O Douglas DC-7 é un avión de pasaxe e transporte fabricado por Douglas Aircraft Company entre 1953 e 1958. Foi o derradeiro grande avión de pistóns construído por Douglas, sendo desenvolvido pouco despois do primeiro reactor comercial, o de Havilland Comet. Entrou en servizo só uns poucos anos antes de que o reactor Douglas DC-8 realizase o seu primeiro voo.