Diego Páez

Modelo:BiografíaDiego Páez
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Aragón, España Editar o valor en Wikidata
MorteDespois de 1104 Editar o valor en Wikidata
Bispo de Iria Flavia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1070 Editar o valor en Wikidata - 1086 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BUSC: pelaez-diego-bispo-de-santiago-de-compostela

Diego Páez[1][2][3][4] ou Diego Peláez[5][6][7][8][9][10][11] naceu en Aragón en data descoñecida e finou, desterrado de Galicia, en Aragón, en data tamén descoñecida.[7] Foi unha das figuras máis salientables da nobreza eclesiástica da Galicia medieval. Nomeado polo rei Sancho II de Castela, foi bispo de Iria e Compostela do 1071 ao 1088,[8] e contribuíu á grandeza da diocese e do Señorío de Santiago no século XI.

Goberno en Compostela

Foi designado como bispo logo de ser apreixado o rei García de Galicia polo seu irmán o rei de León Afonso VI. Porén, foi sempre sospeitoso de apoiar o malfadado rei galego.

Acometeu a reorganización dos extensos territorios do Señorío feudal de Santiago. Este posesión feudal abranguía as terras entre o río Iso e o Atlántico. Esforzouse por mellorar a xustiza, a administración e a defensa militar fronte os ataques normandos e os conflitos interiores.

Acuñou moeda e deu un importante pulo ao intercambio comercial.

Aplicou medidas contra a indisciplina do clero, chegou a acordos co mosteiro de San Paio de Antealtares plasmados na Concordia de Antealtares e limitou a expansión do poderío bieito do Mosteiro de San Martiño Pinario.

TEMPORE PRESVLIS DIDACI INCEPTVM HOC OPVS FVIT (En tempo do prelado Diego comezouse esta obra). Capela do Salvador, Catedral de Santiago de Compostela.[9]

Iniciou, ao redor do ano 1075, as obras da gran catedral románica de Santiago. A anterior fora destruída polas incursións devastadoras do caudillo musulmán Almanzor durante os días do rei galego Vermudo II. A través da escola catedralicia atraería o máis florido da cultura europea do momento. Puxo as obras baixo a dirección do mestre Bernardo. Impulsou as peregrinacións a través do Camiño de Santiago ata facer delas un fenómeno de escala continental.

Considéraselle un dos impulsores da reforma gregoriana nos reinos hispánicos.

Liortas políticas

Dende a súa fasquía de figura política, salienta o seu enfrontamento co rei de León Afonso VI. Ao reconquistar este monarca a taifa de Toledo (1085), Páez tentou que a vella capital visigótica non fose a nova cabeceira eclesiástica e política dos reinos cristiáns. Santiago de Compostela arelaba ocupar esa posición como sé apostólica e meta de cristiandade xacobea dende Armenia ata Fisterra. Pero nin a galega sé de Braga, nin a castelá de Toledo estaban dispostas a ceder o que entendían que eran os seus dereitos históricos. Braga fora restaurada polo rei García de Galicia; Toledo érao agora por Afonso VI de León.[6]

Semella que se viu envolto no levantamento do líder da nobreza galega Rodrigo Ovéquiz. Este foi un conflito violento que o rei leonés tardou dous anos en sufocar. Estas axitacións, animadas tanto dende a nobreza laica como eclesiástica, determinaron ao monarca a dividir o reino de Galicia en dúas tenzas feudais. Unha, en 1090, baixo o mando do conde Raimundo de Borgoña e a súa filla Urraca (totia Gallecia Imperatrix) ao norte do río Miño. Outra, en 1095, baixo Henrique de Borgoña e a súa filla ilexítima Tareixa nas terras portucalenses.[6][12]

Acusación e caída

Neste clima de inestabilidade política, Diego Páez sofre a acusación de traizón. Semella que conspirou para restaurar a independencia do reino de Galicia coa alianza do caudillo normando Guillerme o Conquistador.[4][13]

Pois os seus inimigos, movidos polos celos da envexa, dixeron que tentaba entregar o reino de Galiza ó rei dos ingleses e normandos e tirarllo ó rei dos hispanos. Se isto, divulgado por tódolos lugares, foi certo ou non, non é agora o noso asunto.
Historia Compostelá (séc. XII) [14]

Esta acusación tivo como consecuencia a súa deposición no Concilio de Husillos (1088). Asemade foi encarcerado e humillado por Afonso VI. O papa Urbano II desautorizou fulminantemente o monarca e confirmou o bispo na súa sé de Santiago de Compostela.[5]

As presións da corte castelá-leonesa e do arcebispo Bernardo de Toledo acadaron que Páez fose finalmente despoxado da súa diocese. O Papa, porén, dispuxo que podía exercer o ministerio episcopal no caso de que outra diocese o chamase. En 1904 escapou da prisión e refuxiouse en Aragón.[15] Ese mesmo ano, nomeouse ao cluniaco francés Dalmacio, bispo de Iria e Compostela. Dalmacio fora enviado polo poderoso abade Hugo de Cluny coa misión encuberta de arranxar os desacordos entre os condes Raimundo e Henrique de Borgoña.[16] Tras a morte de Urbano II, o novo papa Pascual II recoñeceu que fora xustamente deposto.


Predecesor:
Gudesteo
 Bispo de Compostela - Iria 
1071 - 1088
Sucesor:
Dalmacio

Notas

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-18. 
  2. "Diego Páez". Enciclopedia Galega Universal 7. Ir Indo. 1999-2002. p. 309. ISBN 84-7680-288-9. 
  3. "Diego Páez". Diccionario enciclopédico galego universal 21. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 124. ISBN 84-7680-429-6. 
  4. 4,0 4,1 López Carreira, A. (2013). Historia de Galicia Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine., p. 132, Xerais, ISBN 978-84-9914-532-7: "No ano 1087 o conde Rodrigo Ovéquiz e o bispo Diego Páez pretendían entronizar en Galicia a Guillerme o Conquistador, rei normando de Inglaterra, en contra de Afonso VI.
  5. 5,0 5,1 López Alsina, Fernando: «La "inventio" del cuerpo de Santiago» en Villares (dir.) (1991), Historia de Galicia, v. 1, p. 247, Faro de Vigo, ISBN 84-404-9520-X (en castelán).
  6. 6,0 6,1 6,2 González López, E. (1980), Historia de Galicia, p. 71, 1980, La Voz de Galicia, ISBN 8485287223 (en castelán).
  7. 7,0 7,1 Barreiro Somoza, J.: "Diego Peláez" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
  8. 8,0 8,1 "Diego Peláez". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 701. 
  9. 9,0 9,1 Yzquierdo Perrín (2008) "Aspectos de la vida cotidiana en el románico y gótico de Galicia" en Arte y vida cotidiana en época medieval. ISBN 978-84-7820-933-0.
  10. Elías de Tejada, F. (1966) El Reino de Galicia hasta 1700, p. 56, Galaxia (en castelán).
  11. Breve Historia de Galicia (cómic), p. 27, 1984, José Antonio Parrilla García, Caixa Galicia, ISBN 8485620089.
  12. Míguez Macho, Antonio (2011). Historia breve de Galicia (en castelán). Silex. ISBN 978-84-7737-507-4. 
  13. González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Editorial Galaxia. p. 177. Consultado o 16-08-2018. O Rei de Castela [Afonso VI] alegóu contra o bispo de Iria (Compostela) o crime de que tratara de entregar o reino de Galicia a Guillermo o Conquistador. 
  14. Falque Rey, Emma (1994) [séc. XII]. Historia compostelana (en castelán). Ediciones AKAL. p. 299. Consultado o 16-08-2018. 
  15. Armesto 1971, p. 150.
  16. Armesto 1971, p. 151.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Read other articles:

Bandar Udara Internasional Teniente Luis CandelariaIATA: BRCICAO: SAZSInformasiJenisPublik/MiliterPengelolaPemerintah dan Aeropuertos Argentina 2000 S.A.LokasiSan Carlos de Bariloche, Provinsi Río NegroZona waktuUTC-3Koordinat{{{coordinates}}} Lt. Luis Candelaria Aerolíneas Argentinas Boeing 737-500 di Bandara Bariloche. Bandar Udara Internasional Teniente Luis Candelaria (Spanyol: Aeropuerto Internacional de Bariloche - Teniente Luis Candelariacode: es is deprecated ) (IATA: BRC, ICAO...

 

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (يناير 2022) هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. ...

