Situda a 24 km ao sueste de Exeter, encóntrase dentro da área de excepcional beleza natural do East Devon.[1]
Tiña unha poboación estimada a mediados de 2016 de 5 237 habitantes.[2]
Forma gran parte do distrito electoral de Budleigh, cuxa poboación no censo de 2011 era de 5 967 habitantes.[3]
Budleigh Salterton encóntrase na desembocadura do río Otter, cuxo estuario forma unha área de canedos e pantanos de pastoreo. Isto constitúe un importante refuxio para as aves migratorias e un Sitio de Especial Interese Científico para os ornitólogos e os afeccinados ás aves. Neste espazo hai unha zona reservada para os naturistas.[4]