David Wark Griffith

Modelo:BiografíaDavid Wark Griffith

(1916) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) David Llewelyn Wark Griffith Editar o valor en Wikidata
22 de xaneiro de 1875 Editar o valor en Wikidata
La Grange, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xullo de 1948 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMount Tabor Methodist Church Graveyard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCinema mudo Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Hollywood
Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, montador, produtor delegado, guionista, actor, produtor de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1907 Editar o valor en Wikidata - 1931 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLinda Arvidson (1906–1936) Editar o valor en Wikidata
PaiJacob Wark Griffith Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000428 Allocine: 1815 Rottentomatoes: celebrity/dw_griffith Allmovie: p92597 TV.com: people/d-w-griffith
BNE: XX1008229 WikiTree: Griffith-3680 Find a Grave: 1744 Editar o valor en Wikidata


David Wark Griffith, nado en La Grange (Kentucky) o 22 de xaneiro de 1875 e finado en Hollywood (California) o 21 de xullo de 1948, foi un director cinematográfico estadounidense, considerado o creador do modelo americano de representación cinematográfica (ou montaxe invisible), polo que é coñecido como o «pai do cinema moderno». Realizou máis de 500 filmes e colaborou na creación de moitos outros.

Traxectoria

De ascendencia irlandesa, foi educado baixo as influencias dominantes no Sur dos Estados Unidos, baixo a influencia dos extintos uns anos atrás Estados Confederados de América. Esta educación, con toda a carga de racismo que implicaba, influíu poderosamente na súa carreira.

The Adventures of Dollie (1908)

Quixo ser escritor, pero xa en 1897 fíxose actor afeccionado de teatro, chegando a ser profesional tres anos máis tarde. Estudou en varias escolas locais, e traballou como actor secundario e en compañías ambulantes. Dada a época e a popularidade do emerxente cinematógrafo, sobre todo entre os actores norteamericanos, fíxose actor de cine en 1908, traballando para a AM&B (American Mutoscope & Biograph). Nesa compañía chegou a ser director en Nova York e California, converténdose en produtor independente en 1913.

En1915 fixo The Birth of a Nation, que acadou un éxito excepcional. Outro dos seus grandes filmes foi Intolerance (1916), un filme moi ambicioso para o seu tempo, que resultou ser un dos máis caros da historia do cine e dos máis influentes en futuros directores.

En 1919, xunto con Charles Chaplin, Douglas Fairbanks e Mary Pickford, os artistas máis cotizados do cine do momento, fundou a United Artists para producir películas de longa duración á marxe do control dos produtores e financeiros non creativos do cinema.

Griffith seguiu realizando películas durante a época do cine mudo, mais trala chegada do cine sonoro, só realizou dúas películas: Abraham Lincoln (1930) e The Struggle (1931).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.