 

القوة الجوية العراقية Création 22 avril 1931 Pays Irak Allégeance Président d'Irak Type Force aérienne Effectif ~14 000 Fait partie de Forces armées irakiennes Surnom IQAF Couleurs (1931–2004) (2019–actuel) (2011–2019) Anniversaire 22 avril[1] Équipement 200 aéronefs Guerres Guerre anglo-irakienneGuerre des Six JoursGuerre du KippourGuerre Iran-IrakInvasion du KoweïtGuerre du GolfeInsurrection en Irak de 1991Guerre d'IrakSeconde guerre civile irakienne C...

Canadian ice hockey player and coach Ice hockey player Jarrod Skalde Skalde with the Springfield Falcons in 2004Born (1971-02-26) February 26, 1971 (age 53)Niagara Falls, Ontario, CanadaHeight 6 ft 0 in (183 cm)Weight 180 lb (82 kg; 12 st 12 lb)Position CentreShot LeftPlayed for New Jersey DevilsMighty Ducks of AnaheimCalgary FlamesSan Jose SharksDallas StarsChicago BlackhawksAtlanta ThrashersPhiladelphia FlyersLausanne HCLeksands IFOji EaglesHK Jesenic...

 

2000 soundtrack album by Tan DunCrouching Tiger, Hidden DragonSoundtrack album by Tan DunReleased2000GenreSoundtrack, ClassicalLength50:13LabelSony Classical Crouching Tiger, Hidden Dragon is the original soundtrack album of the 2000 Academy Award- and Golden Globe Award-winning film Crouching Tiger, Hidden Dragon starring Yun-Fat Chow, Michelle Yeoh, Ziyi Zhang and Chen Chang. The score was composed by Tan Dun, originally performed by Shanghai Symphony Orchestra, Shanghai National Or...

 

Disambiguazione – Se stai cercando il calciatore nato nel 1988, vedi Weverton Almeida Santos. Questa voce sull'argomento calciatori brasiliani è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Ferrugem Nazionalità  Brasile Altezza 184 cm Peso 80 kg Calcio Ruolo Centrocampista Termine carriera 2013 Carriera Giovanili 199?-1998 Palmeiras Squadre di club1 1998-2000 Palmeiras6 (0)2000-2002&...

イスラームにおける結婚(イスラームにおけるけっこん)とは、二者の間で行われる法的な契約である。新郎新婦は自身の自由な意思で結婚に同意する。口頭または紙面での規則に従った拘束的な契約は、イスラームの結婚で不可欠だと考えられており、新郎と新婦の権利と責任の概要を示している[1]。イスラームにおける離婚は様々な形をとることができ、個�...

 

Lego theme Lego IconsOther namesLego Exclusives (2000-2012) Lego Creator Expert (2013–2022)Sub‑themesAdidas, Aircraft, Castle System, Sculptures, World Buildings, Trains, Maersk, Modular Buildings, Vehicles, Fairground, Landmark, Pirates System, Winter Village, Space, Space System, Vestas, Botanical Collection, Licensed and MiscellaneousSubjectAdvanced modelsLicensed fromThe Lego GroupAvailability2000 (as Lego Creator Expert)–PresentTotal sets80Official website Lego Icons ...

 

Pour les articles homonymes, voir Lavelanet-de-Comminges. Lavelanet Lavelanet vu du Roc de la Gourgue. Blason Administration Pays France Région Occitanie Département Ariège Arrondissement Pamiers Intercommunalité Communauté de communes du Pays d'Olmes(siège) Maire Mandat Marc Sanchez 2020-2026 Code postal 09300 Code commune 09160 Démographie Gentilé Lavelanétiens Populationmunicipale 6 035 hab. (2021 ) Densité 480 hab./km2 Population agglomération 6 957 ha...

В Википедии есть статьи о других людях с такой фамилией, см. Грин. Сара Гринангл. Sarah Greene Дата рождения 21 июля 1984(1984-07-21)[1] (39 лет) Место рождения Корк, Манстер, Ирландия Гражданство  Ирландия Профессия актриса, певица Карьера 2006 — н. в. Награды Театральный ми...

 

Suburb of City of Shoalhaven, New South Wales, AustraliaSouth NowraNew South WalesPrinces Highway, South NowraSouth NowraLocation in New South WalesCoordinates34°54′40″S 150°35′45″E / 34.91111°S 150.59583°E / -34.91111; 150.59583Population1,928 (2016 census)[1]Postcode(s)2541Elevation41 m (135 ft)Location 170 km (106 mi) S of Sydney 6 km (4 mi) S of Nowra 58 km (36 mi) N of Ulladulla LGA(s)City of Shoalh...

 

هوتومناطق الوجود المميزةالبلد بورونديرواندا رواندا، بوروندي، جمهورية الكونغو الديمقراطية، تنزانيااللغات Rwanda-Rundi، English، إفريقيا الناطقة بالفرنسيةالدين مسيحيةالمجموعات العرقية المرتبطةمجموعات ذات علاقة Other بانتويون; especially توتسي and Twaتعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانا...

此條目可参照英語維基百科相應條目来扩充。 (2022年1月1日)若您熟悉来源语言和主题,请协助参考外语维基百科扩充条目。请勿直接提交机械翻译,也不要翻译不可靠、低品质内容。依版权协议,译文需在编辑摘要注明来源,或于讨论页顶部标记{{Translated page}}标签。 奥斯卡尔·托尔普出生1893年6月8日 逝世1958年5月1日  (64歲)奥斯陆 職業政治人物 政党工党...

 

American football player and coach (born 1960) For the linebacker, see Mike London (linebacker). Mike LondonCurrent positionTitleHead coachTeamWilliam & MaryConferenceCAA FootballRecord29–21Biographical detailsBorn (1960-10-09) October 9, 1960 (age 63)West Point, New York, U.S.Playing career1979–1982Richmond1983Dallas Cowboys Position(s)Defensive backCoaching career (HC unless noted)1989–1990Richmond (OLB)1991–1994William & Mary (DL)1995–1996Richmond (OLB/RC)1997–2000...

 

2019 South Korean television series Save Me 2Promotional posterAlso known asSave Me II[1]Hangul구해줘 2 GenreThrillerMysteryCreated byStudio DragonWritten bySeo Joo-yeonDirected byLee KwonStarringUhm Tae-gooChun Ho-jinEsomKim Young-minCountry of originSouth KoreaOriginal languageKoreanNo. of episodes16ProductionProducerLee Jae-moonCamera setupSingle-cameraRunning time60 minutesProduction companyHidden SequenceOriginal releaseNetworkOCNReleaseMay 8 (2019-05-08) –June 27,...

British media executive Greg DykeGreg Dyke (2011)13th Director-General of the BBCIn office2000–2004Preceded byJohn BirtSucceeded byMark Byford (acting)Chancellor of the University of YorkIn office2004–2015Preceded byJanet BakerSucceeded byMalcolm GrantChairman of Brentford Football ClubIn office2006–2013Chairman of the British Film InstituteIn office2008–2016Preceded byAnthony MinghellaSucceeded byJosh BergerChairman of the Football AssociationIn office2013–2016Preceded byDavid Bern...

 

American comic book shared universe This article is about the comic book universe. For the film and TV universe, see Marvel Cinematic Universe. For other uses, see Marvel Universe (disambiguation). Marvel 616 redirects here. For the documentary series, see Marvel's 616. This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Marvel Universe –&#...

 

This biography of a living person needs additional citations for verification. Please help by adding reliable sources. Contentious material about living persons that is unsourced or poorly sourced must be removed immediately from the article and its talk page, especially if potentially libelous.Find sources: Rakeshprasad – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2010) (Learn how and when to remove this message) This article uses texts from wi...

Mitchelton-Scott 2018GénéralitésÉquipe Liv AlUla JaycoCode UCI MTSStatut Équipe cycliste professionnelle féminine, cyclisme fémininPays  AustralieSport Cyclisme sur routeEffectif 10PalmarèsNombre de victoires 27Meilleur coureur UCI Annemiek van Vleuten (1re)Classement UCI 2eOrica-Scott 2017Mitchelton-Scott 2019modifier - modifier le code - modifier Wikidata La Saison 2018 de l'équipe cycliste Mitchelton-Scott est la septième de la formation. L'équipe enregistre l'arrivée de l...

 

For other places with the same name, see Zygmuntów. Village in Łódź Voivodeship, PolandZygmuntówVillageZygmuntówCoordinates: 51°47′26″N 19°05′16″E / 51.79056°N 19.08778°E / 51.79056; 19.08778Country PolandVoivodeshipŁódźCountyPabianiceGminaLutomiersk Zygmuntów [zɨɡˈmuntuf] is a village in the administrative district of Gmina Lutomiersk, within Pabianice County, Łódź Voivodeship, in central Poland.[1] References ^ Central Statist...