Douglas DC-6

Douglas DC-6
Douglas DC-6 de Western Airlines
Tipopasaxe e transporte
FabricanteDouglas Aircraft Company
Primeiro voo15 de febreiro de 1946
Produción1946 - 1958
Unidades construídas704
VariantesDouglas DC-7

O Douglas DC-6 é un avión de pasaxe e transporte fabricado por Douglas Aircraft Company dende 1946 ata 1958. Orixinalmente pretendeu ser un transporte militar para as útimas etapas da segunda guerra mundial, pero foi redeseñado unha vez rematada a guerra para competir co Lockheed Constellation no mercado do transporte aéreo de longo alcance. Fabricáronse máis de 700 unidades e algúns deles aínda voan como cargueiros ou na extinción de incendios.

O DC-6 foi coñecido como C-118 Liftmaster na Forza Aérea dos Estados Unidos e como R6D na Armada dese país ata 1962, cando todas as variantes pasaron a designarse C-118.

Deseño e desenvolvemento

As Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF) encargaron o proxecto DC-6 como o XC-112 en 1944. A USAAF quería unha versión alongada e presurizada do transporte C-54 Skymaster baseado no DC-4 con motores máis potentes. Na época na que o prototipo XC-112A voou por vez primeira o 15 de febreiro de 1946 a guerra rematara e a USAAF rescindiu o seu requisito, sendo o avión convertido no YC-112A, vendido en 1955.[1]

Douglas Aircraft modificou o deseño a un transporte civil 200 cm máis longo que o DC-4. O DC-6 civil voou por vez primeira o 29 de xuño de 1946, sendo mantido por Douglas para probas. As primeiras entregas foron para American Airlines e United Airlines o 24 de novembro dese ano.[1] Unha serie de incendio en voo, incluído o accidente fatal do voo 608 de United Airlines, deixou en terra á frota de DC-6 en 1947. Atopouse que a causa era unha saída de combustible preto da entrada da turbina de refrixeración da cabina; todos os DC-6 foron modificados e a frota puido voar de novo tras catro meses en terra.

Notas

  1. 1,0 1,1 Roach & Eastwood, 2007, p. 273

Bibliografía

  • Roach, J and Eastwood A.B., Piston Engined Airliner Production List, 2007, The Aviation Hobby Shop.