Donkey Kong Land 2 é un xogo da Game Boy estreado en 1996. É a secuela do xogo de 1995 Donkey Kong Land. O xogo tivo unha continuación en Donkey Kong Land III, lanzado en 1997. Este xogo foi producido por Rareware e publicado por Nintendo, e foi mellorado para Super Game Boy con diferentes tons de cor, así como un bordo de bananas nas pantallas de televisión. Donkey Kong Land 2 recibiu unha valoración de 79% en GameRankings.[2]
Descrición
Donkey Kong Land 2 foi en moitos sentidos un remake do éxito de SNES Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest. Os protagonistas son Diddy Kong e Dixie Kong, que deben rescatar a Donkey Kong do Kaptain K. Rool e da súa tripulación Kremling.
Sinopse
Donkey Kong Land 2 ten o mesmo argumento que Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest. O manual contén unha versión simplificada da versión da SNES. K. Rool secuestrou a Donkey Kong que está preso na "Crocodile Isle", e tanto Diddy coma Dixie deben salvalo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas