Luis Diéguez Amoeiro, nado en Verín o 7 de xullo de 1838 e finado en Ourense o 8 de xaneiro de 1913[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Benito Diéguez Amoeiro. Licenciouse en Xurisprudencia pola Universidade de Madrid (1863). Formou parte do Partido Progresista e co seu pai reconstituíu o partido en Verín (1865), polo que foron perseguidos. Fuxiron a Portugal e por presións do goberno español foron encarcerados en Peniche. Logo do indulto de 1867, volveu ao seu labor político e en 1868 volveu estar preso e sometido a consello de guerra, pero foi absolto. No Sexenio Revolucionario foi elixido deputado por Xinzo de Limia (1869) e gobernador civil de Ourense e Zamora. Seguiu a Manuel Ruiz Zorrilla no Partido Republicano Progresista. Era o xefe do Partido Republicano de Ourense a principios do século XX.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas