Denís Fernández Cabrera, coñecido como Diniz Cabreira ou Diniz F. Cabreira,[1] nado en Vigo o 3 de agosto de 1982, é un deseñador, editor, tradutor e artista marcial galego.
Traxectoria
Estudou Física e Informática na Universidade de Santiago de Compostela,[1] mais abandonou os estudos para se dedicar profesionalmente ao deseño gráfico, inicialmente como freelance e dende 2010 na Sacauntos Cooperativa Gráfica[2] e Urco Editora[3].
Desde o departamento de deseño da Sacauntos criou o cabezallo do xornal Sermos Galiza, a imaxe corporativa de Sermos Galiza S.A. e, durante varios anos, diversos grafismos para esta, como as ilustracións do quinto aniversario ou a liña de monográficos.[4] Traballou tamén para o Cuarteto Quiroga, redeseñou o logotipo da Associaçom Galega da Língua e capa da Revista Murguía, entre outros proxectos.
Artes marciais históricas
Iniciouse nas artes marciais orientais (Judo e Aikido), mais en 2008 virou para as artes marciais históricas europeas. Foi un dos fundadores da Sala Compostelá de Esgrima Antiga, despois renomeada Gallaecia in Armis. Fundou a súa propia escola Arte do Combate en 2017, centrada no estudo da Kunst des Fechtens do século XV.[5]
Forma parte do comité da AGEA Editora,[6] onde co-editou, traduciu ou ilustrou varios títulos sobre artes marciais ibéricas do barroco,[7][8][9][10][11][12] así como varios artigos sobre o tema.[13]
En 2018 publicou Há uma única arte da espada, estudo e tradución en galego-portugués do manuscrito GNM HS 3227a de 1389.[14][15][16][17]
Colabora internacionalmente con outras organizacións dedicadas ao estudo das artes marciais, especialmente no ámbito lusófono.[18][17]
Impartiu aulas da Kunst des Fechtens para a federación galega AGEA,[19] para a portuguesa HEMA-PT[20] e para organizacións brasileiras.[21]
Vida persoal
É fillo do escritor e xornalista Víctor Freixanes e de María Dolores Cabrera Iglesias.[22]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "FAQ/Bio". «Nur eyne Kunst» (en portugués). 2017-06-06. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "«O segredo é prazos curtos, tiradas breves e custes baixos»". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-02-19. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Denís Fernández Cabrera | ::Axenda cultural AELG::". Consultado o 2020-10-15.
- ↑ Diario, Nós. ""Quixemos transmitir a idea de progreso, de tirar para adiante"". Nós Diario. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Arte do Combate – Artes Marciais Europeias e Esgrima Histórica em Compostela, Galiza." (en portugués). Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Acerca de nós". AGEA Editora (en portugués). Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Libro de Armas y Doctrina". AGEA Editora (en inglés). Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Espada Firme". AGEA Editora (en inglés). Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Lessons for the Practice Sword". AGEA Editora (en inglés). Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Destreza das Armas". AGEA Editora (en inglés). Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Lições de Marte". AGEA Editora (en inglés). Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Manuscrito da espada. Biblioteca da Ajuda 49-III-6(2)". AGEA Editora (en inglés). Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Diniz Cabreira". AGEA Editora (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ Germanisches Nationalmuseum Nürnberg. Hs 3227a. (2018). Há uma única arte da espada : uma tradução "livre e útil" do GNM HS 3227a. Santiago de Compostela. ISBN 978-84-948682-6-9. OCLC 1089221608.
- ↑ "Há uma única Arte da Espada". Portal Galego da Língua - PGL.gal (en portugués). 2018-11-01. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Um combate medieval com Diniz Cabreira, mestre de armas". adiante.gal (en portugués). 2018-11-01. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ 17,0 17,1 Salgado, Daniel (23-12-2018). "Facer da espada unha arte". Nós Diario.
- ↑ "Guiarony Moreira Machado". Wiki Harpia (en portugués). Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Torneo Torre de Hércules: XI Encontro Torre de Hércules (27, 28 y 29 de Julio)". Torneo Torre de Hércules. Academia da Espada. 2018-05-24. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "ARTE DO COMBATE – «A Kunst Des Fechtens Do NH 3227a» |" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "2º Encontro Gaúcho de Esgrima Histórica". Wiki Harpia (en portugués). Consultado o 2020-10-15.
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Fernández Freixanes, Víctor". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 202. ISBN 84-8064-113-4.