Ese mesmo ano casou con Elisa Martínez del Río, estanqueira santiaguesa, e publicou o seu primeiro libro: Última novedad. Noventa y nueve céntimos de versos de todas clases y arreglados a todos los gustos, escrito en castelá, agás un poema en galego, "Meu orfiño",[5] no que amosa influencias de Manuel Curros Enríquez.[4] Ao rematar a carreira, e por consello de Alfredo Brañas, ingresou na administración pública como empregado de Facenda, da man do deputado Eduardo Vincenti, a quen lle dedicou o libro Bálsamo de Fierabrás. Colección de versos en gallego y castellano (Madrid, 1889, 281 pp.). Outras composicións poéticas en galego incluídas nos seus libros son: a terceira en Un café flamenco en Galicia—A mi aldea—Sátira de costumes contemporáneas (Santiago, 1892, 52 pp.); todas, dezaoito, en Millo miúdo (Pontevedra, 1896, 156 pp.) e A festa da patrona de Tabeirón (Caldas de Reis, 1904, 22 pp.).
Residiu en Pontevedra ata 1904, cando foi destinado, primeiro a Barcelona (1904), despois a Burgos (1905) e máis tarde a Valladolid, onde contraeu matrimonio con Felipa Genovés; de novo Barcelona, Ourense (1911), Toledo (1912), outra vez Barcelona (1913), A Coruña (1919) e para rematar, dende 1920, a Cataluña.[4]
Fundou Galicia Humorística (Santiago, 1888), El País Gallego (Santiago, 1888), La Pequeña Patria (Santiago, 1890-1891), Extracto de Literatura (Pontevedra, 1893) e Pasatiempos (Pontevedra, 1893-1894); e dirixiu Galicia Moderna (Pontevedra, 1897-1898). En 1896 fixo unha recompilación dos seus poemas galegos máis coñecidos e publicounos no libro Millo miúdo, dedicado a Laureano Salgado Rodríguez. No ano 1900 publicou El carnaval de 1900 en Pontevedra, que inclúe "Recuerdos del carnaval de 1900" e "Pontevedra en 1900. Despropósito bufo, lírico, fantástico … dividido en 2 actos y 10 cuadros". Este último fora estreado o día 1 de marzo no Teatro Principal, con música de Isidro Puga.
A súa produción sobresae polo humor, que se manifesta sobre todo nos contos. Como poeta encádrase na liña costumista de finais do século XIX, aínda que incorporou elementos modernistas.
O retrato de Labarta Pose feito por Francisco Zagala, ilustrando a portada do semanario Extracto de Literatura, que el mesmo dirixía, está documentado como a primeira fotografía aparecida nun medio impreso galego, o 7 de xaneiro de 1893.[8]
Faleceu en Barcelona despois dunha intervención cirúrxica[2] a consecuencia do accidente ferroviario ocorrido na tarde do 9 de abril de 1925, Xoves Santo, entre as estacións de Les Planes e Sarrià, da capital catalá,[11] no que morreron máis de vinte persoas.[12] Foi soterrado na cidade condal.[13]
Obras
Poesía
Última novedad. Noventa y nueve céntimos de versos de todas clases y arreglados a todos los gustos, 1884:
"Prologo"
"Ante todo"
"Introducción"
"Una noche en la luna"
"Polvo eres y al polvo te has de volver"
"El amor definido por sus efectos"
"El cesante suicida"
"Amarse en vida y unirse en muerte"
"La noche de San Juan"
"A Aurora Pardiñas"
"¡Destino igual!"
"Preguntas sin respuestas"
"Epigrama"
"Cálculo de un avaro"
"A un amigo dormido a la orilla de un río"
"La carcajada de un viejo"
"Poder de una lágrima"
"El placer fugitivo"
"Al corazón de una coqueta"
"¡Ella!"
"Las dos yerbas"
"¡Triste es la vida!"
"¡¡¡Venid a mí!!!"
"Las aspiraciones del hombre"
"A una mujer"
"¡Risa y llanto!"
"Los dos tesoros"
"¡Madre infeliz!"
"Examen de conciencia del pasado, que hace un hombre…"
Unha praza e o colexio público de Baio (CEIP Labarta Pose)[41] e dúas rúas, nos concellos de Carballo e Pontevedra, levan o seu nome.
Nos últimos anos, unha comisión que representa a varios colectivos da súa veciñanza, coordinada por Jorge Mira,[42] vén reclamando que se lle dedique un Día das Letras Galegas á figura de Enrique Labarta.[43]
... El Congreso de los Diputados manifiesta la voluntad firme de dar a conocer y promover la difusión de la figura y de la obra del intelectual, escritor y poeta baiés Enrique Labarta Pose e instar a promover la firma de convenios de colaboración con el Ayuntamiento de Zas, en el que se ubica la localidad de Baio, donde nació, y con las entidades culturales Adro y Badius, que vienen emprendiendo actualmente actividades de homenaje y conmemoración de la vida y obra del escritor".[44]
↑O título completo é Bálsamo de Fierabrás. Colección de versos en gallego y castellano. Foi impreso na "Librería de Fernando Fé", na Carrera de San Jerónimo.
↑O antetítulo é Obras de Enrique Labarta, editado pola "Editorial Políglota". Reeditado en 1960 en Santiago de Compostela por Porto y Cía con prólogo de Benito Varela Jácome.