A tempada 2020-2021 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 54ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.
O torneo contou con doce equipos participantes: tres casteláns, dous vascos, dous cataláns, dous madrileños, un cántabro, un valenciano e un andaluz. O Getxo Rugby Taldea e o Club Polideportivo Les Abelles ocuparon as prazas que deixaron o Hernani Club de Rugby Elkartea (descendido) e o Club de Rugby Santander (renunciou).
Formato
Por mor da pandemia da COVID o formato da competición foi modificado de xeito que o torneo quedou dividido en dúas fases anteriores ás eliminatorias. Na primeira fase os 12 equipos participantes se enfrontaron todos entre eles unha vez, completando unha volta de 11 xornadas. Ó remate desta primeira fase os seis primeiros equipos da táboa (do 1º ó 6º) pasaron ó Grupo A, e os seis últimos equipos da táboa (do 7º ó 12º) pasaron ó Grupo B. Na segunda fase os seis equipos de cada grupo se enfrontaron entre eles unha vez, completando unha volta de 5 xornadas. Os resultados e puntos acadados na primeira fase entre os equipos clasificados para o mesmo grupo foron arrastrados á segunda fase. Rematada a segunda fase o título se decidiu polo sistema de eliminatorias a partido único no que participaron os seis equipos do Grupo A e os dous primeiros do Grupo B, sendo os cuartos de final do seguinte xeito:
1º Grupo A vs 2º Grupo B
2º Grupo A vs 1º Grupo B
3º Grupo A vs 6º Grupo A
4º Grupo A vs 5º Grupo A
Nas semifinais se enfrontaron os vencedores así:
1ª Eliminatoria vs 4ª Eliminatoria
2ª Eliminatoria vs 3ª Eliminatoria
Na final se enfrontaron os gañadores das dúas semifinais. Tódolos encontros tiveron lugar no campo do equipo mellor clasificado na liga regular.
Primeira fase
Dende a tempada 2019-2020 o bonus ofensivo acádase gañando o encontro anotando tres ensaios ou máis que o equipo rival. Por outra banda os puntos bonus defensivos seguen acadándose cando se perde o encontro por unha diferenza de sete puntos ou inferior.
NP - O Ciencias non se presentou á súa eliminatoria de cuartos de final por mor dun caso de COVID no equipo que provocou a corentena obrigatoria doutros once xogadores. O Comité Nacional de Disciplina declarou vencedor da eliminatoria ó Alcobendas por 21-0.[1][2]