David Pintor, nado na Coruña o 11 de maio de 1975,[1] é un ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor galego.
Traxectoria
Ilustrador, humorista gráfico, caricaturista, pintor, artista polifacético e multipremiado galego. Colabora para editoriais e clientes de todo o mundo.
A partir do ano 2000 empeza a internarse no campo da ilustración infantil, onde recolle numerosos premios. Porén, non para aí a súa carreira senón que co tempo, empeza a colaborar en múltiples ámbitos relacionados co deseño, a moda ou a publicidade, buscando sempre as múltiples posibilidades que ofrece a profesión de ilustrador.
A partir de 2019 comeza a súa traxectoria como autor de literatura infantil e, no 2021,la revista Babar, especializada en literatura infantil, seleccionou a súa obra "El árbol secreto" como un dos mellores libros do ano, que tamén se publicou en Portugal.[3]
En 2022, a película "Valentina", na que participa como deseñador de personaxes, gañouo premio Goya á mellor longametraxe animada.
Premiado pola Society of News Design (SND) polos seus traballos en La Voz de Galicia.
Premio Curuxa do Humor no 2007, outorgado polo Museo do Humor de Fene.
Premio literario Frei Martín Sarmiento no 2007, por O pequeno da familia fantasma.
Nomeado aos premios da Asociación de Editores Galegos ao mellor libro infantil e ao mellor libro ilustrado de 2007 por Minimaladas.
Mellor ilustrador de 2007 pola web Fervenzas Literarias.
Mellor portada de libro infantil de 2007 por Minimaladas, pola web Fervenzas Literarias.
Premio Haxtur ao humor no 2008, outorgado polo Festival de cómic de Xixón.
Premiado no VIII Concurso de humor gráfico de Barakaldo en 2008.
Premiado no Salón da Caricatura de Vila Real.
Finalista no Certame Internacional de Humor Gráfico Portocartoon no 2009.
Premio Follas Novas do Libro Galego 2022 ao mellor libro ilustrado por "A Coruña".
Mellor ilustrador de 2009 pola web Fervenzas Literarias.
Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración no 2009, por Encontros ás agachadas.
Premio especial do xurado no IX Certame de pintura Pintor Argüelles.
Premiado co Grand Prix International na Bienal de Cadernos de viaxe Clermont Ferrand 2009, por Ciudades de papel.
Nomeado aos premios da Asociación de Editores Galegos ao mellor libro ilustrado de 2009 por A peripecia de Roi.
Mellor ilustrador do ano e mellor portada de libro infantil de 2010 por Contos para nenos que dormen deseguida, pola web Fervenzas Literarias.
Nomeado aos premios da Asociación de Editores Galegos ao mellor libro infantil e ao mellor libro ilustrado de 2010 por Contos para nenos que dormen deseguida.
1º Premio Concurso do cartel oficial da Bienal de Cadernos de viaxe Clermont-Ferrand 2011.
Finalista nos CJ Picture book awards de 2011, por Compostela.
Premio "L´illustratore dell´anno 2011" convocado por Città del sole.
Nomeado para o Premio Nacional de Ilustración en 2011.
2º Premio Ilustración da Feira do libro infantil de Sharjah (Dubai).
Premio da revista Andersen ao mellor libro infantil de 2012 entre 6 e 9 anos por Il Bosco della Baba Yaga.
Primeiro premio de relato ilustrado Opticks magazine 2012.
Premio Mingote 2013.
Premio especial no Festival Nami Island International Illustration Concours de 2013.
Premiado por Communication Arts no apartado de ilustración no 2014.
Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador de 2014.
Seleccionado en 2007, 2010, 2011 e 2013 para a mostra de ilustradores da Feira de Boloña.
Seleccionado na Mostra Internacional de Ilustradores Infantís Sueños en Papel en México no 2008.
Seleccionado en 2009, 2011, 2013, 2015, 2019 e 2021 para a Bienal de Ilustración de Bratislava.
Seleccionado na lista White Ravens no 2009, por La nonna in cielo.
Seleccionado no Salão de Humor de Piracicaba en 2010 e 2011.
Seleccionado na lista White Ravens no 2011, por Contos para nenos que dormen de seguida.
Seleccionado para o catálogo American Illustration 33.
Seleccionado para o catálogo Latin American illustration 3.
Seleccionado para o 3x3 picture book annual número 10.
Seleccionado por Lurzer´s Archive para participar no libro 200 Best Illustrators 2011-2012.
Seleccionado polo libro Almanaque musical como un dos libros destacados de 2012 pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Seleccionado na publicación 32 Creative Quarterly na categoría de ilustración profesional.
Seleccionado polo libro Almanaque musical como un dos libros altamente recomendados de 2013 pola Fundación Fundalectura (IBBY Colombia).
Seleccionado por Lurzer´s Archive para participar no libro 200 Best Illustrators 2013-2014.
Medalla de prata no IWSC (International Wine & Spirit Competition) no apartado de packaging