Edgar Leopold Layard, nado en Florencia o 23 de xullo de 1824, e finado en Budleigh Salterton, Devon, Inglaterra, foi un diplomático e naturalista británico, especializado en ornitoloxía.
Traxectoria
Layard pasou dez anos en Ceilán onde etudou a fauna local con Robert Templeton.
En 1854 desprazouse como funcionario á colonia do Cabo onde traballou ao servizo do gobernador Sir George Grey.
Pronto pasou ao Brasil, a Fidxi e a Nova Caledonia. Seu fillo, Leopold Layard, vicecónsul en Numea, axudouno nas súas expedicións ornitolóxicass nss Novas Hébridas e nas illas da Lealdade.
En 1855, durante o seu tempo libre, ocupou o posto de conservador no Museo de Suráfrica.
No Brasil recolectou numerosas aves para o conde d’Arthur Hay, noveno marqués de Tweeddale.
Layard publicou en 1867 o libro The Birds of South Africa, no que descrbiu 702 especies. Esta obra sería posteriormente actualizada por Richard Bowdler Sharpe.[1]
Epónimos
Abreviatura
A abreviatura Layard emprégase para recoñecer a Edgar Leopold Layard como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Bo Beolens & Michael Watkins (2003): Whose Bird?: Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven e Londres: Yale University Press. ISBN 0-3001-0359-X).
- Barbara Mearns & Richard Mearns (1998): The Bird Collectors. San Diego e Londres: Academic Press. ISBN 0-1248-7440-1.