih terkenal dengan nama Rima Melati Yapi Panda Abdiel Tambayong atau lebih ter...

Mustafa Akıncı (بالتركية: Mustafa Akıncı)‏  رئيس قبرص الشمالية في المنصب30 أبريل 2015 – 23 أكتوبر 2020 رئيس الوزراء Özkan Yorgancıoğlu درويش إروغلو إرسين تاتار رئيس وزراء الشطر التركي في المنصب1999 – 2001 رئيس الوزراء Derviş Eroğlu عمدة الشطر الشمالي لنيقوسيا في المنصب1976 – 1990 Ziver Kemal Fuat Celalettin معلومات شخ...

 

Den V olympiadens spel Grenar102 grenar i 15 sporterDeltagareNationer28Aktiva2 547Män2 490Kvinnor57VärdskapLand SverigeOrtStockholmArenaStockholms OlympiastadionInvigning6 juli 1912[a]Spelen öppnades avKung Gustaf V av Sverige[1]Läste deltagarnas edEj förrän 1920Läste funktionärernas edEj förrän 1972Elden tändes avEj förrän 1936Avslutning27 juli 1912← London 1908 Antwerpen 1920 → Olympiska sommarspelen 1912, officiellt Den V olympiadens spel, var de femte moderna...