Daniele Ricciarelli, nado en Volterra en 1509 e finado en Roma, o 4 de abril de 1566, foi un escultor e un pintor maneirista italiano, máis coñecido co o nome de Daniele da Volterra.
Coñecido tamén como il Braghettone, por ter cuberto a nudez dos personaxes do Xuízo Final de Michelangelo, na Capela Sistina, e logo da morte do artista, a petición do papa Paulo IV, que achara as 400 figuras deses frescos, nas que se incluía a mesma representación de Xesús, sumamente escandalosas.