Emilio Ruiz del Río, nado en Madrid o 11 de abril de 1923 e finado o 14 de setembro de 2007, foi un pintor, decorador, maquetista, experto en efectos especiais e visuais e director artístico español, considerado entre os mellores do mundo na especialidade de pintura sobre cristal e un dos grandes xenios da utilización de miniaturas e maquetas.
Traxectoria
Nado en Madrid, dende neno descubriu a súa vocación facendo espectáculos de marionetas; estudou na Escola de Belas Artes de San Fernando.Comezou nos estudos Chamartin como debuxante e pintor de decorados e forillos. Nos sesenta comezou a traballar en Italia e a partir do oitenta con Dino de Laurentiis en superproducións estadounidenses. Foi dez veces nomeado ós premios Goya, sete delas de forma consecutiva, e conquistou tres. Faleceu ós 84 anos, no hospital San Rafael de Madrid a consecuencia dunha insuficiencia respiratoria o 14 de setembro de 2007.
Premios
Conseguiu 3 goyas: