As eleccións xerais de España de 1869 foron convocadas para o 15 de xaneiro de devandito ano baixo sufraxio universal masculino. Foron as primeiras realizadas trala revolución de 1868, encabezada polos xenerais Juan Prim e Francisco Serrano Domínguez que supuxo a abdicación de Isabel II e o fin do goberno de Narváez, xefe do Partido Moderado. Realizáronse durante o Goberno Provisional de 1868-1871, primeiro período do Sexenio Democrático.
En total foron elixidos 352 deputados, separadamente dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. O xeneral Prim encabezou unha coalición monárquica formada polo Partido Progresista, a Unión Liberal e os demócratas "cimbrios", que gañou as eleccións. O sector republicano maioritario no Partido Demócrata, que o refundara baixo o nome de Partido Republicano Democrático Federal, e que estaba encabezado por Pi i Margall, Nicolás Salmerón e Emilio Castelar, obtivo un bo resultado. Tamén se presentaron os carlistas, aínda que non obtiveron os resultados que esperaban.
Foi nomeado presidente do Congreso dos Deputados o demócrata "cimbrio" Nicolás María Rivero, que foi substituído o 18 de xaneiro de 1870 polo progresista Manuel Ruiz Zorrilla.
O xefe de goberno foi o xeneral Prim ata que foi asasinado o 27 de decembro de 1870, tras conseguir a aprobación da Constitución de 1869 (214 votos contra 55) e a elección como rei de España de Amadeo de Savoia. O almirante Juan Bautista Topete e Serrano organizaron o goberno ata que se convocaron novas eleccións en marzo de 1871, que foron as primeiras do reinado de Amadeu I.
Composición do Congreso dos Deputados
Deputados galegos
Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:[1]
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Notas
- ↑ Os distritos aparecen englobados dentro da provincia correspondente
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas