Ed Sheeran (2018) |
|
Nacemento | (en) Edward Christopher Sheeran 17 de febreiro de 1991 (33 anos) Halifax, Reino Unido (pt) |
---|
Residencia | Londres |
---|
Educación | Thomas Mills High School (en) Academy of Contemporary Music (en) |
---|
Altura | 173 cm |
---|
|
Ocupación | cantautor, actor de cinema, actor de televisión, filántropo, cantante, produtor musical, actor, músico, compositor de cancións |
---|
Período de actividade | 2004 - |
---|
Xénero artístico | Soft rock, música pop, folk, música rock, rock alternativo e folk-pop |
---|
Tesitura | Tenor
|
---|
Instrumento | Guitarra, voz e live looper (en) |
---|
Selo discográfico | Asylum Records Elektra Records Atlantic Records Gingerbread Man Records (en) |
---|
|
Pai | John Sheeran |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
Sitio web | edsheeran.com |
---|
|
Edward Christopher "Ed" Sheeran, nado en Halifax (West Yorkshire) o 17 de febreiro de 1991, é un cantautor inglés. Firmou un contrato coa discográfica Asylum / Atlantic Records.[1] Sheeran saltou á fama no mes de xuño de 2011, cando o seu primeiro single "The A Team" debutou nas listas británicas co número 3.[2]
Traxectoria
Edward Christopher Sheeran é fillo dunha irlandesa[3] e un inglés[4]. Viviu na súa vila natal antes de trasladárense a Framlingham, en Suffolk. Aprendeu a tocar a guitarra cando era moi novo, e comezou a compor cancións mentres asistía á Thomas Mills High School en Framlingham.[5] Na súa infancia, da que falou nunha entrevista no show Zane Lowe, escoitaba a Van Morrison nas súas innumerables viaxes a Londres cos seus pais e asistiu a un concerto de Damien Rice na Irlanda cando tiña 11 anos.[6]
Carreira profesional
2005–2011: Comezos non comerciais
Sheeran comezou a gravar en 2005, o que o levou a producir o seu primeiro EP, The Orange Room EP. Alén diso, Ed realizou 2 álbums, un homónimo en 2006 e Want Some? en 2007. Trasladouse a Londres en 2008 para ofrecer algúns concertos, que ao comezo realizáronse en pequenos locais, nos que tocaba todos os días e para non máis de cinco persoas. En 2008, fixo unha audición para a serie da canle ITVBritannia High.[Cómpre referencia]
En 2009, Sheeran tocou en 312 concertos. Dixo que lera unha entrevista con James Morrison na que dicía que Morrison actuara en 200 concertos nun ano, e Sheeran quería superar o seu número.[7] En 2009, lanzou outro EP, You Need Me, xusto antes de saír de xira con Just Jack. En febreiro de 2010, Ed enviou un vídeo vía SB.TV, que chamou a atención do rapeiro Example , que lle pediu para facer un xira con el. Ademais, en febreiro de 2010 publicou o seu aclamado EP Loose Change , que incluía o seu éxito "The A Team".
En abril de 2010, despois de abandonar a súa discográfica, Sheeran mercou un billete para Os Ánxeles. Tocou en moitos dos locais da cidade, antes de chamar a atención de Jamie Foxx no The Foxxhole, que o convidou a ficar na súa casa e a gravar ao día seguinte. Ao longo do ano 2010, Sheeran comezou a ter máis éxito por medio da súa canle en YouTube e a súa páxina de fans, obtendo crédito do xornal The Independent , do capitán de fútbol inglés Rio Ferdinand e de Elton John.[8] O cantautor realizou outros dous EPs en 2010; Ed Sheeran: Live at the Bedford e Songs I Wrote With Amy, o cal é unha colección de cancións de amor que escribiu en Gales con Amy Wadge.
2011–actualmente: Álbum debut
O 8 de xaneiro de 2011, Sheeran produciu o seu último EP independente, No.5 Collaborations Project que contou coa colaboración de artistas de grime como Wiley, JME, Devlin, Sway e Ghetts.[1] Con este EP, chamou a atención para alcanzar o posto número 2 na lista de iTunes sen ningún tipo de promoción ou selo, vendendo máis de 7.000 copias na súa primeira semana.[9] Tres meses máis tarde, actuou nun concerto gratuíto para os seus fans no Barfly en Camden. Máis de 1.000 fans acudiron á cita, polo que Ed Sheeran acabou por tocar en catro concertos diferentes para ter a certeza de que todo o mundo tivera a oportunidade de ver un dos seus espectáculos. Mesmo tocou na rúa despois de que o local pechara as súas portas. Nese mesmo mes, Sheeran firmou un contrato coa Asylum / Atlantic Records.
O 26 de abril, fixo unha aparición na televisión no programa musical Later... with Jools Holland – onde tocou a súa canción "The A Team". Despois de seis semanas "The A Team" foi lanzado para a súa descarga dixital no Reino Unido. Este canción empregouse como primeiro single do seu álbum debut, titulado + – publicado pola Atlantic Records o 12 de setembro de 2011. "The A Team" entrou nas listas británica co número 3, vendendo máis de 58,000 copias na súa primeira semana. Foi premiado por ser o single con máis copias no ano 2011.
Durante unha entrevista no programa BBC Introducing durante o Glastonbury Festival 2011 o 28 de agosto, Sheeran anunciou que "You Need Me" sería o segundo single do seu álbum.
O 11 de novembro de 2011, a canción "Lego House" converteuse no terceiro single do seu álbum de estudio + [10] . Alcanzou o número 5 nas listas de éxitos británicas. O videoclip da canción "Lego House" publicouse o 20 de outubro de 2011 na súa canle de YouTube. Foi protagonizado polo actor de Harry Potter Rupert Grint[11].
Discografía
LPs e álbums en directo
- + (2011)
- Live at Bedford (2011)
- x (2014)
- x Wembley edition (2015)
- ÷ (2017)
- No.6 Collaborations Project (2019)
- = (2021)
- = Tour Edition (2022)
- − (2023)
- Autumn Variations (2023)
EPs
- Loose Change (2011)
- No. 5 Collaborations Project (2011)
- 5 (2014)
- No. 6 Collaborations Project (2019)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas