A tempada 2007-2008 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 41 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular comezou o 7 de outubro do 2007, e durante as 18 xornadas da competición enfrontou entre si ós 10 equipos que compoñen a liga, ata o 6 de abril do 2008, data na que rematou o campionato, coa vitoria final de Club de Rugby El Salvador por sexta vez na súa historia.
O Club de Rugby El Salvador era o defensor do título logrado na anterior tempada, co cal este ano se converteu en bicampión. Os dous novos equipos na categoría foron dous antigos campións, o Club Alcobendas Rugby e o Club de Rugby Ciencias, que ocuparon os lugares de Club de Rugby Cisneros e Club de Rugby Liceo Francés, ámbolos dous de Madrid.
Equipos
Clasificación
|
Datos finais do campionato:
- El Salvador conseguiu o campionato nacional de liga, con 68 puntos en 18 xornadas. Foi o 6º título de liga para o club.
- Os dous últimos clasificados, Alcobendas e Barcelona, descenderon de categoría ó remate da tempada.
- O zagueiro español César Sempere, do CRC Madrid, liderou a táboa de ensaiadores da liga, con 15 ensaios.
- O apertura hispano-arxentino Martín Jeremías Palumbo, do Getxo RT, rematou a tempada como máximo anotador con 370 puntos.
- Os equipos Club de Rugby La Vila e Club de Rugby Les Abelles, da División de Honra B, acadaron o ascenso para competir na tempada 2008-09 na División de Honra.
|
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Principais competicións entre clubs de rugby en Europa na tempada 2007-2008 |
---|
Continentais | |
---|
Ligas | |
---